11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Álvaro: Porque as bonecas son moi cursis.

Fernando: Porque ás nenas gústalles ser como as

súas mamás.

Daniel: Porque temos mellores cousas que facer.

Alicia: ¿Por que Deus non ten pais?

Sara: Porque lle morreron.

Mar: Porque se creou el só.

Luísa: Porque Deus nacera dun ovo.

Álvaro: Porque foi o primeiro home.

Mar: ¿Quen inventou as asignaturas?

Julen Ríos: Os directores das escolas.

Daniel: Un científico.

Álvaro: ¿Quen descubriu os planetas?

Noel: Cristóbal Colón.

Julen Ríos: Os astronautas.

Brais: Os científicos.

Uxía: Descubríronos cos telescopios.

Noel: ¿Como se fan os traxes de astronauta?

Fernando: Con silicona.

Uxía: No, iso é o que leva Yola Berrocal nas tetas.

Fanse cuns materiais especiais.

Fernando: Si, cuns materiais especiais para aguantar

moito frío.

Brais: ¿Por que os rotus pintan?

Álvaro: Porque teñen tinta.

Sergio: Porque teñen líquido.

Julen Rubido: ¿Por que o sol bota raios á terra?

Daniel: Porque é redondo e lanza raios a todas

partes.

Álvaro: Porque nós os necesitamos.

Julen Ríos: Porque o Sol é unha estrela de lume.

Julen Ríos: ¿Por que na vida real non hai superheroes

coma nos contos?

Fernando: Porque non existe a maxia.

Álvaro: Porque a xente normal non ten poderes.

Mar: Porque os superheroes teñen poderes e na

vida real non existen.

Sara: Porque os contos son inventados.

Sergio: ¿Por que a xente morre?

Daniel: Porque se nos vai arrefecendo moito o

sangue e se nos seca.

Sara: Porque lles falla o corazón.

58

Daniel: Unha mazá podrece nun mes e nós en

moitos anos.

Luísa: Poden morrer cos anos ou de enfermidade.

A proposta de traballo foi posta en práctica ó longo

do curso 2003-04. O alumnado experimentou esta

metodoloxía a través de varias actividades que xa

explicamos anteriormente e que se desenvolveron

ó longo dos tres trimestres escolares.

Avaliación do alumnado

Os instrumentos de avaliación empregados cumpren

os requisitos fundamentais de avaliación inicial,

formativa, continua, baseada no proceso,

cualitativa e que avalíe os conceptos, procedementos,

actitudes...).

Continuamos aplicando unha avaliación figuroanalóxica

para que cada neno/a valorase todo o

traballo realizado que se xunta co material didáctico.

Utilízanse símbolos ou imaxes para facer un

razoamento analóxico que axuda a acadar un

pensamento crítico, creativo e coidadoso.

Empregamos o elemento lúdico como medio para

a avaliación, e o diálogo como medio de canalizar

as súas opinións.

Avaliación do profesorado

A avaliación do profesorado fíxose a partir dunha

enquisa aberta. Tamén se fixo unha avaliación

analóxico-figurativa na que tivemos que valorar

distintos aspectos sobre este traballo:

1. Coñecementos previos

A metade dos membros do grupo de traballo xa

tiveron unha experiencia previa en cursos

anteriores e a outra metade era a primeira vez

que tiñan coñecemento deste proxecto.

2.Formación teórica

Hai variedade de opinións. Por unha banda os

relatorios cumpriron as expectativas ó respecto

da información teórica e, pola outra banda, as

sesións teóricas precisan ter unha continuidade

nun futuro próximo.

3.Formación práctica

Compre destacar que a base da nosa práctica é a

formación teórica dos relatorios e a bibliografía

manexada. Polo tanto, a práctica levada a cabo

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!