11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

2. Que lembranzas deixou en ti a escola? Algunha delas chegou ou pode chegar a ser literaria?

A escola deixou en min recordos gratos: tardes de xogos, as rendeas nos recreos, as rúas silenciosas e tranquilas

tomadas por nós sen automóbiles, as carreiras, o brilé, o roubo das froitas nas hortas, as nenas saltando

á chapa e á goma ou á comba... É nesa idade onde daprendo ese xeito neurótico de repetir e repensar

as cousas obsesivamente. Daprendíase cantando en alto todos xuntos: os ríos unha e outra vez, as capitais,

as provincias, a maldita táboa de multiplicar... Nese tempo descubro a diferencia de clases sociais e

tamén o temor ao castigo e esa fobia terrible ás vacinas. Recordo o Día da Árbore co seu pan e chocolate

en onzas, e un tempo que nos daban leite a beber a media mañá. Antes de ir á escola pública fun á

escola da Señora María, unha mestra vella que dicían que era moi boa. Ese período da miña vida mesmo

chega a ser traumático para min, pois por circunstancias alleas eu fora apartada do núcleo familiar e vivía

noutra casa cuns tíos. O recordo desa escola vai unido a unha dor, a unha sensación de abandono que

xa non me ía deixar nunca, a tinta nos dedos, ás enrugas da madeira daqueles pupitres, e a aquelas letras

perfectas de Dona María... todo aínda hoxe tan vivo como se fose onte mesmo.

Non escribín case nada da escola, mais en Dubido se matei a Lena hai un relato que conta o trato

naquelas vellas escolas franquistas, o temor que producían algúns mestres. Eu escribino para recrear e

denunciar os insultos que aquel home profería, o trato vexatorio ao que eran sometidos os alumnos.

Falo dun tempo en que os rapaces galego-falantes daprendían con gran dificultade nunha lingua

allea. Non hai tantos anos disto. Falo daquela xente de corenta e moitos anos ou cincuenta. Era como

así confundían chinos da China cos chinos do seu cortello, ou como os chorizos pasaban a ser llorizos,

ou cando se respostaba que o queixo se facía a puñetazos, tal e como na casa se vía apertar cos

puños. Ben difícil debía ser daprender dese xeito nunha fala non coñecida e sempre reprendidos.

3. Cales foron os teus heroes literarios na túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio da escola?

Non hai heroes literarios. Na casa non se le nada, non hai libros sequera. Había os da escola, claro

está, libros que me obrigaban a ler e non me interesaban nada. Lin o meu primeiro libro cando me

enviaron ao colexio das monxas de Melide con trece anos, e alí prendeu o meu interese e entusiasmo

pola lectura, moi influída por unha monxa catalana moi moderna que nos orientaba á lectura,

que nos poñía música clásica para estudar e nos espertaba por aqueles anos con Serrat moitas

veces. No período de adolescencia lin moitísimas novelas de vaqueiros que me prestaban. E

insisto en que os libros obrigados, aquelas novelas de cabalerías, parecíanme un tostón, e non me

dicían nada. Intereseime, iso si, por novelas de adolescentes, de dúbidas e desamores.

Teño que dicir que naqueles anos da vella radio na cociña, de noites de conversas tras do lume, escoitando

a meu avó e aos meus pais contar historias do pasado, eu quedaba fascinada polas mesmas cousas

unha e outra vez. Outros personaxes do pasado cobraban vida: contos dos que foron a Cuba, cousas

das meigas, crimes que houbo na parroquia, os fuxidos, relatos do demo en forma de animal... E todo iso

pasaba a ser parte de min dalgún xeito. Eu tiña gran curiosidade en escoitar, e meu pai, sen sabelo el

sequera, narraba marabillosamente ben as cousas. ¡Canto de min se fixo a historia do crime das Barosas,

sen ser do meu tempo, sen intimar sequera coa familia deles! Foi a través da narración desa dramática

historia como puiden coñecer a dor e a crueldade daqueles anos. Estoume a referir a unha desas historias

que encheron de sangue este país nos anos da guerra e da represión. Con isto quero dicir que o amor

pola literatura nace sen sabelo, e é no meu caso a través da literatura oral.

4. Se escribes algo que a xente nova tamén pode ler, o teu traballo como escritora precisou dalgunha

situación diferente a cando escribes algo que só poden gustar ou comprender os adultos?

Non me propuxen escribir nunca para a xente máis nova. En O Trevo da sorte hai un relato que vai sobre

a xente moza, onde conto a historia dun rapaz de barrio fascinado por ter cousas, polos coches neste

caso, ata o ponto que chega a destruír a súa vida con elo. Creo que é o caso de moitos mozos que

perden a vida nas estradas cada fin de semana. O relato precisou, evidentemente, que eu me instalara

na mentalidade e na fala dos adolescentes.

5. Cres que as lecturas obrigadas son un bon método para facer lectores?

Se non se lles obrigara, seguramente moi poucos nenos collerían un libro. Mais sei que é ben difícil atopar

o libro e o método que sexa capaz de crear hábito e interese pola lectura, xa que en moitas ocasións

a lectura obrigada ao que conduce é a que o alumno acabe odiando os libros. Creo que o

16

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!