11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

sos ideais. Foi unha época frustrante e moi difícil para min. Co tempo cheguei a sentir a sensación de

engano que envolvía a escola e iso lévoo fatal.

b) Coido que en A teima de Xan, un libro meu que quero moito, algo disto está aí reflectido.

Os medos, a ocultación de diversos conceptos, os abusos de todo tipo, a pedagoxía destrozada, a marxinación

dos que pensaban distinto, os silencios tensos... tantas e tantas cousas que cos anos chegaches

a comprender, pero que te marcaron.

3. Cales foron os teus heroes literarios na túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio da escola?

A escola que sufrín eu vivía á marxe da literatura. Había que aprender longas retahílas de obras, vidas de

escritores que non che dicían nada (malia a enorme valía que tiñan) e iso era a literatura na escola que

eu lembro. Nunca limos un libro na clase. Que era iso? Eu pertenzo á cultura dos tebeos. Na miña casa

había libros (algúns) para adornar. Os meus heroes foron «El Jabato», «El capitán Trueno» e, curiosamente,

«Tom Sawyer» e «Huckleberry Finn» de Mark Twain, a quen coñecín nunha horrorosa edición de letra e

cómic que alguén me agasallou. Gocei coas súa aventuras. Eu lía, claro, o cómic e cheguei a ser moi

amigo de ambos os dous malia seren personaxes ben diferentes.

Non tiven a sorte de que caesen nas miñas mans libros que me interesasen. Envexa que sinto das persoas

que chegaron a gozar cos clásicos de aventuras. Eu non. Eu tería que decubrilos moito máis tarde.

Agora, iso si, leo por todo o que non lera cando era novo.

4. Se escribes/escribiches algo que a xente nova tamén pode ler, o teu traballo como escritor/a precisou

dalgunha situación diferente a cando escribes algo que só poden gustar ou comprender os adultos?

Eu escribo fundamentalmente para xente nova, aínda que teño cinco poemarios para adultos. Cada

volta estou menos seguro cara onde van os meus libros. Tento escribir o que me gusta, o que sinto.

Cústame poñerlles idades. Procuro que dentro do mesmo libro haxa diversos niveis para que se poida

facer a verdadeira lectura, que para min é a relectura. Gústame que a xente nova se mergulle en

todos os temas que os rodean. E que o fagan con espírito crítico e reflexivo se pode ser.

A diferenza entre o adulto e o xove, quizais estea máis ben no vocabulario utilizado, certo ton

narrativo/poético e algunhas estruturas máis complexas. É dicir, na madurez tanto psicolóxica coma

lectora. Pero, en esencia, parto do mesmo para chegar a un mesmo lugar.

5. Que pensas das lecturas obrigadas nas escola? Cres que son un bon método para facer lectores?

Quizais non, quizais si. O que é fundamental é que o/a mediador/a na escola saiba o que trae entre

mans. Que saiba buscar libros suxestivos, que coñeza o que se publica, que cree ambiente lector na

clase, que sexa auténtico, que crea no que fai, que contaxie. Aínda así, non se pode garantir nada.

Cada vez resulta máis difícil que os nenos/as lean. O que non se pode facer é prescribir sen criterios, de

oídas e sen lelo ti antes. De todos os xeitos, a lectura esixe un esforzo e un pouco hai que forzar dunha

maneira sutil. E non nos esquezamos, hoxe en día existe un amplo abano de libros para escoller ben.

6. Tes algunha idea ou suxestión para estimular a lectura dende a escola?

Coido que co que expuxen anteriormente a pregunta case está contestada. Para min haberá que crear

un ambiente idóneo, onde a palabra sexa o centro. Ten que existir un ambiente lector no que o libro

teña vida; haberá que ler en voz alta, facer lectura silenciosa, provocar o interese na lectura dalgún

libro que enganche, falar de novidades, poñer nos taboleiros críticas... Un conxunto de feitos arredor

da palabra literaria.

E, por suposto, establecer un vínculo entre lectura e escrita. Os nenos escribirán a partir de detonantes

literarios (para fuxir do medo ó papel en branco) que os estimulen a crear por escrito. Un bo xeito de

chegar á lectura pode ser a creación escrita e viceversa. Non hai fórmulas máxicas. Eu penso que o

enfoque debe de ir por aí.

7. Cultura, educación lingua, literatura... son fungueiros do mesmo carro. Cres que o escritor galego debe

escribir en galego? Os escritores galegos que escriben en español, fan literatura galega?

Eu creo que temos un compromiso claro coa lingua galega. Sabemos das dificultades que está a padecer.

E debemos de ser conscientes diso. A nosa lingua, a nosa educación, a nosa cultura necesítannos.

12

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!