Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
14

to do reparto pero aprendín a controla-los letexos. E os ollos aprenderon a non chorar anque quizais

esvarou algunha bágoa pola miña meixela o día que me apartaron dun baile para deixar sitio a

outra con proxenitores de máis alto rango.

¿Darían estas vivenzas para unha historia? Claro pero, polo momento, prefiro escribir outras narracións

máis cargadas de aventura.

Aínda así estas experiencias e outras peores quéroas conservar na miña memoria pois sérvenme de

moita axuda no meu labor de mestra como modelo do que non debo facer nunca. Eu aprendín en

carne propia a distinguir moi ben a xustiza da inxustiza, a solidariedade da falsa caridade, a tolerancia

da permisividade, por iso prefiro que o alumnado aprenda a través da reflexión, das lecturas, dos

debates...

3. Cales foron os teus heroes literarios na túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio da

escola?

Gustaríame poder contestar cun nome propio e contar con detalle tódalas fermosas aventuras que vivín

coas súas lecturas, pero mentiría. De pequena eu non lin libros. Na miña casa líamos chistes e cambiabámolos

na chistería. Lembro que era moi fermoso ir cos chistes antigos e ir buscando nos diversos lotes (en

función do grosor ou do estado de conservación) ata atopar a mellor novidade. Xa sei que podía ter un

heroe de comic pero a min nin me gustaba o «Capitán Trueno» nin o «Jabato», eu disfrutaba máis con

«Pepe Gotera y Otilio, chapuzas a domicilio».

Pasei dos chistes a ler libros políticos porque me fixen maior dun día para outro o día 10 de marzo do 72.

Con 16 anos recién estreados vivín as mortes alleas, as detencións, os exilios e tódalas barbaries dende

a primeira fila. Dende ese momento os meus heroes foron Paco Filgueiras, Julio Aneiros e tódolos demais

que sufrían inxusticias e non se rendían, e espero que nunca deixen de selo.

4. Se escribes algo que a xente nova tamén pode ler, o teu traballo como escritora precisou dalgunha

situación diferente a cando escribes algo que só poden gustar ou comprender os adultos?

Cando escribo para nenas e nenos medito máis cada palabra pois procuro axeitarme á un vocabulario

básico de modo que sexa doado de ler. Se non é así precisarán axuda (doutra persoa ou do diccionario)

e xa non descubrirán o pracer de mergullarse nunha historia ata perderse nela.

Tamén evito situacións de terror ou violencia gratuíta. Xa sei que vou contra corrente pero mentras

non descubra os beneficios que aporta o terror e a violencia eu non os incluirei nas miñas historias

infantís.

5. Cres que as lecturas obrigadas son un bon método para facer lectores?

Sería mellor que as lecturas as demandase o alumnado. Se esa fose a nosa realidade, abondaría con

recomendar un bo libro. Mais a nosa sociedade non ten esas características e polo tanto hai que utilizar

outros métodos que conviden ó achegamento ós libros. As lecturas obrigatorias son unha opción

que pode ser boa. Cando non se le por iniciativa propia está ben que se obrigue para que descubran

ese pracer. Pero é importante meditar cal é o obxectivo de cada libro recomendado. Está claro

que a longo prazo a lectura obrigatoria ten como obxectivo que o alumnado lea comprensivamente,

pois sabemos que iso é imprescindible para todas e cada unha das áreas do currículo. Sen embargo,

o obxectivo da lectura concreta dun libro debe ser máis específico, relacionado coa propia historia

e sobre todo co disfrute. É a suma de lecturas pracenteiras a que vai determinar que consigamos

ou non futuros lectores. Aí ten algunha responsabilidade o profesorado e temos moito que aportar.

Para acada-los obxectivos cómpre cumprir tres condicións básicas e obvias: Primeiro, a lectura

que se recomenda ten que ser axeitada ó alumnado que se ten diante e que ás veces é diferente

ó prototipo idealizado de tal ou cal idade. En segundo lugar, o profesorado debe ler previamente o

libro e non conformarse cos resumos das editoriais. Terceiro, as sesións de lectura na aula deben estar

estimuladas polo entusiasmo do profesorado que dea ánimo para disfrutar das narracións, descripcións,

diálogos...

Son consciente da falta de tempo que hai para facer estas sesións nos cursos máis elevados. Eu, se tivese

algún poder para cambia-lo DCB, engadiría coma unha área independente a lectura. ¿Ou acaso

non é o básico que se precisa para tódalas áreas?

IDEA 2005