26.01.2022 Views

LIBRO os xogos de moraña con códigos QR

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

OS XOGOS

POPULARES DE

MORAÑA

0


OS XOGOS POPULARES

DE MORAÑA

2020-2021

Este libriño foi organizado e maquetado polo equipo de dinamización

da Lingua Galega do CPI Plurilingüe Santa Lucía coa axuda

otorgada do plan de fomento da Lingua Galega.

Equipo de dinamización da Lingua Galega:

Mª Manuela Portos Mourín Laura Gutiérrez Vara

Ángela Custodia Casado Martíns Begoña Montáns Pereira

Andrea Domínguez Búa

Mª del Mar Novo Garcia

Bibiana Gómez Fontenla

Colaboradores:

Mª Dolores Alfonso Espiño Mª del Carmen Pensado Martínez

Pablo Bernárdez Mato

Ana Rosa Vidal Domínguez

Lorena Búa Nieto

Participantes:

Toda a comunidade educativa.

Alumnado e profesorado de Ed. Infantil, Ed. Primaria e Ed.

Secundaria.

1


Esta enciclopedia xorde dun proxecto de centro sobre os xogos, na que o

alumando do CPI Plurilingüe Santa Lucía de Moraña, recolleu

información dos seus maiores nas diferentes parroquias do concello e

arredores.

O obxectivo desta recompilación foi recuperar xogos esquecidos e dar a

coñecer versións doutros máis actuais. O equipo de dinamización da

Lingua Galega, considera que con este tipo de actividades foméntase o

uso do galego e recupérase o tradicional, sendo conscientes da perda de

galego-falantes entre os cativos. O resultado está recollido con moito

agarimo nas seguintes páxinas.

Neste libro participou toda a comunidade educativa. Por unha banda, o

alumnado (Ed. Infantil, Ed. Primaria e Ed. Secundaria) recolleu a

información preguntando no seu entorno familiar e completando unha

ficha técnica sobre o xogo. Por outro lado, o profesorado recompilou toda

a información, clasificouna e unificou criterios para a posterior

redacción. Finalmente, puxemos en práctica os xogos de forma

cooperativa.

Resultou unha actividade divertida, enriquecedora e significativa xa que

moitos dos xogos eran descoñecidos polo alumnado.

O noso agradecemento ás persoas que nos acompañaron nesta travesía.

Gustaríanos ter traído aos informantes para compartir unha xornada

lúdica con eles. Porén a situación pandémica impediunos realizalo.

2


Índice

1. Xogo de carreiras: o aro, o pano e pilla pilla.

O aro...........................................................................................5

O pano. ....................................................................................... 6

O pilla pilla. .................................................................................8

2. Xogos con cancións: a goma, as cadeiras, as catro esquinas, pasimisí e a

roda.

As cadeiras. .................................................................................9

As catro esquinas. .......................................................................10

A goma ou liga. ...........................................................................12

Pasimisí. ....................................................................................14

A roda. .....................................................................................15

3. Xogos de habilidade: as areas, a bañeira de mazás, as bólas, o castelo de

carozos ...

As areas. .................................................................................. 16

A bañeira de mazás. ....................................................................17

As bolas, as canicas ou a gua. ...................................................... 18

O castelo de carzos. .................................................................... 21

As chapas. .................................................................................22

As tabas. ...................................................................................23

Os zancos. .................................................................................24

4. Xogos de imitación ou simulacros: as casiñas e as taberniñas.

As casiñas. ................................................................................25

As taberniñas .............................................................................26

5. Xogos de lanzamento: o bixe, a billarda, a chave, a petanca, o tiratacos

e o trompo ou buxaina.

A billarda. .................................................................................27

O bixe. ...................................................................................... 30

A chave. .................................................................................... 31

3


A petanca. ...................................................................................32

O tiratacos. .................................................................................33

O trompo. ....................................................................................34

6. Xogos predeportivos: A aceiteira, o brilé, o cachibote e a mamba.

A aceiteira. ................................................................................35

O brilé. ..................................................................................... 36

O cachibote. ............................................................................... 37

A mamba. .................................................................................. 38

7. Xogos de saltos: o burro manso, carreira de sacos, a corda, a mariola,

o potro ...

O burro manso. ...........................................................................39

A corda. ...................................................................................40

A carreira de sacos. ....................................................................41

A mariola. ................................................................................. 42

O potro. .....................................................................................44

O salto da cabra. ........................................................................45

O trisqueles. .............................................................................. 45

8. Outros xogos: o escondinte, o escondinte inglés e a pita cega.

O escondinte. .............................................................................. 46

O escondinte inglés. ..................................................................... 47

A pita cega................................................................................. 48

4


O ARO

Xógase facendo rodar un aro con axuda dunha guía ou varilla

metálica.

:

Se hai mais dun xogador pódense facer carreiras nas que se marca

una liña de saída e outra de chegada.Tamén se lle poden engadir

dificultades: curvas, zonas estreitas, obstáculos...

