11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

de medida, do cálculo mental ou o dominio

espacial do medio físico). A segunda razón educativa

atinxiría ao deseño e confección das

ferramentas de xogo por parte dos mesmos

alumnos e alumnas, dotando así ao currículo

dunha outra posibilidade de deseño e experiencia

pretecnolóxica. (Na descrición da experiencia

comentamos polo miúdo estas posibilidades).

Un terceiro aval ofréceo o campo das

ciencias sociais e lingüísticas co estudio, a investigación

e a vivencia recuperadora dun trazo

sobranceiro do universo lúdico tradicional.

É unha teima constante no debate pedagóxico a

implicación entre escola e sociedade. Poucos

discuten hoxe a necesidade de educar para e

desde unha realidade social, cultural e histórica.

No caso concreto da comunidade educativa

galega esta necesidade síntese dun xeito cada

vez máis imperioso. O ensino en Galicia necesita

dunha constante revisión dos seus contidos que

permita introducir neles o achado de elementos

didácticos de seu, que lle permitan dar resposta

cumprida ao reto de ofrecer á sociedade galega

de principios do milenio unha escola de saber

universal artellada con elementos persoais.

Obxectivos

Os obxectivos que nos propuñamos cando

decidimos tirar con este experiencia eran

fundamentalmente dous:

1 Ensinar na escola o xogo da billarda, arestora

esquecido e descontextualizado na nosa

sociedade, vendo de introducir nel as innovacións

modernizadores, tanto de material

como de regulamento, que permitisen a

incardinación e contextualización dun xogo

rural tradicional no mundo moderno, a saber

esencialmente urbano.

2 Redactar unha proposta de regulamento de xogo

que dese cumprida satisfacción o obxectivo ante-

IDEA 2005

rior e que fundamentalmente viñese encadrada

entre as seguintes liñas de referencia:

- Que unificase as múltiples modalidades locais.

- Que se adaptase aos espacios públicos existentes

nas cidades e nas vilas: pavillóns e campos

de fútbol.

Ámbolos dous obxectivos buscan outro, a máis

longo prazo: o asentamento das condicións

para constituír á billarda coma un deporte regulamentado

e estructurado arredor dunha federación

deportiva normalizada e legalizada.

Neste senso, á nosa experiencia gustaríalle ser

un primeiro paso que encetase un camiño de

diálogo e discusión na procura dos elementos

necesarios para a consecución dese obxectivo,

que nos parece, viría dar resposta a un degoiro

latente en moitos profesionais da educación e

en parte da sociedade galega.

Biografía dunha experiencia

No outono do 2003 constituímos no C.E.I.P. As

Somozas o Seminario Permanente A Billarda,

coa idea de tentar introducir este xogo na escola

e mirar de darlle un tratamento actualizado

que o fixese atractivo e posible nos tempos que

corren. Pretendiamos tamén chegar a elaborar

en forma de regulamento unha normativa de

xogo que o fornecese de competitividade

(enténdase xogabilidade e, xa que logo, diversión)

e espectacularidade. Outra das esixencias

que nos impuxemos foi elaborar as condicións

de seguridade necesarias, tanto de regulamento

(distancia mínima dos xogadores con respecto

ao golpe), como de material (buscar cascos

con protectores faciais, caneleiras, luvas, etc.)

Eramos conscientes de que o escaso material

humano co que contábamos, (dezasete alumnos

de primaria dos cursos 5º e 6º), imporíanos

unhas restriccións físicas que non nos permitirían

explorar, senón tan só entrever, todo o seu poten-

63

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!