11.01.2013 Views

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

Descargue o libro - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

85

Non penso facer vocabularios das voces polo alfabeto,

mais por onomástico e nomenclator, esto é, por clases das

cousas. Este método é mellor e máis instructivo para comprender

unha lingua e a natural etimoloxía das súas voces. […].

[88] Así, o máis instructivo método de vocabularios é colocar

xuntas as cousas dunha mesma clase, e explicalas alí, e ó final

formar un alfabeto de todas as voces con remisión ó sitio

onde se explican. Os vocabularios que unicamente poñen as

voces polo alfabeto non son para instrucción, mais para

refrescar a memoria do que xa se estudiou. As voces por alfabeto

son vasoiras desatadas, ocasionan mil confusións, e

xamais se entenden ben, porque non se entenden xunta a súa

raíz e na súa matriz. [...] [89] Hoxe é moda desenfreada nas

nacións reducilo todo a diccionarios, e a iso vaise seguindo

a decadencia da fundamental literatura, e vaise exaltando a

charlatanería dos semieruditos e mais dos sabios en aparencia.

¡Que ben entenderá a Escritura o que só a ler polas concordancias!

O uso destas non se había de permitir senón ó que

probase que tiña lido toda a Biblia de verbo ad verbum.

[5.4]

[DICCIONARIO ETIMOLÓXICO ROMÁNICO]

90

Sábese que as linguas de Italia, a francesa, a lemosina,

castelá, portuguesa e galega, non son máis que dialectos da

latina, e que cada nación das ditas non fixo máis que torcer os

narices ás voces latinas con esta ou coa outra inflexión, segundo

o clima, o labio e os órganos da loquela. O que penetre o

sistema destas inflexións, con só saber con extensión a lingua

latina, entenderá a maior parte das voces de todos os dialectos

ditos. [91] Mil veces teño desexado que entre a infinidade de

libros que cada día veñen a lume en Europa, saíse un que

fose Diccionario harmónico das voces vulgares coas latinas.

166

Martín Sarmiento

Martín Sarmiento 5. Onomástico etimolóxico da lingua galega

Isto é, que debaixo das raíces latinas se colocasen as voces

dos ditos dialectos. Non todas, pero aquelas que efectivamente

son derivadas da raíz como de nai. Explicareime. [92] Tómese

un diccionario latino, ou o de Roberto Stephano, ou o de

Passeratio, ou o de Facciolati 7 . Comécese polo A e váianse

reflexionando todas as voces, e en especial as raíces e voces

primitivas. Explíquense lixeiramente. Despois advírtase se esa

mesma voz se conserva nalgún ou en todos os dialectos vulgares

ditos. Escríbase en cáles. Póñase esa voz vulgar, engádanselle

os derivados como que son da mesma raíz, e o

mesmo se fará cos demais dialectos en que se conserva aínda

a dita raíz latina, suposta esta ou a outra inflexión e alteración

das letras.

93

Sería un tesouro ese Diccionario harmónico se debaixo

da raíz latina se colocasen os seus derivados e compostos ó

modo do Tesouro da lingua grega de Henrico Stephano8 . Primeiramente

os derivados que usaron os bos autores latinos. E

despois, con separación, os derivados da mesma raíz pura

latina que se introduciron na Media Idade e que chaman de

bárbara latinidade. Despois dirase: esta raíz latina pura consérvase

no castelán, v. g. E así mesmo consérvanse tales e

tales derivados puros. Item consérvanse tamén tales e tales

derivados que da mesma raíz pura se formaron na Media Idade

ou nos séculos que chaman da barbarie. [94] Sábese que

Mr. Du Cange sacou o Glossario das voces da Media Latinidade,

e son xa seis tomos en folio, por téreno acrecentado os

7. “Stephano, Roberto. Diccionario = Thesaurus Linguae Latinae. 4

tomos en dous corpos. Leon 1573”; “Facciolati, Jacob. Calepinus 7 Linguarum

in usum Seminarii Patavini. Patavji, 1752 (7ª edición)”; “Calepino,

Ambrosio (con Juan Passeratio, P Juan de la Cerda e P. Lorenzo Chifflet).

Dictionarium Octolingue. Leon, 1681”.

8. “Stephano, Henrico. Thesaurus Graecae Linguae (e co apéndice que

contén varios tratados conducentes [... e] índice alfabético de todas as voces

gregas deste Tesouro). Paris, 1572.”

167

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!