•Un ou mais xogadores

•Un aro e unha varilla ou guía

:

:

Na rúa a tarde ou cando

había tempo en calquera época

do ano

Parroquias da Amil e Santa Lucía.

5


O PANO

Xogan dous equipos co mesmo número de xogadores en cada bando,

e un xogador fai de xuíz. Como elemento de xogo precísase un pano.

Cada bando ten un capitán que asigna un número a cada un dos

seus compañeiros, incluíndose el mesmo. A zona de xogo delimítase

con tres raias, afastadas uns catro metros entre sí, que dividen o

terreo en dúas zonas. Os xogadores colócanse detrás da raia da

súa zona mentres que o xúiz se coloca a un lado sobre a liña do

medio.

O xuíz estende o brazo á fronte, sostendo na man o pano e para

xogar chama por un xogador, dicindo , por exemplo: “Que saia o nº

5”. Os xogadores dos dous equipos que teñan asignado dito número,

achéganse á carreira á raia central, ata chegar fronte o xuíz . O

que primeiro chega agarra o pano e foxe con el a todo correr ata

sobre pasar a liña do seu terreo. O outro perségueo. Se é pillado ten

un punto o equipo contrario. Gaña o equipo que ten máis puntos.

6


:

Quedar eliminados, aquel xogador/a que, non sexa capaz de

alcanzar ó seu contrincante antes de que este chegue á súa liña de

equipo.

En vez de rifar números, rifar: animais, sumas, restas...

Apuntar os puntos nun papel, encerado ...

:

Dous equipos e un pano.

Exterior

Reis

Distintas parroquias de Moraña e o concello de Caldas de

7


PILLA PILLA

Un dos participantes ten que correr detrás dos outros xogadores e

tocalos ca man nunha parte do corpo para pasarlles a pita ou o turno

de pillar, cando tocas a un xogador el/ela pilla.

:

No exterior (na eira, na

praza…), cando facía bo tempo

polas tardes ou no verán.

O Muiño (Moraña).

8


As cadeiras

Para xogar as cadeiras, debemos colocar as cadeiras formando un

círculo, Debe haber unha cadeira menos que o total de participantes.

Unha vez feito isto, comezaremos a escoitar unha canción e ao ritmo

da música comezan a dar voltas ao redor das cadeiras. No momento

no que a música pare, cada participante intentará sentarse e quen

non o consiga e quede sen cadeira será o eliminado, xa que sempre

hai unha cadeira menos que o número de xogadores. De seguido,

continúa o xogo pero antes teremos que quitar unha cadeira , de

forma que siga existindo unha cadeira menos que os xogadores. E

así sucesivamente ata que unha persoa logre sentarse na única

cadeira que quede.

:

•Nº indeterminado de xogadores.

•Música e cadeiras.

Distintas

parroquias de Moraña.

9


As catro esquinas

Segundo a versión de María, veciña de Soar (San Lorenzo),

precísase dun espazo que dispoña de catro esquinas. Se isto non

ocorre, as esquinas poden ser catro círculos separados debuxados

no chan, formando entre todos eles un rectángulo.

Bótase a sorte quen apanda no medio e os demais van cada un para

unha esquina. Cada un dos círculos é a casa dun dos participantes.

O que apanda diríxese aos xogadores e canta: -“As catro esquinas

libres quedan, o que non sae queda !!

10


Todos os participantes, incluíndo o que está no medio, corren a toda

velocidade para coller unha esquina e o que non a alcanza é o que

apanda.

Se un xogador non se move de esquina é el quen queda.

O obxectivo é que quen apande logre entrar nunha das casas que quede

baleira.

:

O xogo admite un maior número de participantes, debuxando tantos

círculos como xogadores/as vaian a participar, menos un.

:

No exterior durante o recreo e os domingos.

Fonte/s: Parroquia de San Lorenzo.

11


A GOMA, A Liga

Dous xogadores póñense a cada lado (un fronte ao outro)

suxeitando a liga metida polos pés. Outro xogador salta no interior

mentres se canta unha canción. Cada canción ten unha maneira de

saltar diferente. A liga vaise subindo de altura segundo avanza o

xogo: nocellos, xeonllos, cadeira, cintura, peito, cabeza e brazos

estirados encima da cabeza, suxeitando a goma coas mans (nubes).

Neste último caso, chamado nubes, sáltase empregando os brazos.

Daquela, non son os pés os que fan os debuxos senón os brazos.

Cando o xogador que salta tropeza ou pisa a goma e non é capaz de

pasar a outra altura ten que cambiarse por un dos que suxeitan a

goma, é dicir, outro dos xogadores pasa a saltar.

“Don Melitón tenía tres gatos

Y los hacía bailar en los platos

y por la noche le daba turrón,

que vivan los gatos de Don Melitón”

“ Chupete, biberón

con riquísimo sabor

a naranja y a limón”

12


:

En triángulo: neste caso son tres os xogadores que suxeitan a goma.

