11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

trazando o debuxo e cada un vai opinando o

que lle parece, se queda ben ou non...

No caso ao que no referimos, como había tres elementos

principais no noso deseño, decidimos

repartir o traballo por grupos co fin de que cada

un soubese o que tiña que facer (temos a experiencia

de anos atrás de que se non lles damos

un traballo concreto, os cativos e as cativas non

participan tanto). Cada grupo ocupouse da

realización dun dos motivos: un grupo fixo a flor,

outro a bolboreta e outro o sol. Logo entre todos

colocamos o verde (tuia) para a herba e o azul

(hortensia) para o ceo. Como aínda nos sobraban

flores decidimos facerlle un bordo de pétalos.

Todos/as estabamos de acordo: quedounos

moi chula!.

Así nos quedou a flor.

Ademais, estudamos a posibilidade de irmos o

sábado pola noite a Ares para participar na

confección das alfombras nas rúas. Con algúns

membros da Asociación Alfombra Floral concretamos

o debuxo que podíamos facer e en que

rúa nos correspondería realizalo. Comentámolo

cas familias e quedamos en que quen quixese e

puidese, a partir das nove da noite tiña que

estar na rúa correspondente. Normalmente, os

debuxos de cada rúa teñen un tema común e

un dos temas deste ano era a película

"Buscando a Nemo", así que nos tocou facer un

debuxo sobre esa película que todos e todas

coñeciamos. Como anécdota podemos indicar

que a idea era realizar un dos debuxos pero

estabamos tan a gusto que acabamos traballando

nos de toda a rúa na que estabamos.

De todo o expresado ata agora pódese deducir

que entre os contidos traballados neste proxecto

destacan os referidos ao contorno social no

que vive o neno, e en especial os referentes ás

festas da comunidade: festas tradicionais que

neste caso están ligadas ao calendario.

Fomentamos, por tanto, a participación na conmemoración

destas festas, a actitude de cola-

42

boración e asunción de pequenas responsabilidades

no contorno social.

4.4 Comunicar os resultados

Unha vez rematado o traballo concreto da alfombra

e de quedarmos todas e todos satisfeitos

polo vivido, queda outro traballo: ó longo do

proceso fomos facendo fotos e traballos na

clase, que pensamos poden servir tanto para

que nós poidamos recordar todo o que fixemos,

como para podérllelo contar ós demais, ás familias

e aos nosos amigos e amigas cos que mantemos

correspondencia. Disto xurdiu a idea de

facermos un libro. A partires das fotos que fumos

facendo de todo o proceso, imos contando

todo o que fixemos.

Tamén aproveitamos todos os traballos que fomos

facendo na clase, tanto individualmente coma

de forma colectiva; ademais, na prensa deses

días apareceron artigos que fan referencia á

festa do Corpus, que tamén incorporamos ao

noso dossier. En fin, que todo o que ten relación

co traballado é empregado de forma que o

resultado é a plasmación dun proxecto vivido

nas escolas e tamén fóra delas.

Como todo libro que se preste necesitamos

poñerlle un título, e como somos de dúas escolas,

cada escola decidiu o seu título e elaborou

o seu libro particular. Logo nolos emprestamos,

xa que sempre hai diferentes perspectivas para

un mesmo traballo. Estes foron os dous títulos:

- Unha alfombra floral.

- Unha festa de flores.

A alfombra que fixemos.

De todo o exposto ata aquí, concluímos que este

foi un proxecto vivo, directo, especial, no que

compartimos experiencias, traballos,... e co que

tratamos de valorar un pouquiño máis quen

somos, onde estamos e sobre todo o que facemos,

que sempre ten moito sentido.

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!