11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

láns, etc. e para saber os seus usos e virtudes, ou pola tradición

dos naturalistas ou pola lectura dos libros, se seguiren as

letras. Os brinquedos que fan os nenos co sabugueiro, co

corimbo das hedras ou cagote, coa persicaria urens, coa flor

da digitalis ou estralote e dos subrilotes ou cabaciñas, co celme

da apóutega, do xasmín, da flor da paixón, da herba salgueira,

dos chuchameles e de todo xénero de froitos e grans.

Os brinquedos fanse coas cunchas da xiba, da centola, das

cornas e caramuxas, dos camaróns, coas cunchiñas das ameixas,

das vieiras, etc.

[5.8] [5.9]

[PEDAGOXÍA A TRAVÉS DO XOGO.

CONTRA O ENSINO MEMORÍSTICO]

203

As diversións dos xogos que corresponden a tal e a tal

tempo; o que fan por mor de cazar paxariños, do que só eles

poderán escribir moito; do que discorren para facer visgo, ou

de acivro ou de leituga brava ou do propio visgo que nace

nas árbores, etc., pregunto: ¿para saberen todo isto os nenos

estudiaron algo de memoria? ¿Leron algúns libros? ¿Precisaron

do idioma castelán ou do latino? Nada desto. Abóndalles

aquel pouco idioma vulgar que saben, e con todo sonlles

inesquecibles os nomes galegos de todas as cousas ditas e

aínda a moitas llelos puxeron os mesmos nenos, e por tanto

son antiquísimos. [204] Máis aprecio oír e saber dúas ducias

de voces vulgares que son especiais de nenos e de vellas que

todas as voces híbridas e hermafroditas que cada día saen de

novo nalgúns libros. Cicerón tiña especial gozo en oír falar a

súa sogra porque lle parecía que oía falar os Nevios, Pacuvios

e Plautos. Non importa que esas voces estean deturpadas.

A dúas voltas que lles der un xenio etimolóxico,

reduciraas á súa primeira ortografía, descubrirá a súa antigüidade

remota e a súa propiedade significativa.

186

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

205

No meu país úsase entre nenos a voz panterlo e aplícase

a un ichó para cazar paxaros sen visgo. E así hai entre eles a

expresión “vamos armar ao panterlo”. Non esquecín esa voz, e

xa moi cargado de barbas tentei pescudar a súa orixe. Atopeina

polo acaso de ler na Historia Ludicra de Balthasar Bonifacio

22 . Panther, pantheros é voz grega que significa un xénero

de rede para coller todo xénero de aves, e aínda de animais,

do cal tomou o nome. Despois lin que en Francia se usa esa

voz algo alterada en pantière e que significa o mesmo, e se

poderá ver no Diccionario económico de Chomèl 23 . [206] Non

digo que os galegos tomasen esa voz inmediatamente dos gregos,

aínda que non sería inverosímil; tampouco acredito que a

tomasen dos franceses, a causa da terminación. Crible é que

uns e outros a tomarían dos romanos, e estes dos gregos.

Introducida no latín a voz panthero, farían os romanos de

Galicia o diminutivo pantherulo e despois os nenos panterlo.

Os franceses conservan o absoluto en pantière e os galegos no

seu panterlo un diminutivo, e con razón, pois o panterlo dos

nenos non é rede, senón un quid pro quo. É como un cesto

feito de vimbio e de figura piramidal, o cal está elevado, con

engado e unha trapela, e ó turrar o neno por un cordel, cae o

panterlo e colle os paxaros debaixo.

207

Poucos galegos saberán esta orixe de panterlo, e se algúns

o saben, eu escribo para os máis. ¿Que cousa máis doada

que conseguir, se se quere de veras que a volta de tantas

voces que xa saben os nenos pola súa inclinación, saiban

outras infindas máis se nos seus significados se lles fai patente

algún uso ou propiedade do seu gusto? Son infindas as

22. “Bonifacio, Balthasar. Historia Ludicra, 20 libros. Venecia, 1652”.

23. “Chomèl, Noel. Dictionnaire Oeconomique (4ª edición moi aumentada

por Jean Marret). Commercy, 1745”; “Chomèl. Supplement au Dictionnaire

Oeconomique, por Pierre Roger, 4 tomos. Commercy, 1741”.

187

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!