11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

170

Martín Sarmiento

de paxariños, de peixes e de cunchas se están na beira do

mar; de árbores ou plantas que lles serven para os seus enredos;

de roupas e vestido de que se serven para adobiarse, dos

enxovais de casa que ven cada día, etc.

112

Con esta prevención poderase instruílos no que son

declinacións e conxugacións. Non se lles debe propoñer nisto

nomes nin verbos cunha significación de que non teñan clara

evidencia. Por esta razón debe desterrarse o nominativo musa

e o nominativo tempus, e substituílos polas voces terra e corpus.

Do significado de tempus nin aínda os barbados teñen

noción, e musa é un arcano que non ten significado visible.

[113] Tamén das conxugacións deben desterrarse os verbos

amo e doceo e substituílos por outros de significado visible,

pois doceo significa cousa de entendemento e amo de vontade.

E eses dous entes invisibles aínda non son para a capacidade

dos nenos. No dito ocuparase pouco tempo, o tempo

principal empregarase en construír libros bos, non moi difíciles,

mais que sexan instructivos. Deben tentarse construccións

primeiro que verter romances en latín. O construír só se reduce

a entender e o outro xa pica en falar a lingua. E isto é sen

dúbida máis difícil ca o primeiro.

114

A principal mira do mestre debe ser ir construíndo co discípulo,

descifrándolle todas as voces latinas que están ocultas

nas voces galegas, sinalándolle a inflexión que intervén e

inculcándolle a oración ou frase que alí se presenta. Se a voz

latina ten dúas voces galegas, non se debe adaptar a que non

ten conexión coa raíz, mais aquela que envolve a raíz mesma,

v. g., se ocorre a voz capedo, non se debe traducir arxidal ou

barreñón, mais a voz galega gabedo, pois alén de significar o

mesmo, é a mesma voz latina capedo cunha moi leve inflexión.

Se ocorre a voz latina rudica, non se debe traducir pao ou

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

estaca, senón rodriga, que é a mesma rudica das viñas. Se

ocorre a voz situla, non se debe traducir herrada nin cántaro,

senón sella ou silla, que é a mesma voz situla e significa o

mesmo, como por semellanza a voz vetula debe traducirse

vella e non anciá. Pola contra, o latín veterano non se debe

traducir vello nin ancián, pero coa voz galega vedraño, etc.

115

Destarte, así o mestre discorrendo para a ensinanza,

como o discípulo advertindo e atendendo ó que lle ensinan,

irán decatándose a un mesmo tempo da nobreza, antigüidade,

pureza e harmonía da lingua galega vulgar que falan.

Apalparán que a un mesmo tempo estudiando dúas linguas,

non estudian senón unha con dúas terminacións. Informados

ben do constante modo e analoxía con que as voces latinas

pasaron a ser galegas, seralles despois moi doado comprender

o modo e analoxía con que as mesmas voces ou outras

latinas pasaron a ser vulgares en todos os dialectos da lingua

latina, que é nai e matriz de todos eles. [116] Entrará despois

o galego así instruído en entender o castelán, italiano, lemosino,

francés e portugués, non a rumbo, ó aire e polo oído,

pero tamén con comprensivo coñecemento do fondo, orixe,

inflexións e significacións das máis das voces deses dialectos.

Dise dos galegos que, aínda sendo iliteratos, entran cunha

facilidade suma nas linguas francesa, italiana, castelá ou

lemosina. E de certo que isto non é polo que se ocuparon

coa Arte de Nebrixa, mais en virtude do seu nativo idioma e

das súas nativas pronuncias.

117

É verdade que os galegos rústicos non entran ben nalgunhas

pronuncias mouriscas que hai na lingua castelá porque

sendo a lingua galega labial, non se acomoda o galego a

abrir un palmo da boca e a sacar un palmo de lingua para

pronunciar as letras guturais que quedaron dos mouros. Tam-

171

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!