11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

O CMUS de Ferrol ven de estrear novas instalacións

no ferrolán barrio de Caranza. En realidade

o mais importante do centro que son os

alumnos, profesores e persoal non docente é

practicamente o mesmo que había antes do

traslado ao novo edificio, pero a posibilidade de

traballar, ensinar, aprender e comunicar facendo

música nun espacio axeitado debe dar por

fin resposta á gran potencialidade que hai neste

eido en Ferrolterra.

Ensino reglado non obligatorio

O ensino da música nos centros oficiais plantexa

na actualidade o problema da difícil conxunción

entre uns programas de estudio esixentes e

rigorosos encamiñados a que os alumnos e

alumnas teñan ao remataren os seus estudios

medios unha elevada competencia no dominio

30

Conservatorio profesional

de música de Ferrol

Cou da dignificación da música en Ferrolterra.

técnico do seu instrumento,

unha

base teórica firme e

máis experiencia de

interpretación en

grupo (orquestra,

coro, música de

cámara) e o indiscutible

aspecto lúdico

e formativo desta

aprendizaxe.

César Concheiro Guerrico

Os estudios elementais organízanse en catro cursos

nos que os alumnos se inician no coñecemento

do seu instrumento, aprenden solfexo,

practican a música de conxunto cantando en

coro, e mediante as audicións comentadas

empezan a descubrir autores, obras e formas

musicais.

O primeiro gran obstáculo na incipiente carreira

musical dun alumno de apenas 12 anos é a

proba de acceso a grao medio, na que concursará

con outros candidatos para conseguir

unha praza do seu instrumento neste grao.

Unha vez conseguido o acceso ao grao medio

empeza o mellor da súa aventura, tocar en

orquestra, facer música de cámara, iniciarse nos

coñecementos de harmonía, análise, fundamentos

de composición…, pero tamén comeza

o problema de compaxinar os estudios musicais

cos obrigatorios. Non podemos obviar que a

práctica da música é unha actividade que

require dedicación e tempo, o que, sumado á

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!