11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O Préstamo de biblioteca

na educación infantil:

Contribuindo o desenvolvemento

do hábito lector

Coa práctica de aula que será explicada a continuación

preténdese axudar a fomentar o

hábito lector entre o noso alumnado en idades

temperás, neste caso na educación infantil,

cando moitos de nosos nenas e nenas aínda

non saben ler.

Como todo hábito, o lector é en si susceptible de

aprendizaxe; polo tanto dende a escola podemos

contribuír ó seu desenvolvemento, sempre

en estreita relación coas familias, xa que da

súa implicación depende en gran medida o

éxito ou fracaso desta aprendizaxe. É importante

que tanto pais como educadores sexan

conscientes de que facer dos nosos nenos e

nenas grandes lectores é un conquista que só

é posible con esforzo e convencemento que

require por ámbalas dúas partes un entusiasmo

contaxioso no amor pola lectura. Así nada conseguiremos

se na clase non se le un libro para o

goce persoal e non como demanda do currículo

escolar ou se na casa os nenos non están

afeitos a veren aos seus pais lendo polo puro

pracer de ler, convertendo a lectura nunha

necesidade vital.

En canto á importancia da lectura, podemos

dicir que as súas vantaxes son innumerables,

non só tendo en conta a relación entre a lectura

e o rendemento escolar, senón nun senso

máis universal que atinxe ó desenvolvemento

integral e harmónico do individuo. De seguido

enuméranse algúns deses beneficios que

reporta a lectura cotiá:

IDEA 2005

Manuel Maroño Frade, mestre de E.I. no C.E.I.P. de Cariño.

- A nivel xeral a lectura constitúe un vehículo para

a aprendizaxe, para o desenvolvemento da

intelixencia, para a adquisición de cultura e

para a educación da vontade.

- A lectura axuda ó desenvolvemento e perfeccionamento

da linguaxe, mellora a expresión oral e

escrita, e fai a linguaxe máis fluída. Aumenta o

vocabulario e mellora a ortografía.

- A lectura mellora as relacións humanas, enriquecendo

os contactos persoais. Nutre os contidos

das nosas conversacións e nos axuda a comunicar

os nosos desexos e sentimentos. Dános a

posibilidade de coñecermos personaxes que

doutro xeito non poderiamos coñecer.

- A lectura dá facilidade para expor o propio pensamento

e posibilita a capacidade de pensar.

Podemos dicir que proporciona materia para

pensar, xa que non se pode pensar se non

temos ideas, palabras e conceptos.

- A lectura é unha ferramenta de traballo intelectual

xa que pon en acción as funcións mentais

axilizando a intelixencia, por iso ten tanta relación

co rendemento escolar.

- A lectura aumenta a bagaxe cultural e proporciona

información e coñecementos. Canto

máis se le máis se aprende. A lectura enriquece

a nosa vida.

- A lectura amplía os horizontes do individuo permitíndolle

pórse en contacto con lugares, xentes

e costumes lonxanos no tempo e no espacio. Un

home que non ten o hábito de ler está pechado

no seu mundo inmediato.

- A lectura esperta afeccións e intereses. É unha

porta aberta pola que nos achegamos a mun-

95

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!