11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

estudo da estrutura, da técnica e da estética dos textos non debería afogar nunca o gozo da propia

lectura. Debería incidirse máis no pracer de ler. Primeiro habería que conseguir que o alumno

goce co libro e que el mesmo se interese por outras novas lecturas.

6. Tes algunha idea ou suxestión para estimular a lectura dende a escola?

O que acabo de dicir: facer da lectura un exercicio pracenteiro, á marxe do estudo do texto.

7. Cultura, educación, lingua, literatura… son fungueiros do mesmo carro. Cres que o escritor galego

debe escribir en galego? Os escritores galegos que escriben en español, fan literatura galega?

Naturalmente, un escritor ou unha escritora nada na Galiza debe escribir no idioma que identifica á

cultura galega. Iso é o normal. Igual que un creador de Salamanca escribe en español, ou un autor

de París en francés, un escritor galego debe crear na lingua propia do seu pobo. Iso é tamén un

compromiso coa xente, co país e coa tradición do galeguismo desde os tempos de Rosalía. Se non

se escribe en galego, non hai literatura galega. Haberá literatura española escrita por galegos e

galegas.

Yolanda Castaño

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que a ten, o escritor

ou escritora?

Para min, unha das pedras angulares do ensino é a delicada e laboriosa tarefa de ensinar a ler, así,

en xeral e en concreto, base para todo, é sabedoría que solucionará case a metade dos problemas

da vida e dos traballos. Penso que só se aprende aquelo que se chega a amar. Inculcar a sensibilidade

e o amor pola literatura, pola escrita, é a mellor maneira de que o alumno medre polo

seu propio pé. As técnicas e as manobras que se desenvolven na literatura, desvelan mecanismos

que funcionan tanto na vida como en certas tarefas coas que o alumno se enfrontará ao longo

da mesma. A literatura aporta recursos e armas para a expresión, para que o alumnado chegue a

expresarse o mellor, o máis axeitada e fielmente posible aos seus sentimentos e ideas. A literatura

axuda ás persoas a elaborar un discurso propio.

O escritor/a é o especialista que mellor pode desvelar -e desde unha perspectiva máis fonda, sincera

e pormenorizada- as claves que se agachan na literatura. Terá posiblemente armas substanciosas

para inculcar a paixón pola escrita, para contaxiar o seu entusiasmo, revelará condicionantes sobre

o feito e mesmo sistema literario e, sobre todo, logrará -de paso- rachar algúns tópicos que entre o

alumnado aínda existen sobre a literatura, asociada aos grandes clásicos que con frecuencia non

IDEA 2005

17

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!