11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

176

Martín Sarmiento

máis explicación. Botando a pasear un dos N, que acaso procedeu

de trastornar o H que se omitiu, diría ó principio enthena

(de anthina), insecta. Hai dous camiños para entender

esa voz insecta: ou dicindo que son insectos das flores ou

que son os embrións ou insectos que se alimentan da entena

ou de mel anthina da primavera. Se hai texto do primeiro,

non sei. Para o segundo vén idéntico o texto de Plinio. Así,

insecta na glossa supoñen polos embrións das abellas, que

con propiedade poden chamarse insectos.

127

É tan abundante a lingua galega, non para significar abstraccións,

pero as cousas que se apalpan, que actualmente se

usan catro voces para significar o panal de mel. A voz entena,

grega latinizada. A voz favo, de pura latinidade. A voz panal,

latina derivada de panis. E finalmente a voz trebo, que se usa

no país de Caldelas. Todas significan o panal e acaso haberá

outras moitas que eu non sei e que significarán o panal en

varios estados ou respectivos a varias cousas 14 . [128] A voz trebo,

que hoxe se usa en Caldelas, causoume abraio cando a

oín. Pero a pouca reflexión sospeitei que ten a súa orixe no

latín trifolium, en canto florido. É inconcuso que a voz castelá

trébol e a galega trevo igualmente veñen do latín trifolium.

14. Sarmiento identifica erroneamente a palabra trobo (que o Diccionario

da Real Academia Galega define como “habitáculo artificial para as abellas

onde un enxame forma as súas entenas, acondicionado a imitación dos seus

refuxios naturais, ben en vimbio, en cortiza ou en madeira”) coa voz trevo

(segundo o mesmo diccionario: “herba caracterizada por ter as follas agrupadas

de tres en tres, moi utilizada para alimento do gando”). A segunda, tal

como o autor asegura no texto, deriva do étimo latino trifolium. A orixe do

erro provén de que, conforme a afirmación do propio Sarmiento, coñecía a

primeira palabra a través dunha variante local trêbo (esa é a forma gráfica

que el utiliza). Por parte o significado de ‘panal’ que el recolleu tampouco é

o máis común en galego, de ‘colmea’. Débese ter en conta que no texto orixinal

sempre se fala de trebo, con , entendida como unha mesma palabra

con dúas acepcións. Nós escribimos trebo cando se fala do trobo ou colmea,

e trevo cando se fala do trifolium ou trébol.

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

Hai moitas especies de trevo. Hai trevo oloroso, que é o melilotus,

aludindo ó arrecendo ou sabor do mel. E hai trevo dos

prados, de flores purpurina que teñen, segundo Lemery 15 , un

celme meloso, doce e agradable. Estas dúas diferencias abondan

para o caso. [129] Digo que o chamar en Caldelas trebo ó

panal de mel orixinaríase de que as abelliñas o fabrican pola

primavera das flores do trevo, que saen de cedo. Non do trevo

meliloto, que tamén Plinio o fai pasto das abellas, pois este

non é tan común, senón do trevo dos prados, que é moi

común. Así, os daquel país aludirán a que o panal se fabricou

das flores do trevo, non usando da voz entena, que só significa

panal de flores, senón da voz trevo para significar a especie

de flores. Polo mesmo coido que trevo non significaría ó principio

calquera panal, senón o panal da primavera, ó modo

que xa queda dito da entena.

130

Nada do dito ata aquí desta voz é superfluo, e aínda sen

ser superfluo podería engadir máis, se esa voz fose o meu

único asunto. O dito abonda para que os galegos abran os

ollos e os rústicos casteláns pechen a boca; estes para que

non censuren o que non entenden e aqueles para que matinen

sobre o que falan. E crean uns e outros que non teño

por imposible que da maior parte das voces galegas poida

facerse unha descrición analítica ó modo da que aquí fixen

da entena. E se algún dixese que isto non é para todos, conveño

niso. Pero, ¿como poderei convir en que isto non sexa

para ningún? [131]. Non obstante, eu digo que isto é para

todos, non todo, pero con distribución acomodada. Os máis

rústicos poderán concorrer, preguntados, coas súas voces

resesas e idosas e coas frases e adaxios do seu país. Iso é o

que eu máis estimaría saber, pois non o podo saber por libro

15. “Lemery, Mr. Nicolas. Dictionnaire Universel des Drogues Simples

(Edición 3ª, acrecentada con 25 láminas e cada unha cos 16 simples). Paris,

1748.”

177

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!