Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
Comentario de dúas láminas de Joan Miró (unha

en cada clase) e rexistro das conversas que suscitaron.

Tamén colorearon a réplica do cadro,

unha vez que se lles deu en branco e negro.

A avaliación foi oral e manifestábanse sobre se lles

gustou ou non a actividade.

2º nivel de E.I.

Constelaciones. (Grupo A).

Rematar un cadro de forma libre partindo dun

anaco orixinal. Unha vez rematado o cadro

cada rapaz ponlle o seu título e comezan a falar

e comparar a obra orixinal do autor e as súas

propias produccións.

Coma sempre, antes de falar hai que establecelas

normas que hai que respectar para que a

conversa sexa posible.

A avaliación foi oral e non se rexistrou.

Mujer en la noche. (Grupo B).

Escollemos unha lámina dun cadro de Joan Miró,

dividímola en tantas partes como nenos e nenas

temos e pegámolas nunha cartolina ou folio no

mesmo lugar e posición que o orixinal.

Pedímoslle ós alumnos e alumnas que o observasen

e que dixesen a que se lles parecía, e a

partir de aí que o debuxasen partindo do anaco

do cadro. Os nenos e nenas descoñecían a

obra inicial.

52

Pónselle un título a cada obra individual.

Unha vez que xa temos as obras artísticas dos

pequenos e pequenas, facemos unha análise

comparándoa coa obra de Miró. Teñen que

comentar o cadro orixinal (cores, formas, motivo

que debuxou, que representa...). Logo debe cada

un atopar o seu anaco e, por último, comentar o

que debuxaron eles mesmos e por que.

Esta última parte queda recollida nas conversas que

tiveron lugar na aula e que máis tarde foron transcritas

polos mestres/as.

Finalmente fixeron unha avaliación oral.

3º Nivel de E.I.

Retrato de Mrs. Mills. (Grupo A).

El carnaval del Arlequín. (Grupo B).

Dáselles ós nenos unha folla Din-A4 cunha doceava

parte do cadro de Joan Miró para que a

completen a súa maneira. Este traballo foi unha

proposta semanal para o recanto de plástica,

polo que xeralmente os nenos e nenas farano

en grupos de 3.

A lámina non se lles ensina previamente, aínda que

se trata dun cadro que xa viron nalgunha ocasión:

" Retrato de Mrs. Wills".

A avaliación foi feita de forma oral e en grupo.

1º Ciclo. 1º Nivel de E.P.

O cadro de Miró foi dividido en catro 4 partes.

Pegouse cada parte nunha cartolina branca

IDEA 2005