11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

pedira, diciamos: -Douchas. Daquela, eses puntos

sumábanse aos que xa acumulara o atacante,

que continuaba o xogo procedendo a

un novo saque. En cada quenda o xogador

tería todas as oportunidades de ataque posibles,

mentres non perdese quenda.

A vez perdíase sempre nestas circunstancias:

- Se che pillaban a billa no aire antes de tocar

terra, xa fose no saque ou en calquera dos tres

intentos de avance.

- Cando o defensor, ao devolver a billa co brazo,

conseguía que dera no palán, nas cepas, pasara

por baixo ou ficara detida a unha distancia

menor dun palán de calquera das pedras.

- Se fallaba tres intentos de golpe seguidos, xa na

saída, xa nos avances.

- Cando a billa, logo dos tres avances, quedaba

a menos dun palán de calquera das cepas.

- Se o último golpe de avance se daba á rastreira.

A rastreira producíase ao ir dar os golpes de avance

sobre a bica da billa: se esta non brincaba e

ou ben se chantaba na terra, ou avanzaba en

horizontal á toneira, dicíase:¡Á rastreira! Daquela

o defensor collía a billa coa man e levábaa ata

as cepas, e alí dende a altura do bico, deixábaa

caer procurando que quedase o máis arri-

66

mada ás pedras para amolar no posible o

seguinte golpe de avance. Así é que se fallabas

no último pau, realmente estabas perdido, e, na

práctica dabámonos xa por eliminados.

Xogabamos tamén con estoutras dúas regras: Se

nalgún momento do xogo (fose por un burato,

por un turrón, por unha beirarrúa) a billa quedaba

de xeito tal que podías meter por debaixo

dela o palán, dicíamos: ¡cóllelle! E daquela

estábase autorizado para levantar á billa

empurrando dende abaixo, o que era máis

doado que atinar na bica e rematar na billa, e

aseguraba unha tirada longa. E tamén, se conseguíamos

dirixir a billa, no último avance, ata

unha posición que xa fose por unha fonte,

unha esquina, unha calexa ou unha árbore, e

dende ela, e mirando en liña recta, non se

dexergasen as cepas, diciamos: ¡Non se ven as

cepas! ¡A acabar! E automaticamente gañábase

o xogo, o chico ou a mota; pero non

necesariamente a partida que se podía xogar

a dous realitos (cincuenta céntimos) ou a peseta.

Das Actividades

A procura dos materiais foi a primeira necesidade

de traballo que houbemos de encarar. Para os

paláns e as billas fomos ao monte a cortar toxos

axeitados en grosor, dereitura e tamaño, para

ver de amosar aos alumnos o material tradicional

empregado na facturación dos elementos

do xogo da billarda. Das nosas razzias polas

toxeiras de Moeche trouxemos unha brazada

de bos toxos e unha manchea de rabuñadas.

Visitamos tamén tendas de bricolaxe e carpinterías

da zona buscando alternativas máis practicas

e menos custosas. Atopamos que as ripas de

faia ofrecen unha alternativa real que cumpre

as expectativas que buscábamos: son duras,

resistentes, homoxéneas e doadas de adquirir en

prezo e cantidade. Parécenos que a posibilidade

que ofrece o mercado, de solucionar a

adquisición básica de material dun xeito urbano

e industrializado, debe ser tida moi en conta se

se quere difundir o xogo nos tempos que corren.

A facturación dos materiais realizámola aproveitando

as clases de plástica e pretecnoloxía, traballando

cos alumnos e alumnas a facturación

tradicional do xogo da billarda, dun xeito técnico

moi similar ao que usarían os rapaces de hai

cincuenta anos: pelar e limpar os toxos e facérmoslles

as bicas ou extremos a billa. Para motivar

aos rapaces e personalizar o seu traballo

dun xeito creativo (e que puidesen sentir as

ferramentas verdadeiramente coma súas) fixemos

unhas mostras coloristas e atractivas que

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!