Daquela, fórmase un triángulo e o xogador que salta debe ir pisando

a goma que forma os lados de dito triángulo. Tamén se vai subindo de

altura: nocellos, xeonllos, cadeira e cintura. Se non se consigue pisar

pérdese e pasa outro dos xogadores a saltar.

Cada canción ten o seu xeito de saltar.

:

O número de xogadores ten que ser a partir de tres. Porén, pódese

xogar facendo equipos e incluso pode haber un xogador a maiores

chamado “salvavidas”. Este xogador sería o encargado de saltar

cando outro perde e se non falla consegue salvalo. Entón pode seguir

xogando porque foi rescatado (salvado).

Para este xogo necesítase unha goma ou liga de certa lonxitude e

atada nas puntas. Tamén é importante o grosor, pois se moi delgada

rompe e enléase con facilidade.

:

Xógase en calquera sitio con certo espazo libre, incluso no interior

cando chove e se falta un xogador pode ser substituído por unha

cadeira.

A goma é un xogo de calquera estación do ano e non importa a idade

dos xogadores.

Concello de Moraña.

13


Pasimisí

Xogo popular moi estendido por toda a bisbarra, no que dous nen@s

fan un arco cos brazos e elixen dúas opcións para que, ao pasar o

resto de nen@s ao final dunha canción, lles pregunten dúas opcións,

como por exemplo “¿chocolate ou fresa?”. Dependendo do que escolla

o nen@ que pasou polo arco, agárrase a cintura da persoa que che

ofrece iso.

Ao rematar, os xogadores tiran cara o lado contrario ata que pasen

unha liña debuxada na terra no medio dos dous primeiros

xogadores.

A canción que se canta é:

Pasimisí, pasimisá,

polas rúas de Alcalá,

o de adiante corre moito

e o de atrás quedará

•Indeterminado,

mínimo 4.

:

Na rúa a tarde ou cando había tempo en calquera época do ano

Concello de Moraña.

14


A roda

Un grupo de persoas collidas da man forman un círculo.

Todas xuntas cantan unha canción e fan movementos que mande dita

canción.

Nº Indeterminado

: No

patio do colexio e no tempo de

lecer.

Soigrexa e San Martiño

da Laxe.

Exemplo de canción:

“A roda, roda de pan e canela,

dame un biquiño e vaite a escola,

se non queres ir, bótate a

durmir.

Marité, marité sentadiña me

quedei, (facemos como se nos

sentáramos)

Chocolate, molinillo, corre, corre

que te pillo.

A estirar, a estirar, que a coxa

vai a pasar” (poñémonos a pata

coxa).

15


As areas

Cada xogador colle catro pedras redondas e pequenas, tira unha

pedra ao aire e tenta collela coa man. Gaña o que chegue a 25.

•Número indeterminado

de xogadores.

•Pedras redondas.

:.

:

Na aldea ao rematar o

traballo.

Moraña.

16


A bañeira de mazás

Segundo nos contan veciños de Amil, para xogar a este xogo

precísanse unhas bañeiras cheas de auga e dez mazás. Os

participantes tiñan que poñerse de xeonllos e coas mans nas costas, e

intentar coller o máis rápido posible as mazás coa boca. O que colla

máis mazás gaña

:

Poden engadirse mais barreños para que xoguen mais persoas e

cambiar as mazás por cereixas.

•Mínimo 4 persoas.

•Cereixas ou mazas

•Tallas.

:

:

Xogábase na carballeira e

feiras da parroquia.

Paraños.

17


As bólas

Este xogo tamén se chama, A gua, o burato, as canicas, o xogo da

raia ou a caza das ovellas.

Segundo Valentín Dono Fernández, veciño do concello de Moraña,

para xogar o gua, necesítase unhas bólas pequenas de vidro, barro,

mármore ou aceiro. Antes de comezar a xogar, márcase no chan

unha raia e a certa distancia, a catro ou cinco pasos de distancia,

facemos un burato que chamamos “gua”.

Para empezar o xogo cada participante lanza a súa bóla contra a

raia e dende o gua. Segundo se aproximen as bólas á raia así é a

orde de participación.

Cada xogador debe ir á caza de todas, dando “topes” (golpes) a

cada bóla, e evitar ao mesmo tempo ser batido polas bólas dos outros

compañeiros.

18


Os topes teñen que darse nesta orde:

• Primeira.

• Truque

• Máis Truque.

• Retruque (as bólas teñen que quedar afastadas dous pés da que se bateu),

• Paso bóla ( debe afastarse do gua a bóla contraria).

• Gua.

O contrario queda eliminado cando despois de recibir os seis topes

citados, o atacante introduce a bóla no gua. Un xogador eliminado

debe darlle unha bóla a quen o eliminou.

Os pases de bóla fanse dando impulso co dedo polgar.

Este xogo remata cando son eliminados todos os xogadores menos un,

que, sen embargo pode non ser o gañador, xa que calquera outro

xogador puido gañar máis bólas ca el por ter eliminado máis

xogadores.

:

No exterior, nos camiños, eiras.

Admite xogarse por parellas, 6

:

de Moraña.

