Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
PProxectos de traballo:

Mª

1. A modo de presentación

Somos dúas mestras que traballamos nas escolas

unitarias do Concello de Ares. É este un concello

pequeno, cunha superficie de 18 km cadrados

e unha poboación en torno aos 5.000 habitantes

que se duplica nos meses de verán.

Ademais das dúas escolas unitarias hai un CPI

no núcleo urbano. Desde hai varios anos estamos

a desenvolver actividades en común entre

as dúas escolas, sobre todo as referidas ás festas

cíclicas anuais: Samaín, Nadal, Entroido e

Corpus. Compartimos ademais as saídas, por

aquilo de aproveitar recursos. Todo isto dá

como resultado un contacto continuado e un

intercambio de iniciativas.

2. O grupo de traballo

Durante o curso 2003/2004 formamos parte dun

grupo de traballo con compañeiras doutros

centros próximos aos nosos co obxecto de profundar

no traballo por proxectos. Elas eran

Cristina López Dacosta, do CPI de Ares, Alicia

López Pardo, do CEIP de Pontedeume, e Mª Pilar

Rodríguez Souto da Escola Unitaria de San Xoán

de Piñeiro, no Concello de Mugardos.

Pretendíamos, entón, atopar un xeito de estar na

escola que nos permitise conectar vida familiar

e vida escolar, todo inmerso nun entorno que

debemos investigar. Unha escola onde ler e

escribir teñan sentido, onde os sentimentos e as

IDEA 2005

Unha festa de flores

Teresa Neira Tenreiro, EEI de Cervás-Chanteiro, Ares

Carmen Canedo Aldao, EEI de Redes-Caamouco, Ares

emocións teñan cabida, onde as aprendizaxes

sexan significativas... Consideramos que os proxectos

poden responder a todas estas demandas

pola súa flexibilidade, porque permiten

abordar calquera tema, porque sempre son

diferentes, como diferentes son as persoas e os

grupos, porque poden ser moi longos ou moi

curtos, porque podemos parar cando queremos

e retomalos de novo se nos parece ben.

3. A teoría

Como resultado do traballo deste grupo puidemos

elaborar unha pequena recensión teórica.

3.1 Definición

Podemos definir un proxecto de traballo como un

procedemento de aprendizaxe que trata de

levar á escola o modo natural de aprender que

temos as persoas. Este modo de proceder supón

un cambio de actitude. É necesario aprender a

escoitar, observar o que interesa para canalizar,

organizar, propoñer. Trátase de acompañar na

busca de aportar recursos, de avaliar o proceso

para introducir cambios se fose necesario.

3.2 Fundamentos pedagóxicos

Os proxectos de traballo susténtanse en principios

pedagóxicos sólidos como son a aprendizaxe

significativa, atención individualizada e respecto

á diversidade, investigación sobre a práctica,

39