11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O equipo directivo parte de que a dirección dun

centro é a estructura organizativa que posibilita

a superación da concepción individualista da

función directiva, o que supón unha implicación

directa dos tres bloques de organización do

centro. Xaora, estamos perante unha escola

activa, cambiante, innovadora, esperta e atenta

a todos os cambios sociais e educativos,

onde está implicada toda a comunidade educativa.

Especialmente hoxe en día, estamos vivindo grandes

e moi positivos cambios para as escolas oficiais

de idiomas, como foi o da creación dunha

Dirección Xeral de Formación Profesional e

Ensinanzas Especiais e a recente creación

dunha Subdirección Xeral de Ensinanzas

Especias e Formación Permanente, algo moi

demandado polas EE.OO.II., o Marco Común

Europeo de Referencia para as Linguas, relacionado

coa implantación para o curso 2005-2006

dos tres niveis nas EE.OO.II., (nivel básico-2 anos,

nivel intermedio-2 anos e nivel avanzado-2

anos) .

A preocupación pola formación continúa é unha

constante na nosa escola, constatada polos

cursos de formación que se ofertan no centro

para o claustro. Durante o actual curso académico,

o centro conta con dous grupos de traballo

(nos que está implicado a metade do claustro)

para a elaboración do Proxecto Educativo

de Centro e do Plan de evacuación.

Mantendo esta liña activa, a E.O.I. de Ferrol foi pioneira

en establecer contactos coa Universidade,

en concreto, coa Facultade de Biblioteconomía

para que os seus estudantes puidesen facer

prácticas na nosa biblioteca. Este convenio está

a piques de ser firmado pola Xunta e a

Universidade, o que lle supón á escola un mellor

aproveitamento deste espazo: un horario de

apertura moi amplo, que non sería posíbel só

coa asistencia do profesorado, ademais de que

isto nos permite, tamén, contar coas opinións

cualificadas dos futuros profesionais.

IDEA 2005

Demandar institucionalmente a figura do bibliotecario

permanente para a nosa biblioteca, será

unha das liñas de continuidade de traballo da

dirección.

Así, tamén nesta liña, ofrecemos diversas actividades

extraescolares: Xa temos implantadas

dende os últimos anos, actividades tales como

os concursos gastronómicos, de tarxetas de

Nadal, de San Valentín, de fotografía, a semana

cultural, e, agora, como achega dos estudantes

en prácticas, os concursos de marcapáxinas,

todo relacionado coas linguas que se imparten

na escola, alén de representacións de obras de

teatro e actuacións diversas. tamén editamos

unha revista da escola chamada "Diálogo", e

outra máis específica do departamento de lingua

galega, nomeada "Alecrín".

Contemos, ademais, as viaxes aos diferentes países

da fala que se está a estudar. É dicir, todo un

marco plurilingüe e multicultural que caracteriza

unha escola activa como é a E.O.I. de Ferrol.

29

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!