11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cial deportivo e as posibilidades de espectáculo.

Pero si nos permitiría contar co seu entusiasmo,

colaboración, sentido lúdico e aporte de material

tradicional elaborado nas casas.

Pretendemos abrir a nosa experiencia á sociedade

e así buscamos, e encontramos, a colaboración

da comunidade escolar: familias, dirección

e claustro do centro, que nos brindaron a súa

colaboración e axuda onde puideron e sinaladamente

o Concello de As Somozas que nos forneceu

de camisetas e puchas deportivas.

Buscando información

Non sendo o obxecto do noso seminario facer

unha investigación académica sobre o tema

da billarda que abarque os moi varios aspectos

que este xogo pode presentar (nin tan sequera

facer unha profundación sobre algún deles),

senón máis ben elaborar unha proposta coherente

cara a súa posible constitución nun deporte

federado, non encaramos o noso traballo

coma unha análise etnográfica; pero, iso si,

para afrontarmos cunhas certas garantías o

noso empeño pareceunos inevitable iniciar un

primeiro período de reflexión e de estudio, de

procura de datos, de recoñecemento dos territorios

do xogo, (culturais, físicos, xeográficos,

lingüísticos, etc..) Complementaríamos así as

lembranzas persoais da infancia, non necesariamente

depreciábeis, e as experiencias previas

de traballar coa billarda no ensino e nas

asociacións veciñais.

Fornecemos o noso acervo de coñecementos

procurando información en tres frontes de traballo:

bibliográfica, etnográfica e internauta.

Afortunadamente, a bibliografía sobre a billarda é

abundante e a súa lectura ofrece unha idea

cabal e moi documentada dos seus aspectos

etnográficos e semánticos, da súa diversidade e

variedade, e da súa extensión xeográfica que

chega dende as terras arxentinas e portorriqueñas

64

ata Francia e Centro Europa pasando polas Illas

Canarias. Como puidemos comprobar na

rebusca que fixemos en Internet onde visitamos

as entradas que Google ofrece por escribir a

palabra billarda. Investigamos tamén, mediante

unha sinxela enquisa e un bon número de entrevistas

persoais, as formas do xogo nos Concellos

de As Somozas, Cedeira, Ares e Moeche.

Puidemos así axuntar unha información variada

e actualizada que nos permitiu afrontar o noso

traballo cun mellor coñecemento de causa e

permitiunos extraer algunhas conclusións:

- Non resulta fácil definir o xogo da billarda. As

variantes que presenta tanto no caso de

Galiza, coma no ámbito internacional, conforman

un universo lúdico que baixo certas constantes

presenta unha disparidade de regulamentos

e modos. E viceversa, baixo formas de

xogo moi similares aparecen un sen fin de

voces e nomes para nomealo: estornela, irio...

Con todo a voz billarda é sen dúbida a máis

estendida e recoñecida, a que etimoloxicamente

parece estar máis fundada.

- Pese a esta riqueza de modos, pódense establecer

pautas xerais de xogo:

1 Xógase con dous paus, un longo e outro curto

que deberá ter os extremos aguzados.

2 Co pau longo bátese no curto, quer no centro,

quer nas puntas, co obxecto de guindalo lonxe.

3 Hai sempre unha zona inicial de lanzamento,

sinalada ou ben por un círculo, un risco, un gua,

ou por unha ou dúas pedras, que haberá posteriormente

que defender de algún modo.

4 Xógase por un sistema rotatorio de quendas.

5 O obxecto do xogo é acadar un maior número

de puntos, sendo práctica moi estendida dar á

lonxitude do pao longo o valor dun punto.

6 Pódese xogar un contra un ou en grupo.

- Existe unha modalidade para xogar exclusivamente

entre dous xogadores, practicada entre

outros sitios nas Canarias onde xa a levaron a

escola, nas que se utilizan dúas ferraduras de

pedras, unha por parella, a xeito de "casa" ou

portería que terá que ser defendida polos xogadores

co pau longo, mentres os contrarios

empéñanse en meter entre as pedras en forma

de ferradura ao pao pequeno.

- Non pode falarse de xogo autóctono de

Galiza. Evidentemente é un xogo tradicional

de orixe incerto, do que, parece, téñense xa

noticias por Horacio, presenta unha etimoloxía

de base céltica e xermánica e está xa documentado

nos libros de Afonso X. Establecido e

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!