11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

6. Tes algunha idea ou suxestión para estimular a lectura dende a escola?

Permítaseme que sexa optimista. Eu adicaría máis tempo á lectura dende a Educación infantil ata o final

da Educación secundaria. Debería ser unha área independente que ben podería colaborar con tódalas

demais. Quen a impartise debería ser profesorado lector e entusiasta. O programa desa área debería

ser flexible para que non se sentise agobio e se poidese ir ó ritmo que demanden os implicados

anque habería que gradua-los contidos segundo os niveis, como é lóxico. Por suposto que os grupos

deberían ser reducidos para poder ter unha adicación mais persoalizada. ¿Estou oíndo risotadas?

¿Alguén di que son utópica? Quizais.

7. Cultura, educación, lingua, literatura… son fungueiros do mesmo carro. Cres que o escritor galego

debe escribir en galego? Os escritores galegos que escriben en español, fan literatura galega?

A lingua e a educación forman parte da cultura. Detrás de calquera manifestación cultural hai un código

lingüístico explícito ou implícito. Por outra banda a lingua é o vehículo de transmisión da educación.

¿Será que a lingua son as rodas dese carro?

É importante e necesario que se escriba en galego, pero non considero que sexa un deber o facelo.

Por desgracia no noso país ten máis aceptación aqueles autores que trunfan fóra e para iso hai que

escribir en español. ¿Temos todos un pouco de responsabilidade ó non valorar suficiente ós que non

atravesan a barreira?

Respecto á segunda pregunta non me atrevo a ser contundente neste tema porque non reflexionei suficiente

para poder dar unha resposta clara. En principio paréceme que se falamos de literatura galega

debería ser escrita en galego pero teño a sensacións de que se profundizase habería moitos matices

que engadir con algunhas obras dalgúns autores.

Medos Romero

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que a ten, ó escritor

ou escritora?

A literatura é sempre unha ferramenta fundamental para provocar a imaxinación, o gozo ou o coñecemento

do ser humano, da problemática social e da historia dos pobos. A creación literaria é unha

xanela aberta ao interior das persoas e tamén ao exterior, ao cosmos. Os libros educan e axudan a

comprender os actos humanos. Coa literatura aprendemos tamén a reflexionar e a sermos persoas

libres, a pensar por nós mesmas. O que de verdade ten unha función educadora, pois, é a obra, non

o escritor ou a escritora.

IDEA 2005

15

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!