11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xustificación do traballo

62

A Billarda

Da importancia do xogo na educación

O xogo, entendido como un obxecto intelectual

regulamentado, acompaña a humanidade

dende as primeiras sociedades agrarias: tal o

xogo de Ur. O inacabable catálogo dos xogos

humanos representa unha das formulacións

máis coherentes e abafadoras da creatividade

humana, unha resposta cultural poliforme

a un dos máis inaprensibles sentimentos humanos:

o espírito lúdico. Xa sexan os wari dos

masai africanos, os xogos de rol, o fútbol, o

xadrez ou .a tauromaquia, os xogos comportan

unha linguaxe universal que, unha vez

dominada a súa estructura de regras, non

coñece valados idiomáticos nin culturais e

facilita a comunicación e o coñecemento:

dos individuos entre si e as comunidades entre

elas. Capaces de resistir incólumes o paso do

tempo acompañaron a historia dos homes,

enchendo o baleiro das horas, de diversión e

reflexión, caso da formidable construcción

mental que é o xadrez ou da sinxeleza sutil do

go xaponés.

Está suficientemente establecido o importante rol

que xoga a actividade lúdica dentro do proceso

didáctico coma fonte e instrumento da

aprendizaxe tanto durante a infancia como na

vida adulta. O xogo no caso da infancia representa

a esencia mesma da vida, mediante o

xogo o neno expresa o máis intenso do seu ser.

Unha proposta dende a escola pública para a revitalización

dun deporte tradicional

Begoña Salido Yánez, José Manuel Pita Calvo, Rafael López Loureiro.

SP do C.E.I.P. Igrexa - As Somozas.

O xogo permítelle vivir, imaxinar,crear e solucionar

situacións as que nunca tería acceso senon fose

xogando. O xogo axúdalle a relacionarse co

entorno, a socializarse cos seus compañeiros, a

vivir e comprobar a importancia do respecto

das normas e a afianzar e desenvolver a súa

personalidade.

O xogo na escola é recurso e contido ao mesmo

tempo, método e fin á vez. A imbricación do

xogo na escola e tal que sen el non poderiamos

recoñecer á didáctica do pasado século XX.

Da importancia da billarda

Non sendo o lugar este adecuado para deixar

constancia da influencia da billarda tradicional

europea en numerosos deportes modernos

(béisbol, críquet, golf, hoquei irlandés,

etc.) e deixar establecido o rol desempeñado

por este xogo na historia evolutiva das formas

lúdicas, contentarémonos con subliñar polo

miúdo os argumentos que avalan a súa incardinación

no proceso educativo.

A incorporación da billarda ao proceso educativo

ven xustificada na nosa opinión por tres razóns.

A primeira de orde puramente físico e deportivo,

xa que posibilita a ensinanza dunha actividade

que estimula as destrezas requiridas para

a práctica dun amplo grupo de deportes que

poderiamos incluír dentro da xeneralidade de

xogos de golpeo (sen desprezarmos os estímulos

que ofrece para a comprensión das unidades

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!