Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
escuela", na redacción verdadeiramente admirable

dun informe elevado pola xunta escolar

mugardesa á Inspección Provincial de

Enseñanza e que, debidamente tramitado, permitiu

sancionar con suspensión de emprego e

medio salario ao Eduardo G.P.G. en Abril do ano

1905 e trasladalo no 1906 ben lonxe de Galicia,

chegando a pouco no seu lugar como mestre a

Mugardos Álvaro Agote, de longa memoria

como mestre e publicista.

A terceira xeira vai do ano 1911 ao 1923, caracterizada

pola atonía pedagóxica dunha xunta

escolar á que a substitución do mencionado

secretario Gregorio Guerrero Fernández en Xullo

do 1911 por Francisco Galán, devolveu ás preocupacións

case que exclusivas pola dotación

económica (constantemente reclamada polo

profesorado), polas reparacións (mínimas) dos

locais escolares, polo pago de alugueres dos

locais escolares (no ano 1913 setecentas cincuenta

pesetas en Mugardos a Teresa Fernández

e duascentas pesetas no Seixo a José María

Cartelle Braxe), polos pomposos exames anuais

(materias: xeografía, historia de España, escritura,

lectura, gramática, aritmética, xeometría, historia

sagrada, doctrina cristiana; paga a pena comparar

coas da "Unión Mugardesa" que recollemos

dous parágrafos máis abaixo)... , e pouco

máis que deixaran anotado. Asemade, se podemos

reconstruír este tempo educativo non é pola

documentación propia dunha xunta escolar da

que non hai actas do período que vai de Xullo do

1911 a Marzo do 1922, senón recorrendo a dados

extraídos doutra municipal e da memoria veciñal,

aínda que lamentablemente tampouco non

hai no arquivo mugardés moitas actas dos plenos

da corporación do tempo que vai dende Xuño

do ano 1917 a Outubro do 1923, desaparicións

documentais que xunto a fallas económicas,

motivaron grandes movementos administrativos,

políticos e xudiciais posteriores, cuestións á marxe

do obxecto deste traballo.

144

Ende ben o dito, destacan as Festas da Árbore

nos anos 1913, 1914 e 1915, celebradas conxuntamente

polos escolares de Ares e

Mugardos con concentracións, discursos e

plantacións na Seaña e O Seixo, e nese último

ano a creación dunha escola de nenas no

Seixo, convertendo a que era mixta en só de

nenos. E ben pouco máis que saibamos tería

sucedido no eido educativo mugardés nesta

xeira senón fora un fenómeno novidoso e que

nesta altura moitos temos estudiado: a irrupción

da denominada escola "laica", ou escolas

creadas pola acción colectiva das sociedades

dos "americanos", "cubiches", "cubanos","

habaneros", que foron xermolando no ronsel

da "Alianza Aresana de Instrucción" constituída

en Cuba no ano 1904 como a primeira desas

entidades, seguida nesta área pola "Unión

Mugardesa" no 1909, e polas moitas asociacións

desta bisbarra que inzaron a Galiza de

alén mar coa angueira de superar as carencias

que presentaba o sistema educativo en Galiza.

Seguida a Unión Mugardesa da "Institución

escolar Franza-El Seijo" no 1921, con elas

actuou tamén a iniciativa individual, como

máis abaixo veremos sucedeu en Franza.

Instrucción Escolar Franza-O Seixo. Mestre Antonio Martínez

Zárate. Entre 1928 e 1932.

A primeira escola da "Unión Mugardesa" foi inaugurada

no 1910 nun local alugado; tiña aproximadamente

trescentos alumnos no ano 1913,

unha biblioteca "popular" no ano 1915 "... a disposición

de todos los vecinos de este pueblo", e

certos problemas dende os seus comezos, tanto

pola súa independencia orgánica duns poderes

locais caciquís, aos que moitos dos seus socios

combatían electoralmente dende unha órbita

política, que podemos denominar xenericamente

de esquerda, xerada polo asociacionismo

labrego, mariñeiro e proletario, como a conta

de aplicar un ensino laico e neutro no seu centro

escolar (materias: lectura, escritura, gramática,

xeografía, historia, aritmética, contabilidade,

IDEA 2005