Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
"O bon cristián debe estar en contra dos matemáticos

e todos aqueles que fan profecías vacuas.

Existe o perigo de que os matemáticos teñan

pacto co demo e a misión de ofuscaren o espírito

do home para confinalo nos lindeiros do

inferno". (Santo Agostiño)

Teñen transcorrido xa moitos séculos dende que

Santo Agostiño fixera esta contundente afirmación,

recollida posteriormente por Morris Kline,

pero en moitos aspectos a "demonización" das

matemáticas aínda está vixente. A fobia que

existe cara ás matemáticas é algo asumido

como intrínseco á nosa sociedade e ao propio

sistema educativo. As matemáticas son difíciles

e aborrecidas xa antes de que teñamos ocasión

de achegármonos a elas.

En moitas ocasións, o alumnado non chega nin a

formularse cal é a valía das matemáticas ou

como nos axudan a coñecer e comprender o

noso entorno e o universo no que vivimos; ben

porque non se lle dá a oportunidade de o facer,

ou ben porque non sente a necesidade de

afondar no seu coñecemento.

Non é o obxectivo deste artigo rebuscar nas causas

desta visión negativa. Son moitos os estudos

e reflexións que se están a realizar sobre iso buscando

a orixe do problema no ensino desta

materia por exceso de formalidade e inmobilidade

no contexto social no que tentamos

encaixar os novos coñecementos ou na propia

estrutura interna da matemá tica. O motivo

IDEA 2005

Matemáticas para disfrutar

MJesus García Rañales e Jorge Mejuto Couce

IES Sofía Casanova - Ferrol

deste artigo xa que logo é darmos a coñecer

unha desas moitas iniciativas que se están a

levar a cabo tanto dentro como fóra das aulas

e os centros educativos para axudar a coñecer

as matemáticas a mostralas como algo que

está presente no noso entorno e a descubrir

nelas a beleza que encerran.

Con motivo da Semana da Ciencia e da

Tecnoloxía,a Asociación Galega de Profesores

de Educación Matemática (Agapema) organizou,

entre o 8 e o 11 de Novembro do 2004 na

Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol, unha serie

de actividades encamiñadas a achegar ao

alumnado dos primeiros cursos da ESO unha

visión diferente de certos aspectos das matemáticas.

Estas actividades realizáronse mediante unha

exposición interactiva,que foi visitada por máis

de 600 rapaces a proxección de vídeos matemáticos

e mesmo unha conferencia impartida

polo profesor Santiago López Arca, do IES

Ramón Otero Pedrayo titulada "Atrapado en

ESO".

Nesta exposición, buscábase que os rapaces e

rapazas sempre, orientados polos seus profesores

e as monitoras, estiveran en todo

momento activos, ben, observando, investigando

ou manipulando aquilo que cada actividade

lles propoñía, para descubrir "disfrutando"

a parte matemática que escondía cada

unha delas.

89