11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

as de Ares, se teñen na casa algunha foto,

etc.

4.3 Planificación dos obxectivos e do

traballo a realizar

Discutimos entón varias decisións que hai que

tomar se queremos facer entre todos e todas

unha alfombra e pensamos onde: se o curso

pasado foi en Redes, este ano toca en Cervás.

Ademais temos que decidir conxuntamente

que debuxo imos facer. Neste caso, o alumnado

de Redes propuxo un posible debuxo que foi

enviado aos seus compañeiros e compañeiras

de Cervás, en forma de mural. A estes pareceulles

ben e procedeuse á planificación de todo o

necesario para elabora a alfombra:

- ¿Que flores imos usar? Tendo en conta os motivos

do debuxo, pensamos entre todos e todas

que flores poden servir para cada un: o sol, a

bolboreta, a flor, a herba, o ceo. Decidimos a

cor que ha de ter cada motivo e que flores

coñecemos desa cor.

- ¿Alguén ten esas flores na súa casa?

- ¿Podemos ir nós a algún sitio a recoller as flores?

Recolectando flores.

Podemos indicar aquí, que a colaboración das

familias é fundamental no noso traballo xa que

nos axudan habitualmente en todo o que lles

pedimos: nos din onde podemos ir recoller flores,

nos acompañan, nos traen tamén ideas que

sempre resultan interesantes.

Xuntamos en cada escola o material necesario.

Para iso as familias aportan o que poden e o

resto ímolo buscar nós a onde podemos:

- das casas normalmente aportan as hortensias, as

rosas, a tuia, as que nos chamamos "lágrimas de

crocodilo"...

IDEA 2005

- imos de excursión polos arredores das escolas

para buscar pampillo, cardos, "lágrimas"...

Cando xa temos todo o material vexetal nas escolas,

procedemos á súa clasificación, colocando

por lotes ou grupos e preparando o que sexa

necesario: separar os pétalos das rosas, das hortensias,

picar a tuia,...

Clasificamos as plantas polas cores.

O xoves (verdadeiro día do Corpus Christi) procedemos

á realización da alfombra:

Así distribuímos as flores no deseño.

Facendo o Sol.

- Decidimos onde a imos facer: como vai bon

tempo facémola fóra nunha pista de cemento

que temos. Co esquema que deseñaramos imos

41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!