Distintas parroquias

xogadores ou máis.

Pódese facer varios buratos.

Bólas.

19


:

Gaña o que máis bólas metía dentro do burato.

• Hai que bater na bóla do contrario ou contrarios ata seis veces, e

rematar metendo a bóla propia no gua. Así elimínase ao compañeiro

e gáñase a súa bóla.

• Acercamento

Debuxamos un círculo na terra ou area a

varios metros dos xogadores e unha liña no

chan que é dende onde tiran os xogadores.

O xogo consiste en lanzar as canicas

tentando facer que estás caian dentro do

círculo. Hai que poñer un límite de canicas

por xogador, por exemplo: 5 canicas por

xogador. O primeiro que consiga meter

todas as súas canicas dentro do círculo

será o gañador e quedará coas canicas

que están fóra do círculo.

•O ollo

Faise un círculo no chan e póñense dentro varias bólas, cada

xogador quédase cunha bóla e tena que lanzar con dous dedos e

darlle as bólas de dentro do círculo, gaña o que primeiro lle dea e

as consiga sacar todas do círculo.

20


O Castelo de carozos

Segundo a versión dunha veciña de Moraña, trátase de poñer un

carozo no chan e outro paralelo a este e con pouca distancia. Logo

terase que poñer outra parella de carozos perpendiculares aos

anteriores, así continuamente ata facer unha torre.

:

Para rematar pódense poñer catro carozos a modo de tellado.

•Carozos.

:

No exterior nos recreos e na casa calqueira

día da semana.

:

Concello de Moraña.

21


As chapas

Segundo nos contan en San Martiño, pódese xogar coas chapas ás

carreiras.

Cada xogador sinala a súa chapa, debúxase no chan unha liña de

saída e unha de meta. Os xogadores van lanzando (empregando o

dedo índice e o polgar) as chapas e gaña o que chega o primeiro a

meta. Con este xogo pódense organizar partidos de fútbol.

•2 ou máis xogadores

•Chapas de botellas

:

Parroquias de

Gargantáns (San Martiño).

22


As tabas

As tabas ou xogas son uns tacos de cores con catro caras diferentes

(as primitivas eran de ósos de animais ). O xogo consiste en tirar

unha pelotiña ao aire ( saltarina ) e ir cambiando a posición da taba

mentres se canta unha canción. Gaña o que consiga cambiar de

posición todas as tabas primeiro.

: As pedriñas. Segundo Estela Silvva, os xogadores

están sentados en forma de roda. Cada un ten cinco pedriñas. Unha

destas é para lanzar ao aire e antes de que caia o xogador/a ten que

coller unha das catro pedras do chan coa mesma man.

Mentres fan isto os xogadores cantan: “Anita, Anela, barquitos de

vela”.

23


Despois tiran a pedra ao aire e collen as pedras de dúas en dúas

dicindo: “A los doses baldoses”. Logo volven a repetilo colléndoas de

tres en tres e cantando: “a los treses marqueses”. A continuación

volven a repetir isto collendo as pedras de catro en catro, dicindo: “A

los cuatro maragato”. Por último, poñen os dedos pulgar e índice en

forma de ponte e teñen que tentar pasar as pedras por debaixo

mentres lanzan a pedra ao aire.

:

•Cinco pedriñas ou 5 tabas

•Saltarina

Moraña

:

Xogábase nos tempos de lecer

ou na escola

Os zancos

Segundo a versión de Sara

Acevedo tratáse de facer unha

carreira cos zancos postos

gañando o que chegue de primeiro.

Os zancos eran uns paus longos

que tiñan outro pau longo cravado

a uns centímetros do chan en forma

de T invertida.

Parroquia Santa María de Oia..

24


As taberniñas

Póñense unhas táboas ou unhas caixas de gaseosas, que son o

mostrador. Daquela, uns xogadores serán os taberneiros e outros

os compradores e como nas tabernas de aldea había de todo,

podíase comprar calquera cousa: o peixe que eran as follas do

fento, a carne que eran as follas da parra, o arroz que eran as

sementes dalgunhas herbas, ata empanada, que se facía con terra e

auga metida nunha lata de sardiñas baleira. Os cartos eran as

cunchas de gaseosas ou refrescos despois de aplastalas cunha

pedra. Para ter moitos cartos e poder comprar moitos produtos, a

rapazada iamos recoller cunchas despois dun día de romería ao

campo da festa.

25


Dous ou máis xogadores. .

Táboas ou caixas a xeito de

mostrador e todos os elementos da

natureza que poidamos imaxinar

para poder vender. Tamén se utiliza

envases de refugallo.

:

:

Nas eiras cando facía bo

tempo. Na primavera e no

verán era máis divertido

porque había máis plantas

para imaxinar comidas

As casiñas

Facer casiñas con materiais e xogar.

:

.

•Carozos, cunchas, pedras,

tacos de madeira...

San Lorenzo.

:

Nos camiños.

Cando ían cos animais as

veigas e en tempo de lecer.

