11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

foron integrados despois en documentos HTML e

engadimos algúns complementos: un buscador

de recursos na rede, actualizacións desde internet,

guía do material, editor de texto en Galego

para notas persoais e un programa instalador

para Windows.

Pero o auténtico cabalo de batalla foi a organización.

Cada membro tiña acceso a distintos

recursos e fontes de información, pero queriamos

establecer comisións nas que cada un de

nós traballara as audicións da súa preferencia,

e non precisamente aquelas das que tivese

mais recursos á súa disposición. Outras comisións

traballarían no deseño gráfico e a edición

dalgúns materiais, mentres que en gran grupo

tomabamos decisións como a posta en común

das probas nas aulas ou a confección de criterios

para a elaboración homoxénea dos textos

e cuestións técnicas sobre edición dos recursos

multimedia. Pero esto significaba que tiñamos

que recompilar e catalogar os distintos recursos

para despois podelos intercambiar, seleccionar

e editar.

A tarefa era moi complexa polo que buscamos

axuda en distintas lecturas sobre xestión do

coñecemento; a solución foi unha lista de protocolos

dos que os máis importantes foron os relativos

ás comunicacións internas:

-Catalogación e comunicación de materiais baseada

en formularios normalizados de "declaración

de recurso". Un para ilustracións, textos e gravacións,

e outro para vídeos, enderezos na rede e

animacións. A principal vantaxe deste sistema era

que, dunha ollada, os membros de cada comisión

poderían comparar entre recursos alternativos

sen necesidade de velos fisicamente (pensemos

no que sería ir ás reunións cargados con enciclopedias,

CDs, etc.)

-Uso intensivo das comunicacións telemáticas.

Dado que os membros do grupo traballamos en

distintos centros (e mesmo en distintas cidades)

non era posible o intercambio ou préstamo

informal de materiais ó marxe das reunións.

Dependendo da urxencia e a natureza da

comunicación ou envío, empregamos teléfono,

mensaxes curtas e correo electrónico. Tamén

fixemos unha páxina web con tres finalidades:

publicar comunicados xerais non urxentes

(como os borradores das actas de reunión), ter

sempre dispoñibles dun xeito cómodo distintos

documentos (como os datos de contacto dos

membros), e empregar o espacio libre para

intercambio de arquivos con FTP (File transfer

protocol).

122

Unha cuestión que foi obxecto de atención desde

o primeiro momento foi a de a legalidade do uso

de todo tipo de materiais. Estudiamos coidadosamente

a Lei de Propiedade Intelectual para estar

seguros de qué materiais protexidos e baixo qué

supostos e condicións poderiamos empregar no

noso traballo. Outra condicionante importante

foron os cambios e novidades que a CIUG ía

publicando acerca das PAUU ó longo do curso.

No tocante á avaliación do noso traballo, o mellor

banco de probas foron as aulas. Os resultados non

só nos axudaron a pulir e perfeccionar os materiais

de cada unha das obras, se non que foron moi

tidos en conta en algúns aspectos xerais, tales

como o deseño da interface e a estructura dos

contidos. Sobre esto último, dicir que finalmente

acordamos que os comentarios serían o eixe vertebrador

dos outros recursos, de xeito que cada

audición podería levar asociados todos ou case

todos os seguintes tipos de materiais:

Texto sinxelo de introducción á obra.

Biografía do autor,datos do contexto, etc.

Comentario con explicaciónsde maior complexidade.

Textos e outros arquivoscomplementarios.

Extractos de partituras.

Extractos de gravaciónsen formatos Mp3 e Ogg.

Vídeos en formatosMpeg e RealPlayer.

Bibliografía e recursos empregados en cada obra.

Enderezos na rede con informacióne recursos

complementarios.

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!