11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

nas aulas seguirá a liña marcada polo referente

teórico. Houbo unha gran conexión entre a parte

teórica e a parte práctica, interactuando para

complementárense mutuamente.

Como dificultades, podemos sinalar a de compaxinar

a nosa metodoloxía habitual con este enfoque,

a espontaneidade dos alumnos/as a participar

e contestar ás preguntas, o traballo nun ciclo

no que ninguén traballa deste xeito, a falta de

tempo para desenvolver as actividades dun xeito

máis completo, a falta de normas adquiridas (primeiro

ano de escolarización) do alumnado do 1º

nivel de E. I. que son necesarias para as actividades

en gran grupo, o tempo empregado en transcribi-los

diálogos a formato impreso, entre outras.

4. Traballo en equipo

Tódalas opinións levan ás mesmas conclusións: é

importante unha coordinación entre o profesorado,

mestres de distintos niveis e mestres especialistas,

a cooperación para superar as dificultades é

unha estratexia sempre positiva, vivenciar experiencias

novas en compaña doutros profesionais

sempre é enriquecedor dende o punto de vista

persoal e profesional. Para nós, coma mestres,

tamén é unha experiencia motivadora que aporta

vitalidade á nosa práctica docente.

5. Tempo e ritmo de traballo:

O tempo foi insuficiente para abordar este proxecto

nun ano académico. Foi unha experiencia ambiciosa

e a proposta de actividades foi ampla, polo

que ás veces quedaron un pouco incompletas. O

ritmo de traballo foi acelerado para uns membros

do Grupo de Traballo, e pola contra para outros

mestres foi axeitado e ben planificado.

6. Relación de expectativas e obxectivos acadados

Para a meirande parte do profesorado cumpríronse

os obxectivos, os que quedaron incompletos foi

por falta de tempo.

7. Significación persoal e profesional da experiencia

Supuxo un avance na formación do profesorado,

unha nova forma de organiza-las clases, outro

enfoque para traballar arte e literatura e trasladarmos

esta metodoloxía a outros ámbitos. A experiencia

foi moi enriquecedora pois compleméntase

coas distintas formas que temos de traballar. En

resumo, é un campo de acción amplo co que se

nos abriron novas perspectivas de traballo en

grupo e individual.

IDEA 2005

Cambios que se produciron a partir este proxecto:

motivación e participación do alumnado, unha

novidade dentro das rutinas escolares, un enfoque

distinto en materias coma a lecto-escritura,

consecución dunha clase máis dinámica e flexible

e que o alumnado se volva máis crítico e

reflexivo sempre dende un punto de vista

constructivo.

8.Perspectivas de futuro

Existe un interese común para seguirmos traballando

nesta liña. Uns farémolo neste centro

de traballo e outros noutros destinos onde

poderemos contar a experiencia e espallar

esta proposta de traballo concreta.

As conclusións acadadas naceron da reflexión

conxunta que tivemos tódolos membros do

grupo de traballo, despois de traballarmos as

habilidades de pensamento dende unha perspectiva

filosófica durante este curso.

Os aspectos máis positivos desta opción metodolóxica

son os seguintes:

É motivadora para o alumnado, xa que se fan

actividades diversas que parten da realidade

de cada alumno/a. Tamén o é para o profesorado,

pois é unha forma de traballar distinta

pero que se pode complementar coa liña

metodolóxica que levamos ata agora.

É estimulante, pola variedade de actividades

que poden experimentar tanto nenos coma

mestres.

É flexible, xa que se adapta ós distintos niveis

mentais dos alumnos/as e ós seus intereses

e necesidades.

É global, pois desenvolve dun xeito integral as

habilidades de pensamento de nenos/as.

Propicia e consolida hábitos de traballo: a

escoita, a atención, as normas..., son actitudes

fundamentais para acadar unha sociedade

democrática e respectuosa coa pluralidade

da sociedade.

Fomenta a interacción e cooperación: os agrupamentos

en grande ou pequeno grupo son

imprescindibles para desenvolver moitas das

aprendizaxes básicas cara a vida, tanto para

os pequenos coma para os adultos.

Implica ás familias: invítaselles a participar destas

actividades téndoas informados en que

59

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!