Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
A continuidade dunha longa tradición no IES

Breamo de Pontedeume (antes IES nº1), onde

sempre houbo veladas teatrais e grupos con

innumerábeis representacións, motivou a creación,

aló polo ano 1997, do grupo ARJÉ de teatro

do centro. Segundo esta tradición, sempre

houbo interese por parte de numerosos profesores

en levar esas experiencias da escena á aula,

da representación ás clases cotiás cos nosos

educandos. Foi así como xurdiu a idea de formar

este Seminario Permanente, que, ó longo

do desenvolvemento do seu traballo, tivo como

liñas básicas de actuación e reflexión as que a

continuación se enumeran:

1. A necesidade de introducir novas metodoloxías.

2. As posibilidades motivadoras do teatro tanto

para os alumnos como para profesores: A

actuación (actualización dos seus textos) e o

78

Didáctica da expresión teatral

aplicada ás áreas sociais, lingüísticas

e musicais

Javier de Melo Martín, Fernando Querol Orozco, Rafael Alonso Pica

IES Breamo. Pontedeume.

Edipo ante a Esfinxe

protagonismo dende o punto de vista do

alumnado e a novidade e o reto para os profesores.

3. Nas áreas implicadas, os coñecementos e

habilidades relativas ao teatral son moi importantes,

non só formalmente (como é no caso

do grego, castelán e galego) tanto como

fenómeno histórico, artístico, literario, musical

e lingüístico, senón tamén no aspecto semiótico

(música, espectáculo, instrumentos, experiencia)

e no contido ou na significación ética,

filosófica, política. Así, por etapas, as áreas

implicadas serían, en secundaria: Cultura

Clásica, Lingua e literatura. Ética, Música. E en

Bacharelato: Grego, Filosofía, Lingua e

Literatura e Música.

4. Motivación no exercicio docente a través do

reto e da novidade.

5. Mellora das habilidades comunicativas: dicción,

kinésica, expresión corporal, proxección da voz.

6. Toma de conciencia dos aspectos teatrais do

traballo docente (o profesor é un actor).

7. Utilización de metodoloxías máis dinámicas e

próximas ao alumnado.

8. Elaboración de materiais motivadores.

Tendo en conta todo o anterior, membros dos

departamentos de Clásicas, Lingua e

Literatura Castelá, Música e Filosofía reuníronse

para dar corpo ao proxecto que tivo como

centro a adaptación da triloxía de Sófocles

Edipo rei, Edipo en Colono e Antígona, e que a

continuación presentamos por áreas de coñecemento.

IDEA 2005