11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

En setembro de 2003, descubrín a cidade de Ferrol

tras unha longa viaxe en coche desde a miña

Bretaña natal, concretamente desde Brest, principal

cidade da provincia de Finistère.

Nunca viñera ate aquí, a pesar de pasar o curso

académico 1999/2000 en Vigo, como estudante

de Erasmus. Durante tres anos soñara tanto

con volver á Galiza que non esperaba unha

cidade como Ferrol, e non o digo por mal senón

pola falta de exotismo ou polo menos de cambio

que unha busca ao marchar lonxe. En efecto,

ao chegar ao porto atopeime cunha goleta

arxentina, a mesma que dous días antes eu visitara

en Brest, nun peirao do arsenal militar da ría,

entre as grúas cegoñas e os buques de guerra

grises e os seus mariñeiros...

Tamén, ao descubrir a cidade sorprendeume a

similitude de organización urbanística, o trazado

xeométrico do centro que me lembrou Brest, tal

como foi reconstruída despois da Segunda

Guerra Mundial. En realidade, sentinme axiña en

casa. Este sentimento acentuouno o persoal da

EOI, que se portou de marabilla comigo desde o

primeiro ata o último día da miña estanza,

cousa que lles agradezo moitísimo.

Traballar na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol

foi un verdadeiro pracer, e iso por varias

razóns. A primeira é o ambiente moi familiar

de traballo e de confianza que reinaba na

escola entre todos, profesores, persoal non

docente e alumnado. Tamén o lugar é impor-

IDEA 2005

Unha asistenta de Francés

na Escola Oficial de Idiomas

de Ferrol

Maryse Vigouroux,

asistente de Francés na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, ano 2003/2004

tante, o edificio é novo e moderno, ofrece

tanto ao alumnado como ao profesorado

moitos medios para estudar e ensinar, como

os laboratorios de idiomas con internet, salón

de actos, biblioteca ben dotada con acceso

libre a internet e prensa estranxeira, aulas con

televisión, vídeos e dvd, etc.

A principal razón, polo tanto, é a calidade do ensino

e o interese do alumnado que frecuenta este

tipo de centros; son esixentes, atentos e animados.

De feito responderon positivamente ás actividades

culturais que lles propuxemos, por

exemplo durante as xornadas culturais ou as

proxeccións semanais de películas.

Tamén organicei todos os martes pola noite parrafeos

en francés, nun bar da cidade, que estaban

abertos a calquera que quixese falar. Estes

encontros tiveron moito éxito e axiña se formou

un grupo de afeccionados, xente da escola

(alumnos e alumnas do primeiro ao quinto ano),

mais tamén outras persoas que estaban na

cidade: francófonos do Canadá, do Senegal,

comerciantes, un enxeñeiro madrileño...

Ás veces, tamén ocorreu que din a catar les crèpes

bretonnes, as filloas bretonas, na escola ou no

devandito bar, pero, con todo, a actividade que

máis éxito tivo foi a viaxe que fixemos á Bretaña.

Percorremos, durante unha semana, a costa

oeste francesa, Bayonne e Bordeaux, e principalmente

a bretona; pasamos por Rennes, polo

Mont Saint Michel, Saint Malo, Quimper... A etapa

133

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!