Nº 11
Nº 11
Nº 11
Create successful ePaper yourself
Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.
tual. E decidimos que podería ser o

“Impresionismo” un tema interesante dende a

óptica da cor, cultura (departamento de

Plástica), e do coñecemento da lingua e cultura

francesa (departamento de Francés). A tarefa

principal era, xa que logo, que os nosos alumnos

descubrisen a pintura impresionista e coñecesen

os tesouros que se conservan no Museo

d´Orsay, en París, comunicando en francés,

dunha maneira o máis visual e comunicativa

posible, suliñando o papel importante da estética

e das linguas estranxeiras na formación.

Ademais, non podiamos esquecer que este ano

pasado celebrouse o centenario da morte de

Gaugin.

Actividades

O CD que elaboramos ten tres partes diferenciadas:

1. Unha específica para a clase de francés

cunha serie de actividades organizadas e

coherentes con claro enfoque comunicativo,

relacionadas con aspectos da pintura, léxico

das cores, análise de cadros impresionistas,

exercicios de gramática como concordancia

de adxectivos e fonética, funcións da linguaxe,

expresións idiomáticas, con amplos contidos

socioculturais sobre París e o impresionismo,

onde a competencia de comprensión oral

primaba, por exemplo: textos con audio,

escoita de entrevistas, cancións. Unha parte

destas actividades son lúdicas e outras de

reforzo e ampliación.

Citemos algunhas delas:

- De léxico: La palette de l´artiste, Les couleurs du

tableau.

- Funcións da linguaxe e gramática: Flash de

grammaire, Les coquelicots.

IDEA 2005

- Para traballar a fonética: Maratón, actividade

de QMC para revisar a nasais.

- Os contidos socioculturais: La carte de Paris. A

partir dun mapa de París, e por medio de ordes

orais, temos que seguir un itinerario e chegar ao

noso destino final: o Museo d´Orsay.

Previamente podemos visualizar as expresións

que temos que entender.

Les arrondissements: Para descubrir París, os seus

principais monumentos, os seus barrios, as súas

estradas. Posibilidade de escoita.

- Actividades de reforzo e ampliación a través de

Xogos:

Un sur trois: Unha posibilidade de tres.

Le pendu: Recoñecer a natureza das palabras.

Pluie de mots: Reconstruír palabras.

Mélange: Sopa de letras.

Mémory: Encontrar cartas idénticas.

QCM: Unha pregunta, tres respostas, unha soa

delas válida.

Turbo: Recoñecer palabras.

2. Una segunda, con actividades e con contidos

exclusivamente técnicos das artes plásticas, nos

que pretendemos que, a través de animacións

127