Nº 11
Nº 11
Nº 11
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
exterior. E el pagoulle a pena? É aquí onde

comezan as nosas reflexións axustadas a unidades

didácticas do temario como:

- Natureza e Cultura.

- O mundo físico e a ciencia.

- O coñecemento e o problema da verdade.

- A acción transformadora: progreso e tecnoloxía.

O desenvolvemento psíquico da personalidade: o

complexo de Edipo.

O ser humano é razón, ansia por coñecer, por

escapar da animalidade da que provén. A ilustración

e mais o progreso continuo como metas

a alcanzar por encima de todo. Desexamos deixar

atrás a Natureza e orientarnos tan só polo

que denominamos cultura: artes e técnicas, linguaxes

e ritos, sociedades e guerras…

E así o ser humano foi avanzando no coñecemento

do que o rodea, comprendendo mellor a

Natureza que o envolve, afastándose dela para

transcendela mediante a tecnoloxía.

E Edipo indagou no seu pasado, comprendeu,

soubo , ilustrouse cun impulso que no podía

deter, como o propio ser humano non se detén.

E ao final Edipo, que cría saír das tebras do descoñecemento,

vese envolto nas tebras da cegueira.

Quixo saber sobre todas as cousas sen mesura,

considerábase por encima de todo e todos

no seu afán escrutador e a destrución da súa

familia e a proscrición del mesmo foron a súa

fatal recompensa.

Terá o ser humano a mesma desastrosa recompensa

no seu ilimitado afán de dominar todo o

que o rodea?

Edipo en Colono

A permanente actualidade dos temas e conflictos

referidos ao tema da emigración, a petición de

asilo, ou a xenofobia fan de Edipo en Colono

unha obra propicia para achegarse a eles

desde a vertente socioliteraria e filosófica.

Encaixa moi ben o que esta obra plantexa nas disciplinas

Ética de 4º de ESO e Ética e Filosofía do

Dereito en 1º de Bacharelato, e ten cabida fundamental

en unidades didácticas como:

- A discriminación social e económica.

- Algunhas formas de desigualdade: sexismo,

racismo e xenofobia.

- Dereitos humanos e tolerancia.

80

- Relativismo e Moralidade: o etnocentrismo.

- Dereito e Xustiza.

Edipo, cego e envellecido abandonou Tebas e

partiu ao desterro que cre merecer polos seus

pasados actos.

A súa chegada a Colono, en Atenas, onde quere

repousar para preparar a súa próxima morte é

recibida con medos e desprezo, e el e mais a

súa filla Antígona, que o acompaña, son cominados

por los coloneses a abandonaren a cidade

por crelos posuidores de triste augurio.

Edipo apela á gloria de Atenas para que non o

deneguen o socorro como estranxeiro suplicante

de asilo que o é. Só a chegada de Teseo, o magnánimo

rei de Atenas, permitirá que Edipo e

Antígona poidan repousar nestas terras estrañas

para eles, e mesmo que sexan protexidos das

malvadas intencións de Creonte que se achegou

a Colono con ánimo hostil cara a ambos.

Ao final, congraciado co destino, Edipo dará o

seu derradeiro alento en terra estraña, mais

acolledora.

Hai xa 2.500 anos Sófocles transmitiu a necesidade

de que houbese uns dereitos humanos por encima

de patrias e fronteiras, de que a xenofobia

non é un camiño digno de ser andado.

Transcorreron os séculos e seguimos sen comprender

de todo esas mensaxes: guerras, persecucións

relixiosas ou políticas, desprazamentos forzados

de millóns de persoas, illamento ata a

morte do diferente, do distinto, do outro; etnocentrismo

intolerante, invasións coloniais con

aires de exterminio do salvaxe, centenares de

anos de crueldade e desprezo entre humanos.

E Edipo pídenos acollerse á amizade do tolerante,

ao aprecio do compañeiro, ao refuxio do solidario,

aínda que sexa outro distinto e diferente. É máis

o que une que o que separa aos humanos, dinos

Sófocles, e nós só recentemente, a Declaración

Universal dos Dereitos Humanos é de 1948, parece

que o comprendemos, e con sorte desigual para

occidente e para o resto do mundo.

Edipo en Colono dinos que non debería haber

refuxiados, desprazados, perseguidos por seren

diferentes, é de Xustiza que así sexa, e nós consideramos

que esa é unha mensaxe de permanente

creto, que debemos fomentar entre o

noso alumnado que se atopa nunha etapa de

formación sociocultural tan importante como é

a adolescencia.

IDEA 2005