26


A billarda

Hai moitísimas variantes do xogo. O que teñen en común todas é que

hai un pau pequeno afiado nos extremos (que se chama billarda ou

pincha) e que se golpea con outro máis grande que se chama palán.

O golpeo realízase en dúas fases:

1º O pinche (ou billarda) colócase no chan e golpéase co palán nun

dos extremos para elevalo no aire.

2º Golpéase co palán para tentar lanzalo o máis lonxe posible.

A partir de aquí é onde o xogo varía segundo o/a informante.

•A partir de 2 xogadoees ata 10 ou 12.

:

Segundo Rosa, de 104 anos, de Soigrexa, xogábase por equipos e

gañaba o equipo que máis pinchas recollera no aire.

Porén, na maior parte das versións, como a de Ramón, de 77 anos,

do lugar da Portela, en Barro, ou a de María, de 62 anos, de

Valga, se ninguén atrapaba a pincha no aire, o xogador que

golpeaba tiña que calcular os “paláns” que había de distancia entre o

lugar de lanzamento e onde caía a “pincha”.

:

•Dous paus, un pequeno (billarda ou pinche) e outro máis grande

(palán)

27


Se o xogador acertaba (sen pasarse) conseguía os puntos para o seu

equipo, e se fallaba, os puntos ían para o equipo contrario.

Pilar Torre (73 anos) da Pobra de Brollón, xogaba cunhas regras un

pouco diferentes.

1. Había que conseguir 300 puntos (300 medidas de billarda).

2. Para conseguir os puntos, contábanse as billardas de distancia

dende o lugar do lanzamento (portería) ata onde caía a billarda. Se o

lanzamento era moi longo, para non contar coas billardas,

contábanse as billardas que cabían nun palán e medíase co palán.

3. Se algún xogador do equipo contrario collía a billarda no aire

sumaba 10 puntos.

4. Unha vez caía a billarda e se contaban os puntos, un dos

xogadores do equipo contrario daba dous pasos cara a “portería”,

para lanzar a billarda. Se a billarda golpeaba o palán o equipo

lanzador perdía os puntos do último golpeo en favor dos

contrincantes e o equipo que estaba “bateando”, perdía o turno.

Noutros sitios o lugar de golpeo chamábase “reinado” ou “meta”, e no

outro extremo do campo facían unha marca (algo así como a portería

no fútbol) que se chamaba “varal”.

Se o xogador consiguía introducir a billarda no varal (acción que se

denomina “varado”), o seu equipo gañaba a partida automaticamente

28


Iso si, o outro equipo tiña dereito a réplica, e se consiguía outro

varado, a partida quedaba en empate.

:

A maior parte dos informantes xogaban na rúa, ou nuha eira. Josefina

de Longás, de 98 anos conta que xogaban no monte, cando ían coas

vacas, e Rosa de Soigrexa, recorda que xogaban no adro da igrexa

os domingos despois da misa.

Tamén María de Soar dá conta de que xogaban na escola, á hora do

recreo.

Barro, Valga e Moraña.

29


O bixe

O xogo consiste en facer unha ringleira de botóns, uns encima

doutros, enriba dun pau cilíndrico. Este debe ser duns 3cm de

diámetro e ten que sosterse en pé dentro dunha circunferencia

debuxada no chan. Con outro pau ou pedra ( patela), os xogadores van

lanzando cara ao pau dos botóns. Os botóns, que despois de saír

voando queden dentro do círculo debuxado, pasan a ser propiedade do

xogador que acaba de lanzar. Gaña o xogador que consiga máis

botóns.

:

Xógase en espazos exteriores de terra, sobre todo nos patios á hora

do recreo ou nas tardes de verán mentres os maiores dormen a sesta.

Este xogo está datado entre 1940- 1960

•Xogadores a partir de dous.

•Pau con certa consistencia, botóns e unha

pedra (patela) ou outro pau para lanzar.

Este xogo foi recollido en aldeas da

parroquia de Amil. Os informantes foron: Ramiro

Pérez Chico, José Pereira Barros e Ventura

:

Pérez.

30


A chave

Segundo Xosé Manuel, veciño de Paraños, este xogo consiste nunha

chave, unha forcada ou galleta de ferro, que leva entre as dúas

gallas un eixo ao redor do cal viras as pas ou chave. Para xogar,

lánzase uns disco, tipo ferraduras, dende unha distancia

determinada co obxectivo de darlle a chave, peza que está enterrada.

Cada vez que unha ferradura dá na chave facéndoa virar unha volta

completa como mínimo, o equipo anota un tanto. Gaña o xogo quen

máis chaves faga.

. :

:

•Dous equipos

•Chave e discos.

Xogábase na carballeira e feiras da

parroquia.

Paraños e Portonovo.

31


A petanca

A petanca consiste en lanzar nove bolas o máis cerca posible dun

boliche, lanzado con anterioridade.

A puntuación depende do número de bolas que máis cerca estean do

boliche.

•De dous ata varios xogadores.

•As nove bolas e o boliche

O Buelo.

