11.01.2013 Views

Nº 11

Nº 11

Nº 11

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Xosé Neira Vilas

1. Que pode aportar a literatura á educación? Que función educadora ten, se é que a ten, ó escritor

ou escritora?

Moito. O escritor (ou escritora) ten unha responsabilidade ante a sociedade, como cidadán e como creador.

Cando escribe en calisquer xénero que o faga, está formando, educando. Unha novela histórica, por exemplo,

pode axudar decisivamente á interpretación da historia como complemento do texto académico.

2. Que lembranzas deixou en ti a escola? Algunha delas chegou ou pode chegar a ser literaria?

Si. De feito, na miña obra aparece moi seguido a escola da aldea, da miña aldea, como inevitable referencia.

Por exemplo, nas novelas Memorias dun neno labrego, Aqueles anos do Moncho, Querido Tomás...

3. Cales foron os teus heroes literarios na túa infancia e adolescencia? Coñecíchelos por medio da escola?

Era a miña unha escola cativa de tempos cativos (guerra, posguerra...). Quedáronme na lembranza

algúns personaxes de Corazón (Amicis), Viriato, Edmundo Dantés... Tiven noticia destes e moitos outros

por medio da escola.

4. Se escribes algo que a xente nova tamén pode ler, o teu traballo como escritora precisou dalgunha

situación diferente a cando escribes algo que só poden gustar ou comprender os adultos?

Non establezo grandes fronteiras entre o que escribo para rapaces e o que escribo para adultos. Todo o

que escribín para adultos pode ser comprendido -e en ningún sentido lles será nocivo, polos novos.

Cando era redactor xefe da revista infantil cubana Zunzún, aplicaba o principio de que todos os temas

son válidos para uns e outros. Só depende do xeito de tratalos.

5. Cres que as lecturas obrigadas son un bon método para facer lectores?

Mellor que obrigados sería que os alumnos escollese, e que en vez de obrigar nos limitaramos a aconsellar,

suxerir, informar para que escollan. Pero comprendo que ás veces, e sobre todo con estudiantes

pouco lectores, hai que obrigalos dalgún xeito, inda que non sexa a mellor vía. Hai que lograr que sintan

o pracer de ler.

6. Tes algunha idea ou suxestión para estimular a lectura dende a escola?

Todo está unido. Todo está en mestura: cultura, educación, literatura, lingua. O ensino de materias diferentes

está ou debe estar plasmado nunha dimensión cultural, nunha proxección que vaia máis alá da

10

IDEA 2005

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!