11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

174

[5.6]

[UN EXEMPLO: ENTENA]

Martín Sarmiento

122

Non vai ser todo teoría, vaia un exemplar recente e práctico.

Onte, día de San Fernando deste ano de 58, concorreron

á miña cela algúns literatos que adoitan favorecerme. Non sei

por qué acaso se falou da voz entena, que en Pontevedra significa

‘panal de mel’. Souben, polo que dixeron os galegos

concorrentes, que esa mesma voz entena, e na mesma significación,

se usaba en Lugo e noutros bispados de Galicia. Preguntei

a un castelán se a voz entena era tamén castelá ou se

a tiña escoitado utilizar. Dixo que era totalmente nova para

el. Procurouse nos diccionarios casteláns e portugueses e non

se atopou tal voz. Buscouse nos diccionarios latinos e tampouco

se achou. Só na Amalthea onomastica se encontra así:

“Entenna, Insecta, Gloss.” Non sinala qué glosa é esa e cando

o Glossario de Du Cange unicamente copia a Amalthea é

sinal que ese Glossario ou glosa non é común.

123

Non se puido recorrer a un diccionario galego porque

non o hai. Así, aínda que saibamos o significado de entena,

non sabemos a calidade e orixe desa voz. Matinei despois

en pescudar esa voz entena a fundamentis e saín coa

miña, non en virtude de diccionarios, mais lendo os autores

que tratan das abellas. A verdadeira orixe da voz entena

atópase en Plinio, libro 11, capítulo 14 11 . Alí pon tres

xéneros de panais de mel. O primeiro é o da primavera, e

este chámase anthino: “vernum ex floribus constructo favo,

11. “Plinio. Historia naturalis (37 libros, con comentos de Jacob Dalecampio

e con variantes do Pintiano, Gelenio, etc.). 1631”, “Plinio. Historia

natural (da edición e con comentos do P. Harduino. Di en París, pero non é

senón Basilea, 1741”; “Plinio. Opera (en catro tomiños manuais)”, “Plinio, en

castelán, coa versión e notas de Geronymo de Huerta. Madrid, 1624”.

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

quod ideo vocatur anthinum” 12 . Engade que este mel non se

lles debe retirar ás abellas, pois ten que quedar para máis

abundante alimento que concorra a maior fecundidade e para

mantenza dos embrións, “ut largo alimento valida exeat soboles”

13 . [124] Velaquí descuberta a nobre e antiga orixe da voz

entena, e non menos que nunha voz pura grega que Plinio

adaptou á súa pura latinidade. A voz anthos en grego significa

‘flor’, e o adxectivo anthinos significa ‘cousa de flor’. De anthino

e anthina díxose cunha leve inflexión (como de asparagus,

espárrago) entina e entena, para significar o ‘panal de mel

antina ou entena’, isto é, o primeiro panal que fabrican as

abellas pola primavera, a distinción do outro panal que fabrican

polo estío, que por iso Plinio chama horaeum.

125

De aquí infírese que, aínda que a voz entena se aplique

en Galicia ó panal en común, o seu rigoroso e primitivo significado

é o de ‘panal de mel da primavera’. Ó modo que,

como dixen, a voz cordeiro non significa senón o agnus cordus,

isto é, o que naceu moi serodio, ó contrario do agnus (o

año en galego) que naceu na estación regular, que ese non é

cordeiro. Pola contra, a entena non é o panal do estío, mais o

temperán da primavera. Nisto non me opoño a que as voces

cordeiro e entena se usen como hoxe se usan. Úsense, pero

sáibase que ese uso é posterior ás súas primitivas significacións.

E sáibase de paso que as orixes das voces xamais se

acertarán se non se recorre á fonte e á primitiva significación

da voz.

126

Agora poderá facerse crítica daquela glossa que se cita na

Amalthea onomastica, na cal se di: entenna, insecta, sen

12. ‘Favo (ou panal) construído das flores na primavera, que polo mesmo

se chama anthinum’.

13. ‘Para que, coa abundancia de alimento, a descendencia saia sá’.

175

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!