11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

documentado en boa parte da Europa central

e sureña pode ser así recoñecido como un

xogo autóctono europeo.

Das nosas pescudas etnográficas puidemos constatar

a ausencia total deste xogo no contexto

actual do mundo infantil na nosa zona de traballo

e unha serie de testemuñas breves e incompletas,

na maioría dos entrevistados.

Afortunadamente tamén recollemos algúns

modelos propios da zona, feitos por parentes ou

amigos dos nenos, pudendo así constatar con

aportes materiais, dúas ferramentas do xogo:

caño e richinó, con morfoloxías así mesmo particulares.

Tamén puidemos recoller o regulamento

completo da maneira de xogar a billarda na

vila de Cedeira, que por parecernos de interese,

ofrecemos a continuación íntegro:

En Cedeira chamabámoslle palán de billarda,

cando menos os que agora temos cincuenta

pero os vellos chamábanlle irio.

Á billarda xógase con dous paos diferenciados: o

palán e a billa. O palán é un cilindro de 50 cm.

de lonxitude, e 2 ou 3 de groso; a billa é un cilindro

de entre 15 e 20 cm. de longo e grosor

variable, que vai aguzado, coma un lapis, polos

dous extremos, que reciben o nome de bicas.

Á billarda podíamos xogar un contra un o por

equipos. O obxectivo do xogo era conseguir o

maior número de puntos previamente pactados.

Así diciamos que xogabamos a un chico

cando queríamos acabar aos cincuenta puntos,

e dicíamos a unha mota, cando xogabamos

a cen (polo daquela un chico era o nome da

moeda de cinco céntimos de peseta e unha

mota era a de dez céntimos). Para conseguirmos

eses puntos deberíamos de afastar a billa

da saída, tanto como puidesemos: a medida

dun palán era o valor dun punto.

A billarda xogábase por quendas. Mentres un

procuraba facer puntos e non ser eliminado, o

IDEA 2005

contrario esmerábase en impedirllo e en eliminalo,

para pasar así el a disposición de

xogador atacante.

O lugar de saída eran dúas pedras chamadas

cepas, que debían de levantar da carón unha

cuarta boa. Distanciábanse unha da outra o suficiente

para asentar nelas a lonxitude do palán.

O atacante púñase ao lado das cepas, co palán

nunha man e a billa na outra, presto para chimpala

o máis lonxe posible; e o defensor, rúa

adiante, enfronte, a una distancia prudencial e

axeitada, para mirar de cortar o avance da billa

ou mesmo pillala no aire.

A billa lanzabámola ao aire cunha mao e mentres

voaba dabámoslle as ansias co palán procurando

acertarlle no medio e medio, que non

é nada fácil, para que fora máis dereitiña e

chegara lonxe.

O que chimpaba a billa tiña que berrar no momento

mesmo de golpeala: ¡Palán de billarda.! Se

non se dicía, non valía o tiro. E de camiño tiña

que pousar o palán entre as cepas, pois se non

o facía así (ou caíalle ao poñelo) e o contrario

xa collera a billa podía achegarse correndo

mentres o palán non estivera montado nas

pedras. Se lle deras ben e a botabas lonxe por

riba das cabezas dos outros nenos berrabas

todo ledo: ¡A canealas! Pola banda de Cariño,

en cambio, dicían: !A caxilas!

Dende o mesmo lugar en que parara a billa, o

defensor facía, co brazo, un lanzamento por ver

de achegar o máis posible a billa ás cepas (ou

dar nelas e así gañar a quenda). A continuación

o atacante tiña tres oportunidades para seguir

alonxando a billa. Para iso batía coa punta do

palán en calquera das bicas da billa, para ver

de facela brincar no aire. E se tiña a habilidade

suficiente, rematala cun certeiro golpe, mentres

a billa voaba, para botala aínda máis lonxe. O

defensor andaba sempre ao redor, procurando

entorpecer a traxectoria ou pillala no aire.

Esgotados estes tres intentos procedíase a pedir

os puntos. O atacante calculaba, a ollo, o

número de paláns que habería entre a billa e as

cepas e dicía, por exemplo: -Pídoche vintecinco;

o outro xogador se entendía que andaba

pedindo de máis dicía: -Mídeas. E collendo o

palán e poñéndoo no chan sucesivamente,

contábamos o número exactos de puntos

(medidas de palán) que había. Operación que

non traía máis que leas e releas, se a liña non ía

todo o dereitiña que tería que ir. Se polo contrario

entendía que había bastantes máis das que

65

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!