Nº 11
Nº 11
Nº 11
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
Roberto Salgueiro González

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que a ten, ó escritor

ou escritora?

É evidente que a literatura educa, como educa a música, a pintura, a arte en xeral. A literatura coida o

pen-samento, mima a sensibilidade, estimula a inquedanza. É, ou debe ser, un mundo de liberdade de

expresión, e constitúe unha canle de expresión de ideas. A literatura empuxa o individuo a preguntar

e a preguntarse, e un individuo que pregunta é porque precisa respostas, e un individuo que precisa

respostas é, sen dúbida, máis sabio. Con todo, se a literatura exerce esta función -entre outras- o literato

debe facer litera-tura, non pedagoxía. Non creo na función educadora do escritor, senon na función

educadora da súa escrita.

2. Que lembranzas deixou en ti a escola? Algunha delas chegou ou pode chegar a ser literaria?

Moitas, e máis boas que malas. Pero ningunha delas chegou a ser literaria, aínda que podería darse o

caso, por que non.

3. Cales foron os teus heroes literarios na túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio da escola?

A lembranza máis nidia que teño dos meus primeiros heroes literarios chega ao ano 1978. Lin a colección

completa dos Cinco, de E. Blyton nuns meses. Chegaron a min despois de remexer na habitación do

meu irmán maior. A primeira leitura que me impactou na escola foi a poesía de Quevedo, concretamente,

os seus poemas satíricos, autor que despois sempre me acompañou, e a Celestina. Vese que

tiña unha certa inclinación polo «marxinal». Daquela tiña 13 anos.

4. Se escribes algo que a xente nova tamén pode ler, o teu traballo como escritora precisou dalgunha

situación diferente a cando escribes algo que só poden gustar ou comprender os adultos?

Teño escritas varias obras de teatro para rapaces de 8 a 12 anos. E a situación que preciso para escribir

textos así é a mesma que a que preciso para escribir outros diferentes: saber que quero contar e gozar

co que fago.

5. Cres que as lecturas obrigadas son un bon método para facer lectores?

Por definición, a obriga como idea vai ligada a un acto de imposición, o cal nunca resulta cómodo para

quen a soporta. Sen embargo, hai diferentes graos -ou xeitos- de imposición. Penso que o problema

non está na leitura obrigada, senón no xeito do docente de conducir esta leitura. Desde logo, se o profesor

non disfruta con esa leitura, dificilmente vai transmitir interese ningún ao alumno.

IDEA 2005

21