11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Viuse, deste xeito, na historia da literatura, unha

liña ben ramificada e harmoniosa na que as

diferentes obras e autores son debedores uns

dos outros, descubrindo novas interpretacións

de vellas ideas, actualizando unha e outra vez o

mesmo topos poético.

Departamento de linguas clásicas

Profesor Fernando Querol Orozco

Obxetivos

- Coñecer e utilizar os fundamentos morfolóxicos,

sintácticos e léxicos da lingua grega e iniciarse

na interpretación e tradución de textos de complexidade

progresiva.

-· Dominar mellor o léxico científico e técnico das

linguas de uso a partir do coñecemento do

vocabulario grego.

- Adestrarse en técnicas sinxelas de análise filolóxico

mediante a reflexión sobre as unidades lingüísticas

e as estructuras gramaticais das distintas

linguas, así como no manexo e comentario

de textos gregos diversos.

- Introducirse nun coñecemento xeneral dos distintos

xéneros literarios.

- Aproximarse ao mundo histórico, cultural, relixioso,

político, filosófico, científico, etc., da antigüidade

grega, a través da súa lingua e das súas

manifestacións artísticas.

- Recoñecer e valorar os factores culturais herdados

dos gregos que se converteron en patrimonio

universal.

Para a comprensión cabal da nosa adaptación

dos textos de Sófocles os alumnos responderon

a un cuestionario que resumo:

Edipo, rei

1) Resume o argumento de Edipo, rei. Lida como

relato policial, identifica ao detective, ao criminal,

o crime, o móbil e mais as circunstancias

atenuantes ou agravantes.

2) Cando chega Creonte de Delfos, que resposta

trae do oráculo de Apolo? E que tarefa asume

entón Edipo facéndose valedor do prescrito

polo deus? Por que conxectura Edipo que unha

antiga conxura, que cobizaba o trono de Laio,

volveu a Tebas e está conspirando de novo, e

desta vez contra el?

3) A instancias do mesmo Creonte, Edipo consulta

ao adiviño Tiresias. Que comunica a Edipo o adiviño,

e como reacciona Edipo ante as súas

palabras? Por que considera Edipo que Creonte

e Tiresias son os cómplices dunha conspiración?

IDEA 2005

4) Iocasta mostra desconfianza cara a Tiresias,

pero non cara ao seu irmán Creonte, de quen

responde da súa lealtade. Que dúas vellas probas

dá Iocasta a Edipo de que Tiresias é un

impostor?

5) Tras escoitar o relato de Iocasta, Edipo concibe

a horrible sospeita de que el mesmo sexa o criminal

a quen pretendía desenmascarar. Que lle

dixo Iocasta que lle fixo alimentar tal sospeita?

6) Edipo revela á súa esposa o segredo da súa

identidade, que mantivera oculta ata daquela.

Por que a silenciara? Mentres non compareza o

heraldo supervivente e única testemuña do asasinato

de Laio, cabe unha esperanza para

Edipo: a de que a tal testemuña dixera a verdade.

Pero Edipo estará perdido se a testemuña se

retracta e dá unha versión dos feitos acorde

coa súa horrible sospeita. Cal é ese aserto da

súa testemuña do que pende o destino de

Edipo?

7) Un mensaxeiro corintio desencadea coas súas

revelacións o fatal desenlace. Que revelacións

son esas? Iocasta e Edipo reaccionan de forma

diferente perante a revelación do mensaxeiro

corintio: ela comprendendo de inmediato a

horrible verdade, pero Edipo créndose plebeo e

achacando a desesperación de Iocasta á súa

altivez de raíña avergoñada por un esposo tido

ata daquela por nobre. Que clave posuía

Iocasta para interpretar correctamente o que

Edipo, ao non a posuír, malinterpretou?

8) Os catro caracteres seguintes:

1, o pegureiro de Laio a quen se encomendara

arroxar o neno ás feras.

2, o pegureiro de Pólibo que se apiadou da criatura.

3, o heraldo de Laio que sobreviviu á pelexa da

encrucillada.

4, o mensaxeiro corintio enviado a Tebas á morte

de Pólibo.

¿Cantos personaxes resultan ser realmente?

Identifícaos.

9) Cres a Edipo responsable (=executor consciente

e voluntario) dos crimes de incesto e parricidio?

Por qué? Busca no dicionario da Real

Academia, fatalismo. É fatalista Sófocles no

Edipo, rei? Xustifica a túa resposta.

Edipo en Colono

1) Resume o argumento de Edipo en Colono.

Compara a conduta e actitude vital deste

83

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!