:

:

Normalmente no verán en

tempos de lecer.

32


O tiratacos

Para realizar este xogo precísase un espazo aberto para poder

escapar.

Cada xogador terá un tiratacos.Para lanzar os tacos temos que

introducir primeiro un taco ata que chegue á punta do canón

provocando así que a bala quede no extremo. Pero non sae porque a

baqueta non chega a empuxala para que saia. Para que poida saír

disparada hai que meter unha segunda bala ou taco para así facer

que a primeira comprima o aire que hai no tubo e saia con maior

presión cara ao exterior.

Na rúa na época da

primaveira e do verán

:

:

•Tiratacos que se fai cunha rama dereita de bieiteiro (bianteiro)

córtase un anaco entre os dos nós do pau para que constitúe os

límites do obxecto. Débese extraer todo o material interior do pau

cunha navalla. Constrúese outra baqueta con calquera outro pau

recto de tal xeito que cando este está dentro do pau anteriormente

fabricado queden uns dous centímetros libres na parte sobresaínte.

Manuel Pereira de Moraña.

33


O TROMPO

Para realizar este xogo precísase dunha buxaina e unha corda así

como dun espacio para botar a buxaina.

Os participantes enrolan a buxaina co cordel. A continuación lánzana

(a buxaina) e tírana á terra para que baile.

O gañador do xogo será o que lance a buxaina e esta aguante máis

tempo bailando.

:A guerra dos trompos.

Esta variante consiste en debuxar un círculo na terra. No centro do

círculo colócase un trompo vello. A continuación, cada un dos

xogadores ten que tirar o seu trompo para conseguir quitar o trompo

vello do círculo e conseguir a recompensa. Se algún dos xogadores

no seu tiro se lle toca ao trompo, que está bailando no círculo doutro

xogador terá que colocar o seu trompo tamén no medio.

•Nº de xogadores

indeterminado

•Unha buxaina e unha corda.

Moraña.

:

: É

un xogo típico do outono. Xógase

nun terreo duro, xeralmente de

terra

34


A aceiteira

Un séntase no regazo do outro (a nai). Ao redor deles cantan unha

canción propia do xogo. A canción era:

Aceiteira, vinagreira,

chascurrás, dicir e non dar.

Dar sen rir

rir sen falar.

Un belisquiño no cú e bota a voar.

Con esta última frase un dos nen@s beliscaba ao que estaba

apandando.

Este tiña que adiviñar quen fóra e se acertaba, o que beliscaba

pasaba a ser o que apandaba.

Noutras variantes os nenos agochábanse.

Unha vez que se acochan todas a que fai de nai pregunta: Están os

paxariños na gaiola? ao que o resto das nenas responden: Están,

si, señora ao que lle contesta a nai Boto a rede? retrousándolle as

outras nenas: Alá vostede, bótea se quere, momento no que a que fai

de nai ceiba a nena que estivo ata entón no seu colo e berra á nai, á

nai! para que as que estaban agachadas corran cara a ela, se a

que apandou atrapa algunha esta ocupa o seu posto.

Polas tardes na escola

:

Pontevedra

35


O brilé

Os xogadores divídense en dous equipos que se colocan enfrontados

cada un nun campo separado por unha raia.

Xógase lanzando a pelota e tratando de darlle no corpo a algún

xogador do outro equipo. Se a colle estás brilado pero se lle das e a

pelota cae o chan el/ela está brilado.

Os brilados colócanse nunha zona detrás do equipo contrario a que se

lle chama cemiterio.

Gaña o equipo que consegue eliminar a todos os xogadores do equipo

contrario.

•A partires de 4 xogadores.

•Unha pelota.

:

:

No exterior durante o recreo e os

domingos na praza en calquera

época do ano.

Parroquias de Rebón, Amil, Santa Xusta e Saiáns..

36


O cachibote

Todos os xogadores atopábanse ó redor dun balón, un dos

xogadores dáballe unha patada ó balón, o que contaba tería que ir

buscar o balón e regresar volta atrás cos ollos pechados ata o punto

determinado onde apoiar o balón, mentres os demais se escondían.

O xogador que “apandaba” tería que atopar ó restos dos xogadores,

se o facía correría ata a pelota e diría o nome do xogador, o resto

intentaría achegarse ó balón e darlle unha patada, gritar “cachibote”

e todos estarían salvados.

Ata que todos os xogadores estean pillados, non se cambia o

xogador que “apanda”.

:

En vez de xogar cunha pelota, tamén

se pode xogar cunha lata fixa no

centro que servirá para salvarse de

ser pillado.

•O número de xogadores é indefinido.

•Pelota ou lata.

Santa Cruz de Lamas.

:

37


A mamba

Unha mamba é un tipo de serpe africana. Neste xogo, debuxase un

cadrdado no chan de 10x10 m. para 20 xogadores . Os xogadores

non poden sair do cadradao mentres escapan da serpe (un xogador

elixido coma tal). Cada vez que a serpe atrapa a alguén, este ten que

colocarse detrás da serpe, agarrándoa pola cintura. Cantos máis

xogadores atrape a serpe, máis longo será o seu corpo. Pero só a

cabeza da serpe pode atrapar xogadores.

