11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Durante o curso 2003-2004 implantouse "Historia

da música" como optativa de modalidade para

o bacharelato de humanidades e polo tanto,

formaría parte das probas de acceso á universidade.

Isto xa é sempre unha responsabilidade

engadida, pero para os docentes de música

era unha situación nova á que non estabamos

acostumados. E como sempre, os comezos non

son doados: todo estaba por facer, e o problema

viña agravado pola escasa formación musical

previa de moitos dos alumnos, especialmente

no bacharelato para adultos.

As editoriais ofertaron uns poucos libros de texto

non adaptados ás PAUU en Galicia e con nulo

interese didáctico; o único material á nosa disposición

era o que a Comisión Interuniversitaria

Galega publicara na rede, e que consistía nas

gravacións das 46 audicións propostas para a

parte práctica da proba e máis unhas breves

notas sobre elas.

Estaba claro que a preparación dos materiais necesarios

pasaba polo traballo en equipo, e así o fixemos.

O caso é que só tres dos membros do grupo

impartíamos esta materia, e isto di moito dos restantes,

xa que traballaron con nós por xenuíno

interese na renovación e formación continua.

Os obxectivos que pretendiamos alcanzar eran tres:

-Debater e investigar colectivamente sobre as

obras propostas, recollendo os resultados en

documentos de texto (comentarios ou análises).

IDEA 2005

A Historia da Música

no teu PC

Teo Ramírez (IES Concepción Arenal, sede do grupo) Fabio Sanmartín

(Conservatorio Profesional de Música de Vigo) Graciela Galdo

(IESTerradeTrasancos) Carmen Malde (CPI Atios)

Abel Dueñas (Conservatorio Profesional de Música de Vigo)

OscarMartínez (CEIP Maciñeira) Daniel Díaz (IES nº1 Pontedeume)

Mónica Suárez (IES Praia de Barraña)

-Elaborar un directorio de todo tipo de recursos

sobre as obras propostas e que poida ser de

especial interese e utilidade ós alumnos de 2º

curso de bacharelato de Historia da Música.

-Recompilar moitos destes recursos, dixitalizalos e

integralos nunha aplicación informática multimedia

que sexa de utilidade tanto para o uso

colectivo no aula como para a exploración individual

por parte dos alumnos.

É dicir, queriamos facer un material de utilidade

para o alumnado de bacharelato e moi especialmente

o de Historia da música de 2º curso.

Pero, ¿o uso do ordenador era a mellor opción

ou estabamos a caer no snobismo tecnolóxico?

Coidamos que se trataba do primeiro, xa que a

integración de recursos multimedia podería

terse feito con vídeos e material impreso, pero

non ofrecería xamais as mesmas posibilidades

de exploración individual por parte do alumnado.

Non andabamos a facer un material para

usar só nas aulas dun xeito colectivo, senón que

tiña que permitir o traballo individualizado

(mesmo elaboramos distintos textos para cada

audición, adaptados a alumnos con distintas

formacións previas).

As dificultades a superar eran de dous tipos: técnicas

e organizativas. Sobre as primeiras, só dicir

que na edición dos recursos multimedia e

redacción dos distintos textos, empregamos distintos

formatos, programas e ferramentas, pero

sobre todo... moito tempo. Todos os contidos

121

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!