11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

condensaban o exercicio de "deseñar unha

billarda". Cada alumno acabaría así tendo un

equipo completo para poder xogar á billarda no

rueiro fóra de hora de clases, coma así o fixeron.

Ensaiamos, para máis, diversos modelos de protección

para as facianas dos xogadores, nos

que non deixamos de probar protectores deportivos

de outros xogos (hóquei a patíns) e mesmo

protectores de sega de xardinería. Finalmente,

estimulados tamén polas preferencias dos

nenos, decidimos construír os nosos propios cascos,

utilizando uns modelos comerciais de

monopatín aos que engadiríamos unha protección

facial feita cunhas mallas de xardín, unidas

con cinta de celo e rematadas con adobíos

coloristas de papeis fixado. Resultaron ser azosos,

lixeiros e moi seguros. A aula de pretecnoloxía

viu unha posibilidade de facer un exercicio

práctico e útil, unha posta en práctica dos

coñecementos sobre materiais e ferramentas,

aplicado a realidade concreta dos alumnos, os

seus fabricantes.

Aplicamos tamén medidas de seguridade a canelas

e pulsos, por ser estas zonas corporais que

con frecuencia están expostas a golpes e utilizamos

caneleiras de fútbol e cobadeiras de patinaxe

para protexer, á xeito de pulseiras esas partes

anatómicas. Dotamos aos nosos xogadores

de puchas deportivas, tanto por estética como

para poder recoller con elas a billarda no aire.

Os entrenos necesarios tanto para ensinar as técnicas

de xogo coma para pulir o regulamento

de elementos discordantes (o principio básico

do regulamento de calquera xogo e a non existencia

de normas que se contradigan) puidemos

realizalos nun campo anexo ao colexio, de

propiedade municipal, todos os días nos que o

tempo atmosférico, ou determinadas obrigas

non no lo impedían. En esencia estes consistían

tanto en exercicios especializados para cada

golpe, coma en partidiños de xogo e proba

para comprobar a viabilidade da normativa

IDEA 2005

tanto coma para gozar do xogo en si, pois en

palabras dun neno " a billarda presta moito."

No intre de redactar estas liñas estamos a organizar

unhas partidas de exhibición no Concello de As

Somozas, cos equipos perfectamente adobiados

e aos que temos invitado a asistir a pais, mais e

autoridades, así como amigos e institucións, tendo

confirmada a súa asistencia ao partido que celebraremos

o día 24 de xuño, tanto a Concellería de

Cultura, como a Fundación Federico Maciñeira.

Proposta de regulamento

O conxunto de normas non estructuradas, que a

continuación expoñemos á vosa lectura baixo a

forma de Regulamento Xustificado de Billarda,

non é o producto gratuíto dunha decisión caprichosa.

Ben ao contrario, é o resultado das investigacións,

reflexións e experiencias prácticas ao

longo do curso 2003-2004. Estarán xa decantadas

polo traballo de campo, pero non por iso

aspiran a ser unha estructura cerrada e inmodificable,

antes ben, como xa temos dito, queren

ser un primeiro elemento para a análise e a discusión

cara a lograrmos o salto cualitativo dende

o xogo tradicional ata un deporte federado.

As liñas básicas que rexeron o deseño destas normas

deportivas veu inspirado, xa o dixemos,

tanto pola busca da seguridade e a xogabilidade,

coma polo respecto ás normas tradicionais

e ao seu acomodo á realidade social do

mundo de hoxe. Certamente, non se dubidará

que as posibilidades actuais para facer callar

esta proposta pasan por dispor de espazos

reais de xogo de modo inmediato.

Neste sentido non se pode aspirar, de momento, a

ter campos de xogo propios e, así, hai que pensar

que reutilizar os espazos públicos dispoñibles

nas vilas e cidades (pavillóns polideportivos e

campos de fútbol) para a práctica da billarda;

e, en consecuencia, adaptar no necesa-

67

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!