No patio da escola en Senegal

Alfa Día (Senegal)

:

38


O burro manso

Este xogo tamén se chama ovo, pico ou araña. Un xogador do

primeiro equipo ponse arrimado ou sentado contra unha parede e un

segundo xogador mete a cabeza entre as pernas do primeiro, o

terceiro entre as do segundo e así sucesivamente ata formar unha

ringleira. Os membros do outro equipo van saltando uns detrás de

outros enriba dos que están entrelazados. Cando todos estén

colocados uns enriba dos outros o primeiro que salta fai un sinal

que pode ser dun ovo, dun pico ou dunha araña. O primeiro xogador

que está abaixo intenta adiviñalo. Se o consegue , revírtense os

papeis e os equipos cambian de posición. Se non descobren o sinal

segue apandando o mesmo equipo ata que alguén acerte. Os

xogadores tamén rotan lugar nas filas dos seus respectivos

equipos.

Segundo a versión dunha veciña de Bouza (Santa Xusta) había un

xogador neutral que se encargaba de que o xogo fose limpo e non

houbese trampas. E segundo a versión dun veciño de

Trambosrríos,(San Martiño de Laxe) se un xogador dos que

39

saltaban enriba pisaba o chan


ou caía perdía o equipo , ou se a burra ( primeiro da fila de abaixo)

caía tiña que volver facer de burra.

•2 equipos de 5 ou máis

persoas

:

No patio da escola, na rúa,

nos campos e nas eiras.

Norma ( Soar, Moraña) , Justa ( Bouza, Moraña), Pablo (

Trambosrríos, Moraña)

A corda

Dous xogadores, polo xeral eran nenas, collían a corda polas beiras

e movíana de xeito circular. O resto de participantes entraba a saltar

por quendas ou varios xuntos e facíano ao ritmo de cancións. Cando

un xogador tropezaba coa corda ou a pisaba perdía comba e poñíase

a dar.

Amil, Cortiñas, Cosoirado, Paraños (Moraña), Godos,

Aguiuncho (Caldas), Campelo (Poio) e Pontevedra. 40


Carreira de sacos

Segundo Purita e María Luisa Gamallo (veciñas de Conles e Soar) e

outros veciños de Moraña precísase marcar unha liña de saída e

outra de chegada segundo o percorrido que se queira facer, ademais

dun saco para cada un dos participantes. Primeiramente os

participantes deben meter as súas pernas dentro dun saco que

suxeitarán cas mans. Xa metidos no saco deberanse poñer ao longo

da liña de saída. Cando alguén da un sinal, os participantes deben ir

saltando dentro do saco ata chegar á meta, gañando o que primeiro

chegue sen sacar ningunha das pernas do saco.

•Sen límite de xogadores.

•Sacos de patacas.

:

Na escola e no campo calquera

día da semana.

:

Concellos de Moraña e Pontevedra.

41


A mariola

Este xogo recóllese nunha ampla zona do territorio fronteirizo co

concello de Moraña; Cuntis, Caldas, Campo Lameiro, Pontevedra e

na mesma Moraña en diferentes localizacións.

Para xogar debúxanse ordenados no chan unha serie de cadros que

se numeran, onde cada xogador ou xogadora vai lanzando unha

pedra ou anaco de tella seguindo a cadea numérica.

No comezo sortéase cal vai ser a persoa que inicie o xogo e lánzase

a pedra ou tella no cadro un. Realízase o recorrido ata o final, sen

pisar o cadro que contén a pedra, combinando o salto á pata coxa

nos cadros individuais e cos dous pés naqueles que son dobres. Ao

chegar ao final dáse a volta facendo de novo o recorrido. Se todo vai

ben arrástrase a pedra ata o seguinte cadro coa pata coxa e

continúase coa mesma dinámica.

Nalgunhas versións atopamos que se perde quenda cando se pisan

as liñas dos cadros, outras variantes cando a pedra sae do cadro e

noutras se o participante pisa a casiña que contén a pedra ou perde

o equilibrio e cae.

Nestes casos a xogadora ou xogador vai ao final da fileira e pasa

a quenda ao seguinte.

42


Atópase unha variante na cal os cadros non están numerados, senón

que se vai arrastrando a pedra ou tella polos cadros de forma

aleatoria sen que esta pise as liñas do mesmo.

Tamén se recollen diferentes disposicións dos cadros no debuxo que se

realiza no chan.

•Individual ou ter un número

ilimitado de xogadores.

•Pedra (tamén chamada paturra)

para cada xogador, e segundo o

terreo no que se faga unha tiza,

tella ou pedra para realizar os

debuxos.

:

:

É un xogo de exterior no que

a maioría dos informantes

declaran que se xoga no

patio da escola ou nas casas

no tempo libre da infancia.

Moraña, Caldas, Cuntis e Campo Lameiro.

