11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O Porco Antón

Marta

Introducción

A escola de Educación Infantil de Porto de

Espasante no concello coruñés de Ortigueira

asisten doce nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos. Co

motivo do Día das Letras Galegas quixen profundar

nas tradicións da cultura popular galega, así

como inculcar nos alumnos e alumnas hábitos

saudables. Para iso levamos a cabo esta actividade

na aula: O Porco Antón.

A tradición

Moi coñecido na comarca é o Porco Antón, tradición

única que data do século XVIII, no que co

gallo de construír unha ermida a San Antón

decidiuse mercar e cebar un porco entre tódolos

veciños. Unha vez o porco cebado, véndense

rifas para sortealo. Cos cartos recadados

durante varios anos, costeáronse os gastos da

construcción. É precisamente pola devoción ó

santo que a ese porco se lle puxo ese nome:

Antón.

Hoxe en día, o rito mantense. O día de San Xoán,

o 24 de xuño, mércase o porco que podemos

ver pasear tranquilamente polas rúas da vila de

Espasante, mentres os veciños lle dan de comer.

Pola noite hai unha persoa encargada de metelo

no seu cortello, que cambia dun ano para

outro. O chino séguese a rifar, agora no mes de

xaneiro, e os cartos dos boletos destínanse

nunha parte para mercar o porco do seguinte

110

López Díaz.

E. E. I. de Porto de Espasante. Ortigueira

ano e na outra para facer a festa do patrón:

San Antón.

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!