11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

172

Martín Sarmiento

pouco as tres nacións ditas poden entrar nesas pronuncias

africanas. Con todo, ninguén ri deles, ese riso está reservado

contra os galegos. [118] Ben é verdade que os galegos poderán

rir tamén dos casteláns porque non acertan coa pronuncia

galega, a mesma que é común a italianos, franceses, cataláns,

asturianos e portugueses, en especial nas letras Ge, Gi, Iota e

X. A un castelán que se burlaba dun galego porque non pronunciaba

Gerónimo ó mouro, mais Guerónimo á grega e á

latina, díxenlle eu que pronunciase á galega estas voces que

pronunciei antes: Xorxe, axenxos, San Xenxo, alxoúxares,

desexo, axerxilar, etc., e todos se burlaron da súa ineptitude

para pronuncialas.

119

Hai xa corenta e dous anos que a outro que quixo

moquearse de min porque o seu hábito era moquearse de

todos os galegos a causa da Ge, Gi, deixeino cun palmo da

súa boca aberta, probándolle que, non el, mais os galegos,

pronunciaban mellor o Ge, Gi. Citei a Arte de Nebrixa, e

tamén ceibou o seu ignorante riso ó oír cita semellante.

Púxenlle a Arte na man e deille rexistrada aquela pasaxe

onde Nebrixa di que a pronuncia dos casteláns nas sílabas

Ce, Ci e Ge, Gi, é unha deturpación, pois deben pronunciarse

uniformemente, como se fose con K, v. g., Ka, Ke, Ki, Ko, Ku

e o G como se tivese u licuescente, Ga, Gue, Gui, Go, Gu9 .

9. En realidade, Sarmiento está a medir a ‘pureza’ da pronuncia polo

patrón latino. Efectivamente, tal como sinala Antonio de Nebrixa, o latín descoñecía

o son interdental do castelán (e o galego non seseante) en ce, ci, e

pronunciaba a letra sempre como /k/: así, Cicero pronunciábase en latín

clásico /´Kikero/. Analogamente, sempre se pronunciaba como en ga,

sendo a pronuncia /x/ do castelán (como en gente, Egipto) non de orixe

mourisco, como sinala Sarmiento (seguindo a opinión común entres os eruditos

do seu tempo) e despois repetirán incansablemente os estudiosos galegos,

mais resultado da deriva evolutiva do propio romance castelán. Os

galegos do tempo de Sarmiento, ó carecer o galego do fonema fricativo /x/

do castelán, tendían á gueada ó falar este idioma, pronuncia que o noso

autor defende servíndose do latín. Sobre a gueada véxase máis adiante § 215.

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

[120] Os latinos xamais pronunciaron o G como Je, Ji, pois

non tiñan letras guturais. Os gregos de hoxe non pronuncian

a voz angelus como anjelos, senón moi suavemente, como

anguelos [non soando o u]. Nas palabras gregas do Venres

Santo pronúnciase mal Hagios hò theos, xa por omitir o h, xa

pola pronuncia como con iota, Ajios, debendo pronunciarse

Haguios co u licuescente, ou como o galego pronuncia

aguia 10 . Espero que os galegos que se fixesen cargo destes

papeis terán materiais de abondo para tapar a boca dos

emperiquitados que só falan a súa lingua coma papagaios e

que, non como racionais, mais como papagaios chocalleiros,

se burlan do que non entenden.

121

¿E que direi dalgúns galegos que tamén falan coma papagaios

o seu idioma nativo e que como tales se moquean de si

mesmos? Digo que eses apóstatas da súa lingua foron os que

principalmente ocasionaron que eu tomase a pena, para fustrigalos

ou para instruílos. Non digo que postos en Castela falen

galego, digo que, estean onde estiveren, e aínda que souberen

dez ou doce linguas, non deben esquecer a que mamaron e

sempre deben conservala como a súa máis preciosa lingua.

Con razón, por ser ela a que, ben entendida e penetrada, abre

un inmenso campo para entender o latín, o castelán e outros

dialectos vulgares da lingua latina con facilidade.

10. Para a pronuncia do gamma grego, vale o que dixemos na nota anterior

para o latín, isto é, sempre era como en ga. Aliás, o grego posuía un

fonema aspirado ó comezo de palabra, que se representaba mediante un til,

transliterado con , e que, ó que parece, os casteláns tendían a omitir. Así,

Hagios (‘santo’) pronunciaríase /hagios/ (cun h similar ó do inglés de home,

e un g pronunciado como en ga), mentres que os casteláns tenderían a pronunciar

/axios/.

173

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!