11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

vello Edipo coas do Edipo, rei de Tebas, da traxedia

anterior. Cambiaron? En que? Por que

cres que se produciron eses cambios, se é que

os houbo?

2) Os coloneses son homes rústicos e supersticiosos,

e coa propensión á desconfianza cara o

estraño (todo iso moi en consonancia co carácter

tradicional do campesiño en xeral, e o galego

en particular). Cambian de actitude conforme

van coñecendo no trato a Edipo e ás súas

fillas? Cal é, segundo ti, o cambio que se opera

neles, se é que o hai?

Os coloneses, son intransixentes nos seus prexuízos

(=xuízos previos ou opinión de partida) para co

estranxeiro, ou fanse tolerantes en canto o trato

humano disipa os seus prexuízos?

3) Teseo, xa antes de facer a súa entrada en escena,

é invocado varias veces como xusto árbitro

e xuíz benigno do conflito que enfronta a Edipo

cos coloneses. Confírmanse despois estas afagadoras

expectativas?

Rastrea nas accións e na conduta de Teseo a

súa (alta ou baixa -xúlgao ti-) calidade

moral.

4) Compara os caracteres de Creonte e de

Polinices: ambos acoden a Edipo con idéntico

fin (di cal); pero, utilizan os mesmos medios

para a consecución dos seus fins? En que difiren?

Hai sinceridade nas palabras dun e doutro? Hai en

ambos e dous disposición a aceptaren unha

negativa de Edipo? Cal che parece máis defendible

e por que?

5) Os personaxes de Antígona e Ismene, que grao

de piedade filial amosan?, máis unha cá outra?

Di cal máis, se así fose, e por que. A deusas

Innomeables, ou sexa as Furias ou Erinias (chamadas

por antífrases Benévolas), teñen ao seu

cargo o castigo de todo parricida, na idea de

que se matar a un estraño é punible, éo moito

máis o matar a quen se está unido por parentesco

de sangue. Sen embargo, cres que neste

caso as Furias van aplicar o seu acostumado

castigo a Edipo? Por que?

Que méritos ten no seu haber Edipo, se os ten,

para ser portador de beizóns para a terra que

acolla os seus restos?

O culto aos santos da igrexa católica tamén considera

as reliquias ou restos dos santos mártires

84

como portadoras de beizóns; atopas algunha

similitude entre os méritos de tales mártires (o de

sufriren tormento defendendo o cristianismo) e

os de Edipo?

Antígona

1) Resume o argumento da traxedia Antígona.

Por qué cres que...

a) ... prohibe Creonte dar sepultura ao cadáver

de Polinices?

b) ... Antígona decide enterralo pese a prohibición?

c )... Ismene se abstén de facelo pero logo quere

asumir a corresponsabilidade?

2)Qué postura adopta ante o conflito entre

Creonte e Antígona...

a) ...o vello 1º?

b)... Hemón?

c)... o cego adiviño Tiresias?

3) Para que quere de verdade Creonte que volvan

de Atenas as supostas ausentes Antígona e

Ismene? Que motivo oficial, para facelas volver,

deben transmitir os embaixadores ás supostas

ausentes Antígona e Ismene?

4) Se deches distintas respostas a 3), ¿que cres

que persigue Creonte ao disfrazar a súa intención?,

ou, dito doutro modo, por que non transmite

sinceramente ás raparigas a súa intención?

5) Vimos en Edipo en Colono a dobrez de Creonte

(finxe indulto de Edipo por parricidio e incesto

involuntarios, pero a verdadeira razón do indulto

-que gañará a guerra aquel a quen apoie

Edipo- a silencia) e o seu uso da forza ante a

negativa de Edipo (pretende levalo contra a

súa vontade). Entón, o antagonista de Creonte

era Polinices, que opoñía á dobrez deste a súa

sinceridade, e ao uso da forza o seu sometemento

á vontade paterna.

Sigue exhibindo Creonte na Antígona a mesma

dobrez e recurso á violencia que exhibía no

Edipo en Colono? Como, se é que o exhibe?

Quen es ou son neste caso o(s) seu(s) antagonista(s)?

6) Qué equívoco (=interpretación incorrecta

das palabras) sofre Creonte no seu diálogo

con Hemón? A predición de Tiresias clarifícalle

a Creonte o sentido das palabras de

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!