11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

letras, todos sairán estudiantes e non haberá quen se dedique

ó arado, á guerra e ós oficios mecánicos. [212] Esta política

solapada veu a parar en que moitos a coidan máxima indispensable,

¿e que tiramos con ela? Todo o contrario. Na concorrencia

de moitos rapaces ó estudio apálpase que os de

espírito e viveza, que serían aptos xa polo seu nacemento, xa

polo seu entendemento, para seguiren as letras con utilidade

do público, anóxanse e deixan o estudio, indignados contra a

tiranía de estudiar de cor e contra a crueldade do malvado

adaxio. En troques, os que ó primeiro folio son ineptos para

as letras e que semella que os marcou Deus, polo que xa

teñen de burricos, para o cultivo da terra e para oficios mecánicos,

aturan a albarda e as zorregadas e continúan no estudio.

Teño feito moitas observacións sobre isto.

213

Dirán que se non se estudia de cor non haberá quen se

poña nun púlpito e que así cómpre exercitar a memoria na

nenez. O de exercitar a memoria na nenez téñoo por necesarísimo

e moi útil para o porvir, e todos estes papeis diríxense

a iso. Pero o estudiar de cor non é exercitar a memoria senón

atormentala, ofuscala, trastornala e pór a proba a paciencia

da xuventude. ¿Que ten que ver fecundar a memoria de especies

fixas, boas, certas, claras e exquisitas con estudiar de cor

e á letra? O que en Madrid sae a pasear polas rúas e a reflexionar

no que ve, volve a casa coa súa memoria inzada de

especies ser ter estudiado nada de cor. [214] Pola contra, un

neno ó cal no mesmo espacio de tempo se lle cargue e obrigue

a que estudie de cor seis ou sete períodos á letra, estará

mallándose toda unha mañá, recitando, repetindo, transpoñendo

e trastornando o texto, atordando os oíntes, as paredes

e aínda a si mesmo. E ó cabo, ¿que tira deste exercicio? Nin

estudiar ben os períodos, nin entender ben nin mal a substancia,

nin fecundar a súa memoria con algunha nova especie.

¿E isto se chama exercitar a memoria?

190

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

215

Acabo de oír a un castelán que estando en Galicia oíra

alí a un rapaz que estaba recitando por meter na memoria

isto: “tu mihi dabis poenas; tu me las pagarás”. O chiste estaba

en que o rapaz pronunciaba págaras como esdrúxulo. Así,

repetía mil veces: “tu mihi dabis poenas: tu me las págaras”.

A isto engadía o bordón: “ahora, ahora; dice, dice; tu mihi, tu

mihi; dabis, dabis: tu mihi dabis poenas: tu me las págaras,

págaras, págaras”, etc. ¿É isto exercitar a memoria? ¿Que é isto

senón un arbitrio para trastornar as potencias intelectuais da

xuventude cando están máis aptas para a ensinanza? [216]

Advirto que hai expresión galega case idéntica coa expresión

castelá “tu me las pagarás” e que non a ignoraría o estudiantiño,

pois a tería oído a seus pais máis veces do que quixera

cando o ameazaban con esta tremenda expresión: “cala, que

ti mas pagarás”. ¿Pois como o rapaz estudiaba págaras e non

pagarás? Coido que descubrín a causa. Hai en Castela a máxima

de que en tales e en tales ocasións nada falarán os estudiantes

no seu vulgar castelán mais en latín. En Galicia hai

máis, e é que cando teñan que falar en vulgar os estudiantes,

é delicto o falar en galego e non en castelán.

217

Sábese que os galegos non entran ben na pronuncia castelá

do ja ou xa25 e que se han pronunciar a voz páxaras como

en Castela, dirán págaras. Coidaría o rapaz que págaras era

castelán e así o estudiaba de memoria. ¿E isto é exercitar a memoria

ou é exercitar o riso dos oíntes? ¿Que papel faría na

memoria daquel rapaz aquela expresión que non entendía? Pois

así é todo canto os nenos estudian de memoria forzados e non

así o que eles estudian de vontade e polo seu gusto.

25. Nos dous casos, remite ó fonema fricativo /x/ do castelán; pois na

época aínda se utilizaba pra representar este fonema o grafema , en palabras

como , ou , ó lado de e , en palabras

como ou .

191

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!