11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

gala como complemento ó material audiovisual

que ofertaban as editoriais. Pensamos en utilizala

de forma sistemática ó longo do curso.

Consideramos que non era viable, nin desexable,

empregala na súa totalidade, senón só dez

escenas, que darían lugar a vinte sesións.

Tardamos en decidir, fixemos varios intentos e

mesmo trabucámonos nas primeiras eleccións,

de aí o título do traballo, que fai referencia a

unha película de James Bond que non chegamos

a rematar.

Os nosos centros contaban co material necesario

para por o traballo en práctica: lectores de

DVDs, pantallas de TV axeitadas e incluso proxectores.

Asignáronse aulas dotadas con estes

elementos para os desdobres de conversación,

pero o traballo tivémolo que facer fóra

do centro e mercando material informático

extra, xa que os centros de secundaria carecen

diste tipo de material e ordenadores suficientes.

Finalmente, elaboramos como material multimedia

exercicios de listening, comprehension e

speaking en torno á película, tomando como

máximo dez capítulos, escollidos en función da

súa relevancia na historia contada e, sobre

todo, da lingua empregada.

Cada capítulo contaba con exercicios de recoñecemento

sinxelos, outros de listening máis

específicos e exercicios de speaking, ben tipo

karaoke para os mais pequenos, ben de predicción

ou opinión para os maiores e para ambos

de explotación de silencios.

Pretendiamos integrar na medida do posible as

catro destrezas (reading, writing, listening and

speaking), aínda que dadas as características

das actividades é posible que se incida máis nas

dúas últimas.

A tal fin mostramos os pasos para a creación da

actividade :

- Seleccionar a película a empregar.

- Comprobar que dispón dos subtítulos en inglés e

español independentes do son.

IDEA 2005

- Buscar en Internet materiais complementarias

que facilita a creación de actividades (o guión,

páxinas web dedicadas á película, etc.).

- Escoller escenas cun valor narrativo suficiente

para manter a cohesión do argumento da película

pero tamén cun valor comunicativo.

- Valorar a complexidade do vocabulario empregado,

comprobando o nivel Input + 1 do

mesmo.

- Valorar os recursos visuais das escenas para a súa

utilización.

- Escoller escenas que empregan vocabulario

repetido a fin de comprobar o input.

Procedemos á creación das actividades en tres

fases:

- Actividades visuais de recoñecemento sinxelo e

de recoñecemento de vocabulario especifico

para identificar elementos, personaxes, etc.

Pódese empregar a V.O. da película.

- Actividades de comprensión sinxela baseadas

en aspectos xerais do vocabulario especifico

utilizado en contexto. Pódese empregar a V.O.

da película en combinación cos subtítulos.

- Actividades de comprensión especifica ou feedback

relacionadas con escenas anteriores ou

temas diversos. Elaborar actividades que

empregan a comunicación significativa para

conseguir a súa resolución.

Os materiais empregados foron os seguintes:

- Power DVD.

- Nero Burning Rom

- Navegador Internet Explorer e aceso a Internet.

- Un PC actualizado con recursos suficientes para

manexar imaxes.

- Un programa de captura de pantallas. Microsoft

Photo Editor.

- Un reproductor de DVD.

- Material visual apropiado; filmes.

O obxectivo era aprender a elaborar material

didáctico a partir de material audiovisual real,

crear actividades comunicativas utilizando

materiais de lingua “viva”, acercar o alumnado

á realidade social través do cine e amosar as

posibilidades de crear materiais actuais e facilmente

identificables polos alumnos.

73

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!