Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
cómic e presentalo ós nenos e nenas de E. I. o Día

do Libro.

1ª sesión:

- Partimos da lectura e dramatización do conto na

clase. Unha vez comprendido o conto, pasamos á

seguinte actividade que consistiu en que eles mesmos

fixeran preguntas sobre o que lles suxería o

conto.

2º sesión:

- Traducimos e resumímo-lo conto en lingua galega.

3ª e 4ª sesións:

- Tiveron lugar os diálogos das diferentes sesións

levadas a cabo para elaborar o texto de presentación

á vista de cada páxina do conto.

Antes diso chégase á conclusión de que é preciso

facelo dun xeito que chame a atención dos

nenos e nenas; e a mellor forma de facelo é dun

xeito lúdico e facendo participar ós nenos.

5ª sesión:

- Representación do conto con proxección co

canón de vídeo o Día do Libro.

6ª sesión:

- Avaliación do traballo.

Lingua inglesa

2º Nivel do 2º Ciclo de E. P.

Traballouse o conto "La Gallina Lina" en lingua castelán

e tamén en lingua inglesa. Fixeron as preguntas

sobre o conto e tamén contestaron ás cuestións

seleccionadas. Versionaron a través do debuxo

este conto e, por último, fixeron unha avaliación

analóxico-figurativa.

Materiais

- Conto "La Gallina Lina".

- Plásticos: pinturas, rotuladores, ...

Habilidades de pensamento postas en

práctica:

1. Habilidades de investigación

- Adiviñar.

- Averiguar.

56

- Formular hipótese.

- Observar.

- Buscar alternativas.

- Anticipar consecuencias.

- Imaxinar: idear, inventar, crear.

2. Habilidades de conceptualización

- Establecer semellanzas e diferencias.

- Comparar e contrastar.

3. Habilidades de razoamento

- Buscar e dar razóns.

- Inferir.

- Razoar hipoteticamente.

- Razoar analoxicamente.

- Buscar causas e efectos.

- Relacionar medios e fins.

- Establecer criterios.

4. Habilidades de tradución e formulación

- Explicar: narrar e describir.

- Interpretar.

- Improvisar.

- Traducir da linguaxe oral á mímica e viceversa.

- Traducir da linguaxe oral á plástica e viceversa.

- Resumir.

Actividades de liguaxe oral: Lis e as

súas preguntas

Alumnado

Todo o pertencente ós titores e titoras que participaron

neste Grupo de Traballo, ademáis dos

nenos e nenas que participaron nesta experiencia

coa mestra especialista en lingua inglesa.

Organización da actividade

Esta actividade parte dun pequeno texto do

libro Lis, un relato de filosofía para niños, de

Stella Accorinti. Editorial Manantial.

O texto é o seguinte:

"Gustame facer preguntas. Sempre teño moitas

preguntas na mente. ¿Vós tedes moitas preguntas

na mente?"

Os profesores contamos ó noso alumnado que LIS é

unha nena que ten moitas preguntas na mente, e

convidámolos a que eles fagan preguntas

sobre aqueles aspectos e temas que teñan

curiosidade.

IDEA 2005