Nº 11
Nº 11
Nº 11
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
Cando decidimos comezar esta experiencia do

ensino da Astronomía, non imaxinamos o que ía

supoñer na nosa formación, tanto na mellora das

relacións cos nosos compañeiros, coma na relación

cos nosos alumnos, dentro e fóra da aula.

Tampouco imaxinamos a cantidade de contidos

de educación primaria e secundaria que podiamos

traballar co sol como "material didáctico".

Pero todo isto foi xurdindo nas nosas reunións

como algo que estaba durmindo e quería espertar

para darse a coñecer, para entregarse a nós

e ó noso alumnado: O pracer de aprender todos

xuntos algo que non sabiamos onde nos ía levar.

Decidimos, entre todos os profesores que formamos

o seminario permanente, construír un reloxo

de sol analemático no patio do colexio, aínda

que dous dos profesores non sabiamos o que

era (Julia e eu) , outros dous non sabían como se

construía (Juan e Lola), e menos mal que o últi-

IDEA 2005

Traballando co Sol

TAndrés Manuel Díaz Prieto, do SP Traballando co Sol.

CPI San Sadurniño.

mo en unirse ó grupo sabía todo o que necesitabamos

para construílo (Paulino). Quedou

claro dende un principio, aínda que nunca falamos

disto, que sería Paulino quen tiña que marcar

o ritmo de traballo, de maneira que el nos

dicía en cada reunión cal era o seguinte paso a

dar cara á construcción do reloxo, e nós deseñábamos

as actividades que tiñamos que traballar

cos nosos alumnos na aula.

O primeiro paso para a construcción do reloxo de Sol

Analemático é saber o que é, e cómo funciona.

Pois ben, un reloxo de Sol Analemático consiste

nunha elipse, co eixo maior orientado na dirección

Leste-Oeste e o eixo menor na dirección Norte-Sur.

No exterior da elipse colócanse uns números que

indican as horas, e no seu interior unha curva chamada

analema, onde van marcados os meses e

os días un, dez e vinte de cada mes.

Fig 1. O reloxo de sol analemático.

35