11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

io as normas tradicionais do xogo a eses

novos espaz é unha táctica pragmática razoable,

que nos permitirá dispor do necesario

terreo de prácticas e xogo.

Da mesma maneira, fuximos de adoptar, alí

onde nos foi posible, denominacións locais

concretas para os diversos aspectos do xogo,

e escoller en troques nomes xenéricos perfectamente

identificables, preferimos así denominar

porta e non cepas, nun exercicio máis de

respecto que de suplantación, que completamos

co bautizo daquelas situacións que non se

contemplasen no xogo tradicional, véxase a

zona neutra.

O Campo de Xogo

A superficie de xogo da billarda será un rectángulo,

no que definimos tres liñas de banda e unha

liña de fóra. Dentro del definimos os seguintes

espacios particulares: zona neutra, zona de puntos,

círculo de saída e portas.

A zona de puntos é o espazo exclusivo dentro do

que se pode acadar puntuación. A zona neutra é

o terreo onde non se conseguen puntos, aínda

que tampouco se perde a quenda. O círculo de

saída é o espazo a defender e a ocupar. As potas

son dous prismas, separados entre si uns 40 cm., feitos

de calquera material sólido, e de dimensións

68

aproximadas a 25 x10 x 5; sobre elas aséntase o

pau longo, ou palán.

As funcionalidades e a importancia de cada unha

destes elementos (liñas de banda, liña de fóra,

zonas, círculo e portas) estarán explicadas dentro

da mecánica do xogo.

As ferramentas

Á billarda xógase, coma xa dixemos, con dous paus

cilíndricos: un longo e outro curto e aguzado nos

seus dous extremos. As dimensións de cada un

deles pode variar, pero un modelo estándar

debería estar comprendido entre 50 e 65 cm. de

lonxitude e 2 ou 3 de diámetro para o caso do

pau longo, e entre 17 e 20 cm. por 2 ou 3 de

groso para o pau pequeniño.

Non parece sacarse vantaxe de preferir un

tamaño ou outro.

A madeira deberá ser resistente é dura, moi especialmente

no caso do pao pequeno para

aguantar os fortísimos impactos que vai sufrir ao

longo da partida.

O novo aparato co que dotamos ao xogo para

darlle unha maior seguridade e xogabilidade,

concrétase nas seguintes pezas de vestiario:

cascos con protector facial, obrigatorios para

os dianteiros, por xogaren cerca da billarda;

caneleiras obrigatorias para dianteiros e

medios; pulseiras que protexen o antebrazo dun

probable golpe, obrigatorias para dianteiros;

luvas receptoras, aconsellables para todos pero

inexcusables para traseiros; e puchas deportivas

para medios e traseiros coas que poderán

recoller a billarda no aire. Deberá xogar con ela

tamén o xogador atacante, xa non por razóns

deportivas senón de uniformidade estética.

Os xogadores

Á billarda pode xogarse un contra un ou por equipos.

En ambos casos as normas de xogo son as

mesmas, non cambiando nada máis que a rotación

dos xogadores, no caso de xogar entre

equipos. Na nosa experiencia formalizamos

equipas de sete xogadores, susceptibles de

xeraren estratexias de colocación e de xogo

diferentes, creadoras así das condicións de creatividade

táctica que conceden ao xogo un

valor intelectual engadido.

Introducimos así aspectos do xogo que requirirán

especialistas en habelencias concretas:

dianteiros interceptores, medios voandeiros e

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!