11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Para saber a hora colocámonos no analema na

fecha que corresponda

co día no que estamos. A

prolongación da nosa

sombra cortará a elipse

nun punto que indicará a

hora. Á hora marcada na

elipse teremos que engadirlle

unha hora se estamos

en horario de inverno,

e dúas horas se estamos

en horario de verán.

Fig. 3. Neste exemplo podemos ver a unha alumna medindo a

hora o día 18 de xuño de 2004, outro alumno indica a prolongación

da sombra, que vai cortar á elipse cerca das 10, pero

como estamos en horario de verán teremos que engadirlle 2

horas, polo que esta foto sería feita ás 12 do mediodía.

¿Como se constrúe un reloxo de Sol

Analemático?

O primeiro que temos que decidir é o que vai

medir o eixo maior da elipse, que no noso caso

é 12 metros. Este eixo vai situado na dirección

Leste-Oeste. Para debuxar a elipse necesitamos

saber onde van os focos. Para isto o que facemos

é debuxar un ángulo, nun dos extremos do

eixo maior, igual á latitude do lugar (45.7192º é

a de San Sadurniño). Trazamos unha perpendicular

á recta debuxada pasando polo centro

do eixo maior, que se cortan no punto J, e

medindo a lonxitude GJ, obteremos a distancia

dos focos ó centro da elipse.

Unha vez debuxada a elipse, temos que debuxar

o analema, pero antes cómpre comentar

que é o analema. Imaxinade que facedes

unha foto semanal ó Sol, sempre á mesma

hora e dende o mesmo lugar, sen importar os

cambios horarios, é dicir, non imos adiantar nin

atrasar o noso reloxo durante todo o ano.

36

Fig. 2. O analema.

Obteremos 52 fotos do Sol, que se as superpoñemos

debuxarán o analema.

Figura 4. A elipse propia para o lugar.

O analema que temos que debuxar nós no reloxo

de Sol Analemático,depende da medida do

eixo maior (chamámoslle

A), da

Ecuación do Tempo

(ET), da Declinación

(D) e da lonxitude do

lugar (L). Tanto a

Declinación coma a

Ecuación do Tempo

poden ser consultadas

en calquera

observatorio astronómico.

Unha vez

temos estes datos, as

ecuacións paramétricas

do Analema Foto 5. Fotografía do Sol

serán:

tomada semanalamente

X=A . sen(ET)

{ Y=A . cos(L) . tan(D)

dende un mesmo lugar.

Temos xa os pasos necesarios para a construcción,

pero para levalos a cabo hai unha serie de

conceptos que temos que traballar co alumnado,

dentro e fóra da aula.

O primeiro deles é o de elipse, o cal implica que

temos que tratala co resto das cónicas. Estes son

contidos propios do currículo da ESO. Pero para

a construcción da nosa elipse aparecen conceptos

como os de ángulo e latitude, que nós

decidimos traballar tamén na nosa aula antes

de abordar o tema das cónicas.

Sorprendémonos moito cunha actividade sobre

estimación de ángulos que preparamos, que

consistía en debuxar distintos ángulos cun programa

informático de xeometría plana chamado

kseg, de licencia GPL e que traballa baixo o

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!