Nº 11
Nº 11
Nº 11
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
que meditar, que discutir, compartir erros e dúbidas

en equipo, intentando sempre dar unha resposta

educativa ós nosos alumnos/as e perfeccionando

a nosa formación como profesionais do

ensino.

Reflectimos os obxectivos, contidos, actividades,

temporalización, agrupación do alumnado, materiais

e avaliación que foron realizadas polo Grupo

de Traballo durante o curso 2003-04.

Exemplificacións das actividades

presentadas

Actividade de Arte: Os nenos e nenas,

Miró e a arte

Actividades comúns

Nesta actividade participou todo o alumnado titorado

polos mestres que participan no grupo de traballo

e tamén un grupo de 1º ciclo do 2º nivel de

E. Primaria organizado pola mestra especialista en

Lingua Inglesa.

Escollemos traballar con Joan Miró porque

neste primeiro trimestre presentábase na Sala

de Exposicións da Fundación Caixa Galicia de

A Coruña " EL CÁNTICO DEL SOL". A nosa idea

foi levar os nenos e mais as nenas a ve-la

exposición que, ademais, era guiada por una

experta en arte.

Fixemos unha saída co alumnado de E.Infantil e

outra cos nenos e nenas de E.Primaria (1º

ciclo).

Como actividades previas a esta saída escolar fixemos

as seguintes:

- Proxección de diapositivas da obra de Joan Miró.

- Busca de bibliografía sobre a obra e vida deste

pintor.

- Manexo de moitos libros de láminas dos cadros

máis representativos das distintas etapas pictóricas

deste artista.

- Lectura colectiva do libro " O cadro máis bonito

do mundo", de Miquel Obiols-Roger Olmos, editado

por Kalandraka.

Actividade eixo

A saída escolar programada coa guía e na que os

nenos e nenas participaron atentamente:conver-

IDEA 2005

sas , obradoiro de plastilina coas cores empregadas

por Miró, coloreado de cadros expostos

na sala,...

Actividades artísticas

Actividade: A réplica de Miró

Alumnado: Todo o titorado polos mestres e mestras

participantes deste Grupo de Traballo.

Organización da actividade

Pretendemos facer unhas obras semellantes ás

da última etapa de Joan Miró. Para iso collemos

uns paneis de madeira, tipo mural, e

enchémolos con recortes de airon-fix, de pintura

, de rotuladores e outros materiais plásticos.

Empregamos fundamentalmente as cores

de Miró, as formas xeométricas e os motivos

repetitivos nos seus cadros.

A organización do alumnado foi unha agrupación

vertical en E.I. (3,4,5 anos) e o resultado

foron dúas obras.

No 1º-Ciclo de E.P. fixeron un cadro entre os

dous primeiros cursos, e os nenos e nenas de

2º elaboraron un mural en colaboración coa

mestra especialista de Inglés.

No 2º ciclo de E.P. variaron a forma de traballar

e o resultado foi unha o representación teatral

relacionando as estacións coa obra pictórica

de Joan Miró.

Materiais

- Cadros de Joan Miró

- Plásticos e funxibles: cartolinas, airon-fix,cores..

Actividade: dun cadro moitos cadros

Alumnado e organización da actividade

1º nivel de E.I.

La esperanza del navegante VI. (Grupos A e B)

51