11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Antígona

¿Débense obedecer sempre as leis?

¿Existe algo así como un dereito natural por encima

dos códigos de cada Estado?

¿É a desobediencia civil un método efectivo de

loita social?

Estas e outras moitas preguntas nos asaltan tras a

lectura de Antígona, a traxedia de Sófocles que

creou un modelo eterno de muller enfrontada

aos poderes tiránicos coa soa forza da súa crenza

nas leis non escritas e inquebrantables dos

homes.

Pola súa profundidade e marcados caracteres

nos personaxes que defenden posicións enfrontadas

éticas e políticas, Antígona pode servir

para introducir determinadas unidades didácticas.

Para Ciencias Políticas e Socioloxía de 2º de

Bacharelato:

- Desigualdade e poder: legalidade e lexitimidade.

- A sociedade civil fronte ao Estado.

- Contrato Social e Constitución.

Para Ética e Filosofía do Dereito de 1º de

Bacharelato:

- A racionalidade moral.

- Heteronomía e autonomía moral.

- Moral e dereito: Naturalismo e positivismo xurídico.

- Dereito e desobediencia.

Edipo morreu e as súas fillas Antígona e Ismene

volven a Tebas onde se desencadeou unha

cruenta guerra polo poder entre os seus dous

irmáns Eteocles e Polinices.

Ambos resultan mortos e o novo rexente, Creonte,

decreta celebrar honras fúnebres ó seu aliado

Eteocles e deixar o cadáver insepulto de

Polinices, o seu rival, a mercé dos cans e alimarias.

Decatada diso, Antígona decide enfrontarse ás

despóticas leis de Creonte en nome dos dereitos

naturais de todos os seres humanos.

Incluso a morte é preferible para Antígona antes

que ceder ante o tirano Creonte, pois para ela

é mellor o agrado dos mortos que o sometemento

ilexítimo aos vivos. Ela morrerá, pero a

desgraza cébase sobre a estirpe de Creonte.

IDEA 2005

Con esta imborrable traxedia, Sófocles lémbranos

sempre que a legalidade debe de estar

tinxida de lexitimidade, que o dereito non é

nada sen un forte apoio na ética da responsabilidade,

que o dereito natural debe respectarse

e converterse en dereito positivo universal.

A loita polos dereitos humanos non foi senón o

intento de conseguir que se recoñezan leis connaturais

ao feito de ser humano e que teñen

máis lexitimidade que as leis positivas se estas

non as teñen en conta.

O exemplo de Antígona calou fondo en moitos

movementos sociais como o pacifismo, pro

dereitos humanos, grupos de desobediencia

civil e outros, todos motivados por conseguir

unha sociedade máis xusta, unha interrelación

entre humanos máis próxima á ética e afastada

de legalismos autoritarios.

O estado social e democrático de dereito apoiado

en constitucións de ampla base social pode

ser un exemplo válido para o noso alumnado

do que é posible conseguir mediante a crenza

na liberdade e a xustiza inherentes ao ser

humano.

Departamento de lingua española

Profesor Rafael Alonso Pica

Edipo debería presentarse como un dos primeiros

afloramentos dun topos poético,

fecundo e conmovedor. Sófocles é o xenio

cronista que da fe disto: Existe a conciencia,

eu son un ser pensante, dubido, razoo, sufro,

aprendo e, polo tanto, vivo morrendo cada

día, agónico.

Segue este espertar da conciencia nas súas

miles de ramificacións, na mesma obra sofoclea,

no mesmo Edipo, interpretándose e reinterpretándose:

Quen son?, onde vou?, son

libre?, a vontade basta?, os deuses existen?, o

fado determina?, u-la verdade?, a rebeldía,

paga a pena?, o poder é indiscutible?, a fidelidade,

a quen?, determínanos o honor?, o

amor, como conseguilo?, as aparencias enganan?...

No río que aflora con Edipo navegamos pois ata

outros non tan afastados portos que pretendemos

visitar na historia da literatura: As danzas

da morte medievais, Don Álvaro o la fuerza

del sino, do Duque de Ribas; La vida es

sueño, El gran teatro del mundo, El mágico

81

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!