11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

268

Importa dous pementos que eu teña ou non teña gran

memoria, nin que teña ou non teña algo de entendemento. O

que importa saber é que esa práctica de facer estudiar de cor

ós rapaces segundo o proverbio “a letra con sangue entra” é

bárbara, tirana, cruel e moi perniciosa para o adiantamento

das letras. E que as queixas de falta de memoria son pretextos

ridículos para aborrecer a literatura. Asunto é este de máis

gravidade ca o que parece, pois non se toca menos nel que a

fundamental instrucción da xuventude. Ben sei que todo o

dito pasará por paradoxo nos ollos dos que, como machos de

reata, non saben máis camiño que o que lles ensinou o

macho que foi dediante.

269

Dirán outros que me apartei do asunto dun Onomástico

etimolóxico da lingua galega. Os que se queixan de falta de

memoria nin piden nin merecen resposta, pois ou non lerán

estes pregos ou cando chegaren a este xa se lles terá esquecido

o título. Ós demais respondo que o fin principalísimo destes

papeis é espertar os galegos do letargo en que viviron ata

aquí tocante ó seu propio idioma. E advertilos da tiranía que

se executa coa súa mocidade, facéndoos estudiar o latín por

medio dunha lingua estraña que non entenden e obrigándoos

a que esquezan a que mamaron. [270] E sendo certo que eu

vexo como erro pernicioso en xeral o facer estudiar os nenos

de cor e á letra, quixen desterrar este abuso, e en especial en

Galicia. Eu xamais leo, nin estudio, nin escribo para temperar

gaitas, nin galegas, nin zamoranas. Nada diso fixen, nin farei,

por interese, honras, premios, fachenda, ou para facer de erudito

aparente. Nada de todo iso engade ciencia. Tampoco

escribo isto para que se imprima, pois xa non está o tempo

para ser fato dese calibre. Escribo polo meu gusto e para a

miña instrucción, e para exercitarme na demanda da antigüidade,

nobreza e pureza da lingua que mamei. E oxalá tivese

pensado nisto hai agora trinta e catro anos, pois non viviría

192

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

arrepentido, e sei que tería entendido mellor todo canto teño

lido doutros diferentes asuntos.

271

Polo mesmo, e co mesmo fin, cargarei aquí a man na

Historia Natural en común e con especialidade na de Galicia,

probando antes que sen un máis que mediano coñecemento

da Historia Natural nada pode saberse no natural nin no civil

que non for exposto a mil erros e confusións. Non se me

interprete do revés. Non digo que en sabendo a Historia

Natural saberase todo. Digo que non precedendo o coñecemento

da Historia Natural nada se saberá ben. Ó modo que

se poderá dicir que sen unha numerosa librería e selecta, ningunha,

pouca ou moi chafalleira erudición se poderá ter. Pero

cunha semellante librería, e ben colocada nos andeis, con só

iso, digo, poderá suceder que o dono non posúa chisco de

erudición.

[5.10]

[NECESIDADE DE REDACTAR UN MANUAL DE HISTORIA NATURAL]

342

É ben certo que o que ó lerse causa especial admiración

queda indeleble na memoria. E isto aínda sendo finxido o

admirable por erro do que o le ou oe, que coida ser moi

certo. Aquí está a orixe de que os nenos lembren tanto as

heroicidades dos Doce Pares, as aventuras de Don Quixote,

etc. ¿E quen dubida de que igualmente lembrarían os visibles

prodixios que realmente existen dentro da Historia

Natural, a infinda heroicidade que Deus exerce en todo o

creado e as aventuras enxeñosas que os homes acometeron

para indagar a verdade e desterrar os descomunais vestixios

da avellentada ignorancia? Véxase aquí cánta utilidade se

lograría se a infancia se instruíse na Historia Natural. [343]

Dirán que non hai libros para isto. É así que ningún hai de

193

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!