11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

180

Martín Sarmiento

135

Non pareza isto puerilidade: os nenos teñen dereito a que

se lles responda a todo, e teño por sinal bo o que os nenos

pregunten e repregunten sobre todo, pois amosarán que desexan

saber. O que se responder ás preguntas que fixer un neno,

quédaselle na memoria moi doutro xeito que o que se lle fai

estudiar de cor e que non preguntou. O primeiro conséguese

porque concorre unha viva e espontánea vontade. O segundo

vai moi costa arriba, porque a mesma vontade o enxeita. De

min poderei dicir que non lembro o que me fixeron estudiar

de cor, mais o que lin por min mesmo e con gusto, sen a

imposición de que o estudiase de memoria.

138

O seren tan difíciles algunhas preguntas dos nenos, e

aínda dos rústicos, procede de que nacen do entendemento

espido de toda preocupación literaria causada polos libros,

por opinións, por sistemas e por convencións de cortesía, por

obriga ou por hábito, uns a outros. Por esta razón teño dito

algunhas veces que estes teñen ofuscada e envurullada a

razón natural, e que os primeiros a teñen aberta, natural, sinxela,

conforme a concedeu Deus, e limpa de po e palla.

“Magna reverentia debetur puero”, di Xuvenal para recomendar

que diante dos nenos se observe moita circunspección,

así nas palabras coma nas accións20 . Eu digo que as súas preguntas

son merecentes de moita atención. Así, o principal

que se debe buscar para a súa educación e ensinanza é a

acertada elección dos seus mestres.

139

Os avogados, que non sei por qué se ergueron co pomposo

título de literatos ou letrados, teñen tanta ou maior obri-

20. ‘Ó neno débeselle moito respecto’.

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

ga ca os mestres de estudiantes para dedicárense ó xénero de

estudio que propuxen. Un avogado en Galicia (sexa galego

ou castelán) que non sabe o latín puro e o facultativo, que

non sabe o latín bárbaro da Media Idade que se escribiu en

Galicia, que non sabe o galego antigo dos instrumentos e o

galego vulgar e actual que en xeral se usa, e o que é especial

nalgúns territorios, ese tal individuo nin é literato nin letrado,

nin é nin pode ser avogado, nin informar os xuíces nos preitos

dun asunto que é sobre a xenuína intelixencia dunha

cláusula, expresión ou palabra dun instrumento antigo, sexa

latino, sexa galego. Ese non se debe chamar avogado mais

voceiro, como se usa nas Partidas, pois sen os requisitos propostos

poderá meter o preito a voces, pero non entendelas

nin caletralas.

[5.7]

[APRENDIZAXE A TRAVÉS DA OBSERVACIÓN DA NATUREZA]

185

O estudio da Historia Natural é tan conxénito a todo

xénero de racionais que non debe formar facultade, confraría

ou gremio á parte. Os animais téñeno por instinto e os racionais

deben adquirilo por estudio. É un estudio que en todos

debe preceder a outros estudios facultativos, sen o cal

xamais se saberá con fundamento facultade ningunha. Por

falta dese previo estudio lense tantas parvadas, contradiccións,

ignorancias, confusións, erros e insignificancias nalgúns

libros de todo xénero de facultades. Estou certo de que

se podería formar un groso volume deses erros particulares

evidentes se con atención se len moitos libros unicamente

cando tocan algún punto da Historia Natural. [186] É razón

xa dar aquí satisfacción a todos os que atenderen ó ton no

cal vou escribindo estes papeis: coidarán que eu tomei a

pena xulgándome a min mesmo instruído xa nas linguas latina,

castelá e ga- lega, e algunha cousa nas linguas grega,

181

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!