43


O potro

Un neno agáchase e o outro salta por enriba, apoiando as mans no

seu lombo e as pernas abertas para evitar tiralo . Pode facerse unha

ringleira de rapaces e rapazas e ir saltando de un en un. Daquela,

cando o xogador que salta chega ao final, ponse el para que salte o

seguinte e continuar a ringleira.

Nos patios dos colexios á hora do recreo.

:

:

• Ilimitado.Mínimo dous

Moraña.

44


O salto da cabra

Para realizar este xogo precisamos

unha pelota e unha parede para botar a

pelota. O xogo consiste en lazar unha

pelota a parede e deixar que de un bote,

nese intre débese pegar un chimpo para

que a pelota pase entre as pernas. Se a

pelota da máis de un bote ou non pasa

entre as pernas ese xogador perdería.

:

• Indeterminado.

Moraña.

O trisqueles

Píntase un cadrado e dentro del 6

números. Xógase tirando a pedra e

intentando levala a pata coxa polos 6

números :

•Dous xogadores.

•Unha pedriña

Lugar de Cantodarea (concello de Marín).

45


O escondite

Un dos participantes ten que contar ata 30 ou máis e mentres os

demáis escóndense (por exemplo detrás dunha árbore, dentro dun

arbusto...). O neno/a que conta ten que atopar aos demáis, ao

primeiro que atopa é o que conta na seguinte ronda. A única forma de

librarse é dicindo “por min” no sitio onde o/a neno/a contou.

:

Un xogador séntase nunha pedra e conta ata vinte mentras os demáis

se esconden. Outro xogador encárgase de buscar aos escondidos.

Para poder librarse hai que correr ata o xogador que esta sentado

na pedra é dicir “libre” e tocalo. Cando o que conta atopa a alguén o

xogador atopado queda eliminado.

No recreo ou no parque, nas

tardes de verán

:

•Indetermindao., máis de dous.

Rial.

46


O escondite inglés

Segundo a versión de Susana Picallo, veciña de Moraña, un dos

participantes sitúase nunha das paredes do patio e os demáis

xogadores póñense a uns 20 o 30 metros, o xogador da parede

canta: “escondite inglés sen mover as mans nin os pés 1,2,3”, os

demáis participantes teñen que ir cara a parede mentras o xogador

situado xunto ao muro canta, cando remata a canción o resto de

xogadores teñen que quedar como estatuas (sen moverse, facendo

figuras), o primeiro en conseguir chegar a parede gaña o xogo.

:

O xogador do muro pode ir facerlle burla ao

resto dos xogadores cando fan de estatuas

(pero sen tocalos) para intentar

desconcentralos.

No patio, no recreo

:

•Indetermindao., máis de dous.

Moraña.

47


A pita cega

Ao xogador que fai de “pita cega”, véndanselles os ollos

asegurándonos de que non ve nada. Daquela dánselle tres voltas

contando: unha, dúas, tres. O xogador “pita cega” avanza cos

brazos abertos intentando atrapar a un xogador. Para ir guiándoo

pregúntanlle:

- Galiniña cega, que se che perdeu?

- Unha agulla e un dedal. Contesta a pita cega

Cando consiga coller a un xogador e adiviñar o seu nome, será este a

nova “pita cega”.

1. Collemos un ovo e cubrímolo de area ou terra e cun pau e os ollos

tapados, os xogadores, por quendas, intentamos romper ese ovo.

2. O xogador dos ollos vendados di:

- Marco

- Polo. Contestan os demais xogadores.

: En calquera

espazo exterior: patio, eira, praza...

•3 xogadores ou mais.

•Un pano

:

:

A Pallota (Rebón), O

Batán (Rebón), As Cortiñas (Saiáns).

48


Poemas dos alumnos de

primaria

Con moita ledicia e paixón ,

xogamos no cole un montón.

Os xogos no cole traballamos

e todos colaboramos.

Xogo no mar,

xogo na area,

xogo ata que a vida sexa bela.

No parque xogaremos

ao pilla pilla

as nenas e nenos

Que maravilla!

1ºA

2º B

4ºB

Onte á Mamba xogamos e sentimos

que todos gañamos.

Non hai que esquecer,

que o importante non é vencer.

Canto máis eu xogaba

mais ledo me atopaba

Se me faltaba o xoguete

Collía unha rabieta,

Miña nai sempre dicía:

“Xoga meu fillo, xoga

que mentres estás xogando,

non te atopo chorando”. 6ºA

2º B

Eu sei xogar a un xogo,

no que corro e non me

mollo

3ºA

Eu sei xogar a un xogo,

onde como un criollo.

Brilla a lúa, brilla o

sol, brilla o xogo

do meu corazón.

4ºB

1º B

Eu teño un xoguete

que tira foguetes

se vou de banquete

pásoo de rechupete

Algo brilla nesta estancia,

algo especial,

5º B

Creo que lle chaman xogo,

é algo particular.

Os meus pais

4º A

compráronme un xoguete.

Era branco coma as nubes

e tiña forma de foguete.